Diferenzas entre revisións de «Frauta»

m
Bot - borrado de comas antes de etcétera [http://academia.gal/dicionario#searchNoun.do?nounTitle=etc%C3%A9tera]; cambios estética
m (→‎Historia: arranxiños)
m (Bot - borrado de comas antes de etcétera [http://academia.gal/dicionario#searchNoun.do?nounTitle=etc%C3%A9tera]; cambios estética)
| relacionado =*[[Frauta traveseira]]
*[[Frauta doce]]
*[[Piccolo ]]
| músicos =*[[:Categoría:Frautistas]]
| fabricantes =
}}
 
A '''frauta''' é un tipo de [[instrumento musical]] da familia dos [[Instrumento de vento-madeira|Instrumentos de vento-madeira]]. A diferenza dos instrumentos de vento con [[palleta]]s, unha frauta é un [[instrumento de vento]] que consta dun tubo cilíndrico que produce o seu [[son]] a partir do fluxo de aire, insuflado polo instrumentista, que entra a través dunha abertura ou bisel que vibra grazas ao contacto contra o bordo da embocadura. Segundo a clasificación de instrumentos musicais [[Hornbostel-Sachs]] atópase na categoría dos [[Instrumento de vento|aerófonos]], instrumentos que en si non vibran, e que non teñen cordas ou membranas que o fagan.
 
Ao [[músico]] que toca a frauta adóitaselle chamar frautista.
 
== Historia ==
[[Ficheiro:PiscalDivjeBabe.jpg|miniatura|esquerda|100px|Frauta feita co [[óso]] dun [[oso das cavernas]]. Trátase do instrumento de música máis antigo achado ata o momento.]]
[[Ficheiro: Flauta paleolítica.jpg|dereita|miniatura|300px|Frauta do período Auriñaciense, feita con óso, atopada no xacemento de Geissenklösterle, Alemaña. Réplica exposta no Parque da Prehistoria de Treverga, [[Principado de Asturias]].]]
Agás a voz, pola sinxeleza da súa construción, poida que sexa un dos instrumentos máis antigos, pois con diversas formas atópase en todas as [[cultura]]s. As primeiras frautas asemellábanse a [[chifre]]s, pois só tiñan un orificio (buraco), e os romanos déronlle os nomes de ''tibia'', ''fístula'' e ''cálamus'' porque adoitaban facerse do óso chamado [[tibia]] ou dunha cana vexetal ou metálica. Acháronse en antigas ruínas non poucas destas frautas gregas e romanas de óso e de bronce como se poden ver nas coleccións dos Museos [[Museo Británico|Británico]] de [[Londres]] e [[Museo Arqueolóxico Nacional de Nápoles|Nacional de Nápoles]]. Atópanse a miúdo nas escavacións de cidades romanas uns cilindros ocos de sección de morna cun orificio lateral a xeito de frauta reducida que parece deberon servir de [[chifre]]s. Máis antigas que todas elas son, sen dúbida, as frautas exipcias de cana e de óso e de sinxelas formas que garda o mencionado museo de Londres entre outros. A frauta máis antiga descuberta pode ser un fragmento dun [[fémur]] dun [[oso das cavernas]] xuvenil, con dous ou catro buracos, atopado en [[frauta de Divje Babe|Divje Babe]] preto de [[Cerkno]] ([[Eslovenia]]) e datado en hai aproximadamente 43.000 anos. Con todo, todo isto é moi disputado<ref>{{cita web
| autor = Tenenbaum, David
| mes = xuño
| dataacceso = 8 de abril de 2012
| lingua = inglés
}}</ref><ref>[http://cogweb.ucla.edu/ep/FluteDebate.html Historia da frauta], UCLA. 8 de abril de 2012 {{en}}.</ref> pois en [[2008]] atopouse unha frauta que dataron entre 40.000 e 35.000 anos atrás na rexión do [[Cordilleira do Xura|Xura de Suabia]] de [[Alemaña]].<ref>{{Cita web|url=http://news.bbc.co.uk/2/hi/science/nature/8117915.stm |autor= BBC |título= Is this bone a Neanderthal flute? |lingua=inglés| trad_título = ''É esta unha frauta de óso de Neanderthal?''}}</ref> Esta frauta furada con cinco buracos ten unha embocadura en forma de ''v'' e está feita do óso da á dun [[voitre]]. Os investigadores implicados no descubrimento publicarón as súas conclusións oficialmente no diario ''[[Nature]]'', en agosto de 2009.<ref>{{Cita publicación periódica
| doi = 10.1038/nature08169
| ano = 2009
| issue = 7256
| bibcode=2009Natur.460..737C
}}</ref> O descubrimento é especialmente importante porque representa o achado do instrumento musical máis antigo da historia e permite pór data á produción de música por parte da especie humana.<ref name=BBC> {{cita web|título='Oldest musical instrument' found |editor=[[BBC World News]] |data=2009-06-25|url=http://news.bbc.co.uk/1/hi/sci/tech/8117915.stm |dataacceso= 26-6-2009}} </ref> Esta frauta foi un dos instrumentos atopados na cova Hohle Fels, descuberta preto da [[Venus de Hohle Fels]] que é a escultura feminina máis antiga que se coñece.<ref> {{cita web |título=Music for cavemen |editor=[[MSNBC]] |data=2009-06-24 |url=http://cosmiclog.msnbc.msn.com/archive/2009/06/24/1976108.aspx |dataacceso=15-09-2012}} </ref> Ten tres buracos e, do mesmo xeito que as frautas modernas de tres buracos, suxeriuse que modificando a presión de aire podería producir melodías de notable complexidade.<ref>[http://www.publico.es/ciencias/234565/musica/empezo/anos Artigo de divulgación sobre o achado e gravación do son que pode producir unha reprodución desta frauta]{{es}}</ref> Ao anunciar o descubrimento, os científicos suxerían que o ''achado demostra a presenza dunha tradición musical ben establecida no tempo en que os humanos modernos colonizaron Europa''.<ref> {{cita web |título=Flutes Offer Clues to Stone-Age Music |editor=[[The New York Times]] |data: 24-6-2009 |url=http://www.nytimes.com/2009/06/25/science/25flute.html?_r=1&partner=rss&emc=rss |dataacceso= 29-09-2012}} </ref> Estas frautas demostran que xa había unha tradición musical desenvolvida desde os primeiros tempos da presenza dos humanos modernos en Europa.<ref name="NYTimes">{{Cita publicación periódica
| apelidos = Wilford | nome = John N. | authorlink = | coauthors = | título = Flutes Offer Clues to Stone-Age Music | revista = The New York Times | volume = 459| issue = 7244| páxina = 248–52| publisher = | location = | data = xuño 24, 2009 | url = http://www.nytimes.com/2009/06/25/science/25flute.html |dataacceso=18 de marzo de 2012| pmid = 19444215| doi = 10.1038/nature07995 | id = |bibcode = 2009Natur.459..248C }}. Citation on p. 248.</ref> Os científicos tamén suxeriron que o descubrimento desta frauta pode axudar a explicar a probable diferenza cognitiva e comportamental entre os [[Home de Neanderthal|Neanderthais]] e os primeiros humanos modernos.<ref name=BBC/>
 
