Historia da botánica: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Cambio o modelo: Referencias
m Bot - borrado de comas antes de etcétera [http://academia.gal/dicionario#searchNoun.do?nounTitle=etc%C3%A9tera]
Liña 30:
 
== Século XVIII ==
O [[século XVIII]] está marcado polos traballos dun botánico [[Suecia|sueco]]. [[Carl von Linné]] matriculouse en [[Medicina]] na [[Universidade de Uppsala]] e comezou a estudar a [[anatomía]] das plantas e, mais en concreto, a súa actividade reprodutiva. Identificou dúas partes nas flores: unha masculina, chamada [[estame]] e outra feminina, chamada [[pistilo]]. Advertiu que esas partes non se presentaban en igual número en todas as especies, e que había plantas con dous estames e un pistilo, con tres pistilos e un estame, etc., e propuxo unha clasificación de todas as plantas baseada nesa distribución de xenitais nas plantas<ref>[http://www.bbc.co.uk/programmes/b0122k8y A confusion of names], WALKER, Timothy. ''Botany: A Blooming History''. [[BBC]].</ref>.. En [[1735]] publica con estas investigacións ''[[Sistema naturae]]'', un sistema de clasificación botánica de catorce páxinas, e viaxa a [[Inglaterra]] para dalo a coñecer. Porén a súa obra coñeceu un forte rexeitamento: ignorado pola [[Royal Society]] de [[Londres]]<ref>[http://www.bbc.co.uk/programmes/b0122k8y A confusion of names], WALKER, Timothy. ''Botany: A Blooming History''. [[BBC]].</ref>., ou vilipendiado por outros botánicos, como o [[prusia]]no [[Johann Siegesbeck]], que cualificou as súas teorías de que varios individuos femininos se reproducisen cun masculino, ou viceversa, de "[[prostitución]] noxenta"<ref>[http://correspondence.linnean-online.org/3282/ Carta de Johann Siegesbeck a Carl von Linné], 17/12/1736, da web coa integral da correspondencia de Linné, ''Linnean Correspondence''.</ref>, e de opoñerse a [[Deus]].
 
Linné contacta entón con [[Philip Miller]], un reputado horticultor [[Escocia|escocés]]. Miller impulsara na década de [[1710]] en [[Chelsea]] ([[Londres]]) un equipo de traballo que pretendía chegar a un acordo sobre a denominación das plantas, co obxectivo de darlles un unívoco nome para toda a comunidade de [[xardiñería|xardiñeiros]] e científicos. Miller estaba na liña de vangarda da importación de plantas exóticas ao [[Reino Unido]] e quería explorar as diferenzas entre as especies tradicionais e as especies semellantes que lle viñan de fóra. O equipo de traballo disólvese sen acabar a súa misión, e Miller é designado xefe de xardinería do [[Chelsea Physic Garden]] en [[1722]]. Miller organiza o xardín botánico [[Londres|londiniense]] en función do aproveitamento humano que se facía das plantas. En [[1731]] publica a súa obra magna, ''The Gardener's Dictionary containing the Methods of Cultivating and Improving the Kitchen Fruit and Flower Garden'', onde ordeaba [[alfabeto|alfabeticamente]] todas as plantas que se podían cultivar en [[Inglaterra]] e onde procuraba para elas un nome único. A obra chegou a coñecer oito edicións e foi traducida ao [[lingua neerlandesa|neerlandés]]. Mais o encontro entre Linné e Miller acaba en rotundo fracaso e nunha inimizade que lles duraría toda a vida<ref>[http://www.bbc.co.uk/programmes/b0122k8y A confusion of names], WALKER, Timothy. ''Botany: A Blooming History''. [[BBC]].</ref>..