Indoeuropeística: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Cambio o modelo: Cz; cambios estética
m Bot - borrado de comas antes de etcétera [http://academia.gal/dicionario#searchNoun.do?nounTitle=etc%C3%A9tera]
Liña 11:
{{cita|''A lingua sánscrita, calquera que sexa a súa antigüidade, é unha lingua de estrutura marabillosa, máis perfecta có grego, máis copiosa có latín, e máis exquisitamente refinada que ámbalas dúas,ser ben ten con elas unha afinidade máis forte, quer nas raíces dos verbos quer nas formas da gramática, do que probabelmente non sería posíbel que acaecese por casualidade; tan forte, de feito, que ningún filólogo podería estudar as tres sen crer que teñan saído dalgunha fonte común, a cal, acaso xa non exista. Hai razóns similares, se ben non tan necesaria, para supoñer que tanto o [[Lingua gótica|gótico]] como o céltico, se ben mesturados cun idioma moi diferente, tivesen a mesma orixe do sánscrito, e o antigo persa podería engadirse á mesma familia.''|[[William Jones]], ''Discurso presidencial na Royal Asiatic Society de Bengala'', 2 de febreiro de 1786}}
Limitándose a establecer a existencia desta [[familia lingüística]], Jones abriu o camiño para que outros indagasen sistematicamente tales relacións lingüísticas<ref name=watkins />.
Independente e contemporaneamente, en Europa viñeron importantes contribucións por parte dos irmáns Schlegel: [[August Wilhelm von Schlegel|August Wilhelm]] editou o ''[[Bhagavad Gita]]'' e o ''[[Ramayana]]''; [[Friedrich von Schlegel|Friedrich]] no [[1808]] publicou ''Über die Sprache und Weisheit der Indier'', considerado un dos textos fundacionais da [[tipoloxía lingüística]]. No seu ensaio, Schlegel apuntou unha clasificación [[Morfoloxía (lingüística)|morfolóxica]] ([[linguas flexivas]], [[linguas aglutinantes]], etc.) e, no campo específico da protoindoeuropeística, reafirmou a existencia dun parentesco xenético entre sánscrito, persa, grego, latino, etc. A profunda influencia de Schlegel sobre cultura europea contemporánea foi decisiva para dirixir a atención da comunidade científica cara á elaboración das primeiras bases da indoeuropeística. Tras a primeira e mediocre gramática de [[Paulino de San Bartolomeu]] (''Sidharubam seu Gramática Samscrdamica'', publicada en [[Roma]] no [[1790]]), no [[1805]] [[Henry Thomas Colebrooke]] deu ao prelo ''A Grammar of the Sanscrit Language'', que se converteu no punto de referencia de toda a lingüística europea e que fixo posíbel a fundación mesma da indoeuropeística<ref name=villar />.
 
=== Nacemento e desenvolvemento da indoeuropeística como ciencia (século XIX) ===
Liña 49:
Xa durante a fase pioneira da disciplina (XVII século), os lingüistas indicaron as relacións dialectais entre as varias linguas indoeuropeas a través de [[Metáfora|metáforas]] de parentesco, isto é falando de linguas "nais", "fillas", "irmáns" e así. Desde a fundación da indoeuropeística como tal tales metáforas conformáronse en modelos tipo [[modelo da árbore|árbore xenealóxica]], idénticos aos empregados para as relacións de parentesco humanas; o primeiro, en [[1853]], trazouno [[August Schleicher]]. O esquema de Schleicher postulaba algúns dialectos intermedios entre o indoeuropeo reconstruído e as linguas históricas, que deberían ter dado conta dos maiores vínculos que tales linguas parecían ter; en particular, o indoeuropeísta alemán postulou un "eslavo-xermánico", do cal tería derivado ademais do [[Lingua protoxermánica|xermánico]] outro dialecto intermedio, o "baltoeslavo", e un "ario-pelásxico", onde "pelásxico" tería sido unha etapa dialectal posterior común a grego e latín. Xa no [[1858]], porén, [[Carl Lottner]] presentou unha árbore completamente diferente, que como dialectos intermedios postulaba un "indopersa" e un "europeo"; o mesmo Schleicher, no [[1861]], reformulou a súa propia árbore propoñendo desta volta un "ario-grego-italo-céltico" e un "eslavo-xermánico", mentres outros estudosos propoñen outras tantas variacións. A inestabilidade das representacións, que levou ao definitivo abandono do modelo, debeuse a dous factores principais: por unha banda, o afondamento dos coñecementos sobre as distintas linguas pareceu presentar novos elementos de afinidade dialectal; por outra, a diferente valoración dos mesmos elementos coñecidos (segundo se considerasen arcaísmos ou innovacións) levaba a conclusións diametralmente opostas. Criticaron o modelo da árbore posto que prevía implicitamente unha fragmentación instantánea da unidade indoeuropea, mentres entre os indoeuropeístas se impuxo progresivamente a idea, historicamente máis verosímil, dunha fragmentación gradual, con grupos que se afastaban aos poucos dun tronco común, para despois se cadra reencontrárense - e logo reintroducírense nun ''continuum'' lingüístico - en sedes distintas das orixinais; todo nun proceso que podía durar varios milenios<ref name=villar3>Villar, pp. 597-616.</ref>.