 
A frauta da [[Grecia]] clásica era o ''syrinx'', aínda que ás veces tamén recibía o nome de ''aulos'', aínda que en realidade era un instrumento de lingüeta. Algo parecido ocorría no mundo romano entre a fístula e a tibia. O termo árabe xenérico para a frauta era ''sabbâba'' que influíu sobre o termo castelán medieval ''ajabeba'', aínda que este referíase a unha frauta travesa, aquel aplicábase a todo tipo de frautas.
[[Ficheiro:Cantiga flute.jpg|dereita|miniatura|220px|Representación de dúas frautas travesas nunha [[miniatura]] das [[cantiga | cantigas]]s de [[Afonso X o Sabio]]]]
[[Aristóteles]] fixo a seguinte declaración sobre a frauta: "''Nós escoitamos unha canción na frauta con máis pracer do que na lira, pois o canto da voz humana e a frauta mestúranse ben por causa da súa correspondencia e simpatía, unha e outra anímanse polo vento!''"<ref>{{cita web|url=http://www.frazz.com.br/frase.html/Aristoteles-Nos_escutamos_uma_ca-65180|título=Frase de Aristóteles|publicado=frazz.com.br|língua=pt|dataacceso=18 de marzo de 2012}}</ref>
 
A [[Biblia]], no [[Xénese]], capítulo 4, versículo 21, cita a Jubal<ref name="histomusica">{{cita web|url=http://www.histomusica.com/libros/bandas.php?capitulo=55|título=Los Orígenes de las Primitivas Bandas|obra=Histomúsica |lingua=castelán}}</ref> como pai de todos os que tocan o'' Ugab'' (frauta vertical de varios tubos) e o'' kinnor'' (lira portatil). O primeiro termo refírese ás veces a algúns instrumentos de vento en concreto e, outros, a algúns en particular; e o segundo a instrumentos de corda. Como tal, na tradición xudeo-cristiá, Jubal é tido como o inventor da frauta, un termo que se emprega nalgunhas traducións da Biblia.
 
