Froita: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
m Bot - borrado de comas antes de etcétera [http://academia.gal/dicionario#searchNoun.do?nounTitle=etc%C3%A9tera]; cambios estética
Liña 3:
As '''froitas''' son os [[froito]]s comestíbeis das [[Árbore froiteira|árbores froiteiras]] e outras [[planta]]s. Na lingua coloquial e en cociña, cando se fala da froita en termos xenéricos, a palabra refírese normalmente a aqueles [[vexetal|vexetais]] cuxos froitos son carnosos e doces, ricos en [[azucre]]s e [[vitamina]]s e frecuentemente consumidos crus como [[sobremesa]], como por exemplo, as [[ameixa (froito)|ameixas]], [[mazá]]s, [[laranxa (froita)|laranxas]] e un longo etcétera.
 
Porén, en canto ao nome concreto de cada tipo de froita, moitos vexetais moi comúns, así como varios tipos de [[Noz (froito da nogueira)|noces]] e [[Cereal|grangrans]]s, reciben o seu nome das especies das que proceden.
 
Habitualmente estes froitos son moi saborosos e relativamente doces, tendo polo normal [[cor]]es vivas e aromas agradábeis. Case todas posúen pel, [[polpa (froita)|polpa]] (a ''carne'' da froita) e [[semente]]s ou carabuñas ben diferenciadas.
Liña 26:
* '''Vitaminas:''' Como os ''[[caroteno]]s'', [[vitamina]] C, ou vitaminas do grupo B. Segundo o contido en vitaminas podemos facer dous grandes grupos de froitas:
# Ricas en '''vitamina C''': conteñen de 50 a 100 mg/100 g. Entre estas froitas temos ós [[cítrico]]s, tamén o [[melón]], os [[amorodo]]s e o [[kiwi (froita)|kiwi]].
# Ricas en '''vitamina A''': Son ricas en ''carotenos'' os [[albaricoque]]s, [[pexego]]s e [[Ameixa (froito)|ameixaameixas]]s.
* '''Sales minerais:''' Do mesmo xeito que as verduras, as froitas son ricas en [[potasio]], [[magnesio]], [[ferro]] e [[calcio]]. Os [[Sal mineral|sales minerais]] son sempre importantes, pero sobre todo durante o crecemento, para a osificación. O mineral máis importante é o potasio. As máis ricas en potasio son as froitas de [[carabuña]], como o albaricoque, a [[cereixa]], a ameixa, o pexego, etc.
* '''Valor calórico:''' O valor calórico está determinado pola concentración de azucres na froita, oscilando entre 30 e 80 Kcal/100 g. Como excepción temos froitas graxas, como o [[aguacate]], que posúe un 16 % de [[lípido]]s, e o [[coco]], que chega ao 60 % de lípidos.
* '''Proteínas e graxas:''' Os compostos ''nitroxenados'' como as [[proteína]]s e os [[lípido]]s son escasos na parte comestíbel das froitas, aínda que son importantes nas sementes dalgunhas delas. Así pois, o contido de graxa pode oscilar entre o 0,1 e o 0,5 %, mentres que as proteínas poden estar entre o 0,1 e o 1,5 %.
* '''Aromas e pigmentos:''' As froitas conteñen [[ácido]]s, [[aldehído]]s e outras substancias aromáticas que, unidas ao gran contido en auga, fai que as froitas resulten refrescantes. O sabor de cada froita está determinado polo seu contido en ácidos, azucres e outras substancias aromáticas. O ''ácido málico'' predomina na [[mazá]], o ácido cítrico en [[Laranxa (froita)|laranxalaranxas]]s, [[limón]]s e [[mandarina]]s e o ''ácido tartárico'' nas [[uva]]s. Polo tanto, os colorantes, os aromas e os compoñentes fénolicos astrinxentes, aínda que se atopan en moi baixas concentracións, inflúen de maneira crucial nas propiedades organolépticas das froitas e. indirectamente, no seu éxito no consumo.
 
== Galería de imaxes de froitas producidas na Galicia ==
<gallery>
Ficheiro:Kiwis_006eue.jpg|[[kiwi (froita)|KiwiKiwis]]s.
Ficheiro:Mazás_04eue.jpg|[[Mazá]]s.
Ficheiro:Pexego Bastavales Galicia.jpg|[[Pexego]].