Diferenzas entre revisións de «Herba aromática»

m
Bot - borrado de comas antes de etcétera [http://academia.gal/dicionario#searchNoun.do?nounTitle=etc%C3%A9tera]; cambios estética
m (Bot - borrado de comas antes de etcétera [http://academia.gal/dicionario#searchNoun.do?nounTitle=etc%C3%A9tera]; cambios estética)
As '''herbas aromáticas''', '''herbas de cheiro''' ou '''finas herbas''', son [[Plantae|plantas]] que nacen bravas nos campos ou son cultivadas nas hortas ou explotacións agrarias polas súas cualidades aromáticas, recendentes, condimentarias ou, incluso, medicinais. Úsanse moito na [[cociña]] ademais de teren outros usos domésticos e industriais. A palabra [[condimento]], do latín ''condimentum'', significa: adubar, aderezar. de todos os xeitos non se deben confundir coas [[especia]]s, empregadas como condimento seco ou en po.
 
Xeralmente se utilizan as follas das mesmas, xa sexan frescas, secas, ou deshidratadas, tanto para adubar os guisados coma para realzar os diversos recendos dos pratos culinarios, xa sexan en cru ou cociñados.
 
Durante moito tempo, e polo xeral, as [[Herba|herbas]] foron ignoradas, agás a [[Mentha|menta]], o [[Petroselinum crispum|pirixel]] e mais o [[Allium sativum|allo]]. Algunhas só eran localmente coñecidas. De feito a [[cociña galega]] caracterízase pola case ausencia de uso de herbas recendentes (agás allo, pirixel, fiúncho, loureiro e algunha especie coma [[Pemento (condimento)|pemento]]).
Pertencen, en termos xerais, a tres familias botánicas:
 
* as [[Alliaceae|aliáceas]]: [[allo]], [[cebola]], [[ceboliño]], [[chalota]]s, etc...
 
* as [[Apiaceae|apiáceas]]: [[anxélica]], [[carvea]]<ref>A planta ''Carum carvi'', chamada en galego carvea ,carvés ou carvén
en ''Vocabulario do medio agrícola'', Santiago de Compostela, Dirección Xeral de Política Lingüística, 1988. ''Vocabulario de ciencias naturais'', Santiago de Compostela, Xunta, 1991 e ''Gran dicionario Xerais da lingua galega''. Vigo, Xerais, 2009</ref>, [[cerefolio]]<ref>Nome vulgar galego da planta ''Anthriscus cerefolium'' en ''Vocabulario do medio agrícola'', Santiago de Compostela, Dirección Xeral de Política Lingüística, 1988. ''Diccionario das ciencias da natureza e da saúde (A-C)'', A Coruña, Deputación da Coruña, 2000. ''Vocabulario de ciencias naturais'', Santiago de Compostela, Xunta, 1991. ''Gran dicionario Xerais da lingua galega'', Vigo, Xerais, 2009</ref>, [[fiúncho]], [[pirixel]], etc...
 
* as [[Lamiaceae|lamiáceas]]: [[maiorana]], [[melisa]], [[menta]], [[ourego]], [[segorella]]<ref>Nome vulgar galego da especie ''Satureja hortensis'' en ''Vocabulario do medio agrícola'', Santiago de Compostela, Dirección Xeral de Política Lingüística, 1988. ''Guía da alimentación''. Santiago de Compostela, Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, 1995</ref>, [[sarxa]], [[tomentelo]], etc...
 
As herbas aromáticas secas teñen un recendo moi fuerte e deben ser utilizadas con mesura.
As [[menta]]s, especialmente a [[menta común]] emprégase para aromatizar o [[té]] e o seu extracto é usado na fabricación de [[caramelo]]s, [[crema dental|cremas dentais]], entre outros produtos.
 
As aromáticas son utilizadas desde tempos inmemoriais e, segundo algúns investigadores, acompañaron as [[migracións]] e a [[evolución]] dos [[pobos]] que as utilizaban, inclusivamente protexendo a súa [[saúde]], por mor ás súas propiedades [[antiséptico|antimicrobianas]] que, non só evitan algunhas [[infección|infección]], como o propio deterioro dos [[alimento]]s frescos.<ref name="Guerreiro">[http://www.cienciaviva.pt/docs/cozinhadarwinista.pdf Guerreiro, Margarida e M. Conceição Loureiro Dias. A gastronomia darwinista ou o papel das ervas aromáticas e das especiarias na selecção natural da espécie humana.] em CiênciaViva.pt acessado a 13 de maio de 2009</ref> Alén diso, moitas destas plantas teñen propiedades [[medicina]]is, principalmente na facilitación dos procesos [[dixestión|dixestivos]].
 
No entanto, para manteren as súas propriedades, as herbas só deven ser adicionadas aos alimentos no fin da súa preparación, xa que a [[calor]] prexudícaas.
393.002

edicións