Fundación Barrié: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
m Bot - borrado de comas antes de etcétera [http://academia.gal/dicionario#searchNoun.do?nounTitle=etc%C3%A9tera]; cambios estética
Liña 2:
|nome = Fundación Barrié
|imaxe =
|tipo = [[Cultura|Cultural]]l, [[Educación|Educativa]]
|datacreación = [[5 de novembro]] de [[1966]]
|creador = [[Pedro Barrié de la Maza]]
Liña 16:
A '''Fundación Pedro Barrié de la Maza''' é unha [[fundación]] patrimonial privada, coa finalidade de promover o desenvolvemento e a cultura en [[Galicia]].
 
== Historia ==
A organización foi creada o [[5 de novembro]] de [[1966]] por [[Pedro Barrié de la Maza]], quen a declarou herdeira universal da súa fortuna. Posteriormente, a súa irmá Gertrudis e a súa viúva [[Carmela Arias Díaz de Rábago|Carmela Arias]] achegaron tamén parte do seu patrimonio. A fundación foi declarada de interese galego pola [[Xunta de Galicia]] o [[13 de xuño]] de [[1986]].
 
Foi accionista maioritaria de [[Banco Pastor]], ata a súa fusión co [[Banco Popular]] en [[2013]], obtendo dos rendementos das accións nesta empresa a maior parte dos seus ingresos.
 
== Sedes ==
[[Ficheiro:Banco Pastor, Vigo.JPG|miniatura|275px|[[Edificio Banco de Vigo]], rúa Policarpo Sanz.]]
A sede da [[A Coruña|Coruña]] sitúase no número 9 do Cantón Grande. Foi inaugurada en [[1995]] pola [[Sofía de Grecia|Raíña Sofía]]. A sede de [[Vigo]] está radicada no número 31 da rúa de Policarpo Sanz, no [[Edificio Banco de Vigo]]. Foi aberta en [[2005]] e recibiu diversos premios pola súa restauración, asinada polos arquitectos [[Emilio Tuñón]] e [[Luis Mansilla]].
 
== Actividade ==
A fundación contribuíu de diversas formas á cultura, educación, sanidade, etc de Galicia. Colaborou na creación das escolas universitarias de [[Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña|Arquitectura]] e [[Escola Universitaria de Arquitectura Técnica da Coruña|Arquitectura Técnica]] na Coruña e a de [[Escola de Enxeñería Industrial da Universidade de Vigo|Enxeñería Industrial]] en Vigo e do [[Instituto da Lingua Galega]].
 
Organiza anualmente un [[Ciclo de Jazz da Fundación Barrié|Ciclo de Jazz]] e entrega bolsas a estudantes universitarios.
 
== Véxase tamén ==
=== Ligazóns externas ===
* [http://www.fundacionbarrie.org/ Web da Fundación Barrié]
 
[[Categoría:Fundacións de Galicia]]