Durante a Idade Media desenvolvéronse varios modelos de frautas dobres, ás veces tratábase de dous instrumentos separados que eran tocados xuntos e, noutros casos, dun instrumento construído xa como tal con dous tubos que nuns casos eran paralelos -como no caso do [[diple]] - e outros en ángulo, como o que toca un dos anxos músicos no retablo de [[Jaume Ferrer Bassa |Ferrer Bassa]]. De feito, xa na [[Grecia clásica]] existiran aulos dobres, en ángulo, segundo se pode ver en multitude de representacións pictóricas sobre cerámica.
 
Cara ao [[século XIV]] a frauta travesa aparece en varias fontes mencionada como'' frauta alemá'', sen dúbida debido ao arraigamento que este instrumento tivo naquelas terras, mentres que a frauta de pico ou recta coñecíase como'' frauta de Inglaterra''. Durante a Idade Media, todas as frautas -excepto os modelos de tesituras máis agudas- foron sempre consideradas instrumento de 'música baixa', é dicir de sonoridade suave, doce (pensemos na'' frauta de pico ''denominada tamén'' frauta doce''), especialmente adecuadas para a música de interiores, e cun notable predicamento na iconografía relixiosa, especialmente nos abundantes'' concertos de anxos'' da [[pintura gótica]] e posterior, nos que a [[Virxe María]] aparece rodeada de anxos tocando instrumentos.<ref>Rodríguez Suso, Carmen (1988): Un ejemplo de iconología musical: María Lactans y los Angeles en la Cataluña bajomedieval. Musiker: cuadernos de música, ISSN 1137-4470, Nº. 4, 1988, pags. 7-34 {{es}}</ref>
En Europa, desenvolvéronse moitas tipoloxías de frautas na música tradicional e a folclórica, a inmensa maioría delas sopradas polo extremo do tubo e con canle de aire (ademais de algunhas zonas que se decantaron máis ben polas frautas de pan). En cambio, no ámbito da música clásica as relacións entre as frautas de pico e as travesas foi bastante diferentes.
 
No [[música renacentista | Renacemento]] e no [[música barroca | Barroco]] conviven ámbolos dous tipos de instrumentos. A frauta de pico, ao longo do [[século XVI]] desenvólvese nunha familia integrada por unha serie de instrumentos de características practicamente idénticas, con afinacións diferentes -con predominio das frautas en do e fa- que permiten de tocar música polifónica cun timbre homoxéneo. En cambio, a frauta travesa non chegou a desenvolver unha familia comparable á da envergadura da frauta de pico, aínda que [[Alexander Agricola]] no seu tratado'' música instrumental deudsch'' do 1528 mostra unha familia de catro frautas travesas de tamaños e tesituras diferentes. Aínda que unha parte da literatura barroca para frauta permite ser tocada con ámbolos tipos de frauta, aínda que se adapte máis ben a unha que á outra, tamén hai mostras de música exclusivamente pensada para unha e non para a outra. Constitúen un exemplo do primeiro caso as sonatas para un instrumento melódico e baixo continuo que [[Haendel]] publicou como acompañados cunha serie de instrumentos entre as que se atopan ámbolos tipos de frautas, ademais do [[violín]] ou o [[oboe]], o certo é que algunhas son máis indicadas para un destes instrumentos. En cambio, [[Johann Sebastian Bach]] acompaña con dúas frautas de pico a o [[concertino]] no seu segundo [[concertos de Brandenburgo | concerto de Brandeburgo]], pero cunha frauta travesa para o quinto da mesma serie .
 
No [[Música do clasicismo| Clasicismo]] a frauta travesa xa era prácticamente a única empregada nos ámbitos da música de concerto e a [[ópera]], só personaxes de baixa extracción social como Papageno en [[Die Zauberflöte|A frauta máxica ]] de [[Mozart]] tocan outros tipos de frauta como a frauta de pan. Construída en madeira, deu un salto cualitativo importante no momento en que [[Theoblad Böhm]] ([[1794]] - [[1881]]) inventou e aplicoulle un sistema de claves que facilitaba a execución á vez que incrementaba sustancialmente as posibilidades; un sistema que máis tarde adaptaría e aplicaría a outros instrumentos de vento-madeira. Posteriormente, a frauta travesa pasaría a construirse en metal. Ao longo do [[século XIX]] igual como sucedeu con tantos outros instrumentos de vento, a frauta travesa de orquesta foi obxecto de experimentacións diversas, entre outras a do mesmo Boehm, ou as diferentes formas que se buscaban para construír frautas de tesituras máis graves.
 
