Google: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot - Trocar {{AP}} por {{Artigo principal}}
m Bot - borrado de comas antes de etcétera [http://academia.gal/dicionario#searchNoun.do?nounTitle=etc%C3%A9tera]
Liña 124:
Ao chegares á páxina principal do buscador destaca a simplicidade da súa interface, onde se pode distinguir principalmente o seu [[Logo de Google|logotipo]] (cambiante segundo diversos eventos de distinta índole que poidan ser relevantes) as distintas categorías, o cadro, os botóns e o ámbito da procura, ademais dun pequeno menú de opcións.
 
O botón "vou ter sorte" directamente remítenos ao primeiro resultado, útil cando buscamos cousas moi populares ("[[Microsoft]]", "[[Renault]]", "Google", "[[Galipedia]]", etc.) e un botón "procura avanzada" que nos permite concretar as procuras sen necesidade de coñecer todos os operadores que ofrece Google.
 
Detrás da sinxeleza da interface principal de Google atópase un complexo intérprete capaz de obter as máis complexas procuras.
Liña 179:
O [[31 de marzo]] de [[2004]] Google lanzou o seu servizo (en [[Fases de desenvolvemento de software#Beta|fase beta]]) Gmail que se destacou entre os servizos de correo máis populares do momento por proporcionar 1 gigabyte de capacidade (posteriormente aumentada a 6 gigabytes). Durante bastante tempo, para poder acceder a unha conta Gmail era necesario recibir unha invitación doutro usuario de Gmail.
 
Este servizo de mensaxería destacou, entre outras cousas, por utilizar un sistema de procura de mensaxes simple e avanzado ao mesmo tempo, similar ao do buscador web ao cal debe o seu slogan "Non organices, busca". Ademais ofrece outras características adicionais como as etiquetas, filtros avanzados, posibilidade de múltiples contas para correo saínte, chat integrado, etc. que o fan moi atractivo.
 
Hoxe en día atópase dispoñible en 39 idiomas<ref>[http://mail.google.com/support/bin/answer.py?answer=17091&topic=1506 ¿En cantos idiomas se atopa dispoñible Gmail?]</ref>. Gmail está dispoñíbel en [[galego]] desde o 7 de xullo de 2014<ref>http://codigocero.com/Gmail-estrea-interface-web-en</ref>.
Liña 216:
[[Ficheiro:Capture6.png|miniatura|Lightning integrado en Thunderbird]]
 
Google Calendar é unha axenda que permite ter diferentes calendarios diferenciados por cores. Permite compartir os calendarios privados con outros usuarios podendo darlles diferentes niveis de permisos. Dispón da posibilidade de incorporar calendarios públicos realizados por outros usuarios, tales como guía de programación de televisión, axenda do teu club favorito de fútbol, santoral, etc... O calendario pódese configurar para que envíe un recordatorio antes que pase un evento á o conta de correo electrónico do usuario cun arquivo para importar a tarefa á axenda de [[Microsoft Outlook]], ata pode enviar un aviso [[SMS]] se se vive nunha zona habilitada para iso. Ata a data, esta en [[versión beta]] pero é funcional.
 
Tamén existe a opción de integrar en [[Thunderbird]] o calendario de Google utilizando a extensión "lightning" para así podelo xestionar desde un programa de correo tradicional.