[[Ficheiro:IE expansion.png|miniatura|esquerda|300px|Esquema sumario do proceso de indoeuropeización de Eurasia entre V e I milenio a.C., segundo a Teoría kurgánica]]
Un intento alternativo de explicar a complexidade dos nexos dialectais entre as linguas indoeuropeas foi proposto, no [[1872]], por [[Johannes Schmidt]]: o ''[[teoría das ondas|modelo das ondas]]''. Tal esquema prevía un ''continuum'' dialectal entre todas as linguas indoeuropeas, con algunhas máis próximas a outras, pero no cal unha innovación particular podía "propagarse", como os círculos das ondas, non só aos dialectos contiguos, senón tamén - se ben en número menor - tamén aos máis remotos. Como o da árbore, tamén o modelo das ondas é teoricamente posíbel; porén, o seu emprego para a descrición dos nexos dialectais indoeuropeos se revelou pouco produtivo. Ámbolos dous, en particular, tiñan o defecto de seren sistemas pechados: o descubrimento dunha nova lingua inevitabelmente os tornaría totalmente errados - cousa que sucedeu en efecto co desciframento do hitita, no 1917. O conxunto dos problemas a resolver - dialectalización gradual, contactos secundarios entre as linguas, etapas intermedias comúns, valoración de arcaísmos e innovacións, etc. - levou aos indoeuropeístas no século XX a operar con modelos radicalmente diferentes: os da escisión gradual. Tales esquemas, ademais, permiten encadrar tamén cronoloxicamente, e non só lingüisticamente, a sucesión do fraccionamento do conxunto indoeuropeo nas varias ramas da familia lingüística indoeuropea, sen por isto poñer obstáculos a eventuais contactos secundarios acontecidos en momentos históricos sucesivos. Entre os primeiros esquemas deste tipo, o proposto por [[George L. Trager]] e [[Henry L. Smith]] no [[1951]]: unha proposta pronto rexeitada na súa formulación específica, pero amplamente aceptada desde o punto de vista do esquema, hoxe de uso común na indoeuropeística tamén por ser perfectamente compatíbel coa [[Teoría dos kurgans]] de indoeuropeización da [[Eurasia]]<ref name=villar3 />.
