GNU/Linux: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
amaño ligazón interna
m Bot - borrado de comas antes de etcétera [http://academia.gal/dicionario#searchNoun.do?nounTitle=etc%C3%A9tera]; cambios estética
Liña 6:
'''GNU/Linux''', abreviado ás veces como «Linux», é o termo co que se fai referencia aos [[Sistema operativo|sistemas operativos]] baseados en [[UNIX]] que utilizan o [[kernel]] [[Linux]] e sobre el o software do [[proxecto GNU]] e máis software.
 
Coñecido polo seu uso predominante nos servidores, os sistemas GNU/Linux poden instalarse nunha amplia variedade de [[hardware]]: [[móbil]]es, [[ordenador|computadores persoais]], ''[[supercomputadores]]'', etc.
 
Existen numerosos grupos de usuarios de GNU/Linux en case todos os países do mundo. Só en [[Galicia]] temos [[GLUG]], [[GPUL]], [[GALPon]], [[GULO]], [[Inestable]], [[OUSLI]], [[AULUSC]] e o [[Proxecto Trasno]], adicado, entre outras, á localización de distribucións.
 
== Orixe ==
O [[proxecto GNU]], iniciado por [[Richard Stallman]] no ano [[1984]], tiña por finalidade desenvolver un sistema operativo [[Software libre|libre]] baseado en UNIX. A comezos dos 90, o proxecto GNU xa desenvolvera unha cantidade importante de software libre e para lograr o seu obxectivo de crear un sistema operativo completo. Só lle faltaba unha peza: o [[kernel]].
 
Liña 17:
[[Richard Stallman]] convenceu a Linus de que liberase o kernel baixo a licenza [[GNU GPL]] e o convertise así en [[software libre]]. Isto deu lugar aos primeiros sistemas operativos libres, os sistemas [[GNU/Linux]].
 
== Traxectoria ==
Durante os dous anos seguintes, o sistema GNU/Linux foi reunindo todas as características necesarias como para substituír a [[UNIX]], incluído o soporte para o protocolo [[TCP/IP]] e un [[sistema de fiestras]] (o [[X11]]). Aparte de numerosos programadores individuais, apareceron empresas que comezaron a contribuír e crear [[Distribución de GNU/Linux|distribucións de GNU/Linux]]. Naceron grupos de usuarios de GNU/Linux locais, e a comezos de [[1994]] iniciouse a publicación da revista ''[[Linux Journal]]''.
 
Liña 24:
Na actualidade, GNU/Linux é o sistema elixido para a meirande parte dos [[servidor]]es, e está abarcando máis e máis ámbitos de uso en detrimento doutros sistemas operativos comerciais.
 
== Deseño ==
GNU/Linux é un [[sistema operativo]] modular baseado en [[UNIX]]. Os principios básicos do seu deseño proceden en esencia das bases establecidas para UNIX durante as décadas dos 1970 e 1980.
 
O sistema emprega un [[kernel]] monolítico, [[Linux]], que se encarga de xestionar os procesos de control, a conectividade á rede, e o acceso aos [[periféricos]] e ao [[sistema de ficheiros]]. Os [[Controlador (software)|controladores de dispositivos]] están directamente integrados no kernel.
 
Por riba do kernel, empréganse o resto de software, coma o intérprete de ordes e mailo sistema de fiestras, o escritorio, o navegador web, o xestor de correo, o editor de texto, etc.
 
Un sistema GNU/Linux pode controlarse a través de varios medios, coma o intérprete de ordes, o ambiente de escritorio ou mesmo a través dos [[Controlador (software)|controladores de dispositivos]] (como cando se introduce un [[Disco compacto|CD]] na lectora de CDs e esta "avisa" ao sistema). O normal é que sempre haxa polo menos un intérprete de ordes nos sistemas GNU/Linux, e nos computadores de escritorio persoais os ambientes de escritorio son empregados con frecuencia ([[KDE]], [[GNOME]] ou [[Xfce]], entre outros).
 
== Uso persoal e comercial ==
GNU/Linux é coñecido especialmente polo seu uso en [[servidor]]es, mais pódese instalar nunha gran variedade de [[hardware]], que vai dende a inclusión en dispositivos internos e [[Móbil|móbiles]] ao seu amplo uso en [[Supercomputador|''supercomputadores'']]<ref>[http://www.forbes.com/home/enterprisetech/2005/03/15/cz_dl_0315linux.html Linux Rules Supercomputers] {{En}}.</ref>.
 
Liña 40:
O uso de GNU/Linux nas computadoras persoais está a medrar con pulo nos últimos anos. No ano 2008 produciuse un aumento do 61% das instalacións de GNU/Linux aproximando o uso total en computadores de escritorio ao 2%<ref>[http://news.cnet.com/8301-13505_3-9910263-16.html Linux desktop market share is up as much as 61 percent, study finds] {{En}}.</ref>. Porén, existen disputas acerca destas estatísticas. Namentres hai quen opina que a porcentaxe de uso é menor, hai unha certa tendencia a considerar que o uso real podería ser cuantitativamente maior.
 
== Distribucións ==
{{Artigo principal|Distribución de GNU/Linux}}
As distintas variedades de [[GNU/Linux]] denomínanse distribucións. As distribucións pretenden cubrir as necesidades dun determinado grupo de usuarios que pode ter diferentes necesidades ou gustos. Para isto incorporan certos paquetes de software e configuracións dos mesmos adaptadas para esas distintas finalidades.
 
== Notas ==
{{Listaref}}