Humor: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Addbot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 57 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q35874
m Bot - borrado de comas antes de etcétera [http://academia.gal/dicionario#searchNoun.do?nounTitle=etc%C3%A9tera]
Liña 4:
 
== Características ==
O riso é unha das poucas cousas que individualizan o ser humano respecto a outros animais, aínda que estes mostran unha conduta parecida cando se enfrentan a situacions para eles absurdas ou incomprensíbeis: ensinar os dentes en sinal de ameaza. De aí que ensinar os dentes ou rir entre os humanos estea frecuentemente ligado a acontecementos que suscitan profunda inquietude no fondo do espírito: a morte (humor negro), o sexo, etc..., e incluso se fala ás veces da chamada [[risa nerviosa]], como un [[acto fallido]] do [[subconsciente]]. A orixe do termo ''humor'' vén da teoría dos catro humores do corpo da medicina grega, que regulaban o estado de ánimo: a [[bile]], a flegma, o sangue e a bile negra (ou atra bile). O carácter humorístico corresponde ao humor sanguíneo.
 
Existen diferentes tipos de humor adaptados a diferentes sensibilidades e grupos humanos. Por exemplo os meniños acostuman rirse máis das caídas ou dos choques, mais non comprenden tan ben a sutileza da [[sátira]] o da [[ironía]].
Liña 10:
Tamén hai diferenzas culturais do [[sentido do humor]], que pode facer que o que é divertido nun sitio non faga graza noutro. Isto débese a que no humor conta moito o contexto.
 
Existen algunhas técnicas específicas de [[humor verbal]], tales como a ironía, o [[sarcasmo]], o [[xogo de palabras]], a sátira, a [[parodia]] ou o [[paradoxo]]. E outras non verbais, referentes a acenos, posturas, caídas, etc.
 
Teñense feito estudos máis ou menos serios respecto ao humor por parte de [[Aristóteles]], [[Sigmund Freud]], [[Arthur Schopenhauer]] ou [[Henri Bergson]].