A amplitude e caracteres dos nexos dialectais entre as linguas indoeuropeas son actualmente un dos temas máis debatidos da indoeuropeística, con pouco acordo no seo da comunidade científica sobre os detalles do complicado e plurimilenario proceso de separación e continuo reagrupamento entre as linguas. Existen, con todo, algúns puntos,amplamente se non unanimemente aceptados. Un é a certeza de que o [[Linguas anatólicas|grupo anatólico]] foi a primeira rama en separarse do tronco común, probabelmente no [[IV milenio a. C.]]; Do mesmo modo, hai acordo en considerar o [[Linguas indoiranias|grupo indoiranico]] herdeiro do indoeuropeo máis recente. Téñense mesmo identificados trazos dialectais específicos compartidos polas linguas indoiranias co [[Lingua armenia|armenio]], o [[Lingua frixia|frixio]] e o [[Lingua grega|grego]], o que leva a moitos indoeuropeístas a concluír que tamén estas tres linguas derivan dunha variedade tardía do indoeuropeo, falada a finais do [[III milenio a. C.]]. Para as outras familias lingüísticas indoeuropeas o cadro aparece máis confuso; a súa orixe sitúase xeralmente a principios do III milenio a. C., pero con etapas de desenvolvemento secundarias en parte comúns e en parte orixinais, aínda obxecto de estudo. Aínda está en estadio de hipótese a proposta de identificar un estrato aínda máis antigo de linguas indoeuropeas, xerado no [[V milenio a. C.]] e polo tanto mesmo anterior ás linguas anatólicas, que terían deixado algúns testemuños na [[hidronimia]] de [[Europa]], pero nas herdeiras históricas coñecidas: é o que se coñece como [[antigo europeo]].<ref>Villar, pp. 617-639; Watkins, pp. 47-51.</ref>.
 
==== Nostratística ====
{{Ver tamén|Linguas nostráticas}}
Unha rama particular da indoeuropeística encargouse de indagar as posíbeis ligazóns do indoeuropeo con outras protolinguas prehistóricas, e pretende inserir o mesmo indoeuropeo no seo dunha familia lingüística máis ampla. Xa o mesmo Bopp lanzou a hipótese, nas súas primeiras obras, de posíbeis relacións entre a familia indoeuropea e a [[Linguas malaio-polinesias|malaio-polinesia]] ou a [[linguas caucásicas|caucásica]], pero despois abandonou el mesmo tales ideas, falto dun adecuado soporte metodolóxico. No curso do século XIX e dos primeiros decenios do XX propuxéronse outros posíbeis parentescos para o indoeuropeo (o [[Lingua coreana|coreano]] por [[Hermann Güntert]] e [[Heinrich Koppelmann]], o [[Lingua sumeria|sumerio]] por [[Charles Autran]], o [[Lingua chinesa|chinés]] por [[Hans Jensen (lingüista)|Hans Jensen]], o [[Lingua ainu|ainu]] por [[Pierre Naert]], etc.), sen que ningunha superase o estadio de hipótese abstracta, se non da mera elucubración<ref name=villar4>Villar, pp. 643-655.</ref>.
De [[Nicolai Anderson]] a [[Holger Pedersen]], foi particularmente activa a busca de posíbeis ligazóns coas [[linguas finougrias]], que chegou a ir máis aló das coincidencias léxicas illadas e empezou esculcar algunhas correspondencias sistemáticas. A partir destas, a indoeuropeística foi pouco e pouco afinando a comparación non entre a familia indoeuropea e outra familia lingüística particular, senón entre un conxunto de familias lingüísticas eurasiáticas, que poderías xurdir dun mesmo devanceiro: a "''lingua nostra''" ou "nostrático", segundo a definición creada polo mesmo Pedersen en analoxía co "''Mare nostrum''". A partir da metade do século XX, a nostratística esforzouse así por identificar correspondencias sistemáticas, debendo con todo operar con instrumentos en parte diferentes dos que fundaron a indoeuropeística, sobre todo o método comparativo entre sistemas gramaticais. A investigación nostratística debe volver a estadios das protolinguas tan antigos que preceden a formación mesma dos sistemas gramaticais que as caracterizan e por isto foi vista con escepticismo por moitos lingüistas; porén, ten sido posíbel illar algunhas constantes fonolóxicas, léxicas e morfolóxicas que sentaron as bases da nostrática. Segundo estudos levados a cabo por [[Vladislav Markovič Illič-Svityč]] e [[Aron Borisovič Dolgopol'skij]] e continuados entre outros por [[Vittore Pisani]] e [[Raimo Anttila]], recoñécense como membros da familia nostrática, ademais das indoeuropeas, as linguas finougrias, as [[linguas afroasiáticas]], as [[linguas altaicas]], as [[linguas kartvelianas]] e as [[linguas dravídicas]]<ref name=villar4 /><ref>Bernard Comrie, ''A familia lingüística indoeuropea: prospectivas xenéticas e tipolóxicas'', pp. 95-119.</ref>.
==== Antigüidades indoeuropeas ====