Gustave Eiffel: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Desfíxose a edición 3508210 de 81.144.223.66 (conversa)
m Bot - borrado de comas antes de etcétera [http://academia.gal/dicionario#searchNoun.do?nounTitle=etc%C3%A9tera]
Liña 19:
Non puido ingresar na "École Polytechnique" francesa, polo que acabou graduándose como enxeñeiro químico en [[1855]]. Pouco despois empezou a traballar nunha empresa de equipos para [[Ferrocarril|ferrocarrís]].
 
En [[1867]] funda a consultora e construtora ''Eiffel et Cie.'' que adquiriu un gran prestixio internacional no uso do ferro, construíndo centos de importantes estruturas (pontes, guindastres, estacións, etc.).
 
Coa axuda do enxeñeiro belga [[Téophile Seyrig]], adxudicouse unha poxa internacional para deseñar e construír un viaduto de 160 metros de luz sobre o [[río Douro]], entre [[Porto, Portugal|Porto]] e [[Vila Nova de Gaia]], [[Portugal]]. A súa proposta usaba o "método de forzas", unha técnica de deseñar estruturas nova por aquel entón creada por Maxwell en [[1846]]. A Ponte Maria Pia está constituído por un dobre arco que sostén a vía única de ferrocarril por medio de alicerces que reforzan toda a ponte. A construción foi bastante rápida e estivo concluída en menos de dous anos ([[5 de xaneiro]] de [[1876]] - [[4 de novembro]] de [[1877]]). Foi inaugurado polo rei Luís I e a reina María Pía. A ponte utilizouse ata [[1991]] (114 anos) cando se substituíu pola nova ponte de São João. Un deseño do enxeñeiro [[Edgar Cardoso]].