Pola súa banda, a frauta de pico renaceu a unha escala importante ao longo do século XX, en dous terreos diferentes. Por unha banda, para a interpretación da [[música antiga]] con criterios e instrumentos o máis próximos posible aos da época en que fora creado o repertorio. Por outra banda, e unha vez feitas algunhas adaptacións como a fabricación industrializada a prezos económicos, a experimentación con plásticos diversos, e a adaptación do sistema de dixitación a unha modalidade máis simple, o instrumento popularizouse no mundo da educación musical na escola.
* Modificando a presión da columna de aire pero nunha magnitude máis grande que no caso anterior: o aumento da presión e, polo tanto, da velocidade do aire dentro do tubo sonoro forza a variar o modo de vibración desta, de forma que deixa de soar a nota que soaba ata entón e pasa a soar un [[harmónico]] superior.
 
* Modificando a lonxitude do tubo sonoro. A altura do son producido é inversamente proporcional á lonxitude do tubo sonoro. Na maioría de frautas esta alteración é descontinua dado que a lonxitude da columna de aire dentro do tubo se modifica tapando e destapando buracos, pero nas frautas de pistón ou de émbolo esta modificación é continua e produce un efecto de glissando.
 
O son fundamental da frauta é o [[Dó (música)|Dó3]], a partir do cal a extensión do instrumento é de 3 oitavas, grazas aos harmónicos 2 e 4 (oitava e dúo oitavo), cuxa emisión é obtida pola modificación da presión do sopro.<ref>{{cita web|url=http://agnazare.ccems.pt/EB23EMUS/instrumentos/flauta.htm|título=Instrumentos -Frauta|publicado=agnazare.ccems.pt|lingua=pt|dataacceso=17 de febreiro de 2012}}</ref>
 
== Tipos de frautas<ref>Musical Instruments of the World. Diagram Group. 1976</ref> ==
Os grupos de frautas son os seguintes:
 
* Frautas sopradas polo extremo, tanto si teñen muesca coma se non a teñen. Están moi estendidas. Entre elas, por citar as máis coñecidas en Occidente, a [[quena]], que é tocada en varios países de [[América do Sur]] ou o [[Shakuhachi]] xaponés. Moitas delas son feitas de cana.
 
* Frautas con conducto de aire e un bisel na fiestra, todo iso na embocadura. Son un grupo moi grande e moi numeroso. Aínda que non sexan realmente instrumentos musicais, neste grupo están os [[chifre]]s (feita excepción dos globulares) e os [[siurell]]s. As [[frauta doce|frautas de pico]] intégranse neste grupo. Tamén as numerosas frautas de tres buracos que se tocan cunha soa man (normalmente a esquerda: tres dedos tapan buracos e os outros dous suxeitan o instrumento, un tubo moi longo e delgado facilita a formación de harmónicos e, xa que logo, a execución dunha escala enteira aínda que só haxa tres buracos) mentres coa outra se toca un [[tambor]]. Neste grupo hai numerosos exemplares: o ''pipe and tabor'' que interpreta a ''Morris dance'' en [[Inglaterra]], o galoubet da [[Provenza]], o [[flageolets]], o [[frauta de tres furados|txistu]] do [[País Vasco]], a frauta da [[Maragatería]], o'' pito rociero'' de [[Andalucía]], etc. Aínda que non teñan tres buracos senón máis, os diferentes tipos de [[Piccolo|frautínfrautíns]]s forman parte deste mesmo grupo.
 
* Frautas de recipiente. Teñen a particularidade de que o resoador non ten forma tubular e si globular. Algunhas teñen buracos e poden articular algún tipo de melodía, pero outros son simples chifres. Os chifres metálicos máis habituais son deste tipo. Algúns son feitos de arxila. Hainos que se sopran no extremo, sen portelo, e outros con bisel despois da canle de aire e do portelo. Na cultura [[azteca]] foron moi frecuentes, feitas con [[arxila]] e representan seres mitolóxicos diversos. Tamén a [[ocarina]] forma parte desta tipoloxía, do mesmo xeito que o'' xun'' chinés e varias frautas globulares africanas.
* [[Frauta doce]] ou «de pico».
* [[Frauta traveseira celta]] ([[Irlanda]])
* [[Frauta de pan]] (varios tubos paralelos; de orixe [[mitoloxía grega|mitolóxico]] [[Antiga Grecia|grego]]. Nalgunhas partes de [[América do Sur |Sudamérica]] coñécese como [[zampoña]] ou [[sicu]])
* [[Ocarina]] (en varias partes do mundo; o seu corpo non está constituído por un tubo, senón por unha forma rechoncha, polo tanto cun funcionamento distinto a unha frauta común.)
* [[Gaita colombiana|Gaita]] ([[Colombia]]). Derivadas dun instrumento indíxena da rexión, non ten relación coas [[gaita]]s [[Irlanda|irlandesas]], [[Principado de Asturias|asturianas]] ou [[Galicia|galegas]]; con estas só comparte o nome.
</gallery>
 
== Notas ==
{{listaref}}
== Véxase tamén ==
* [[Chifre]]
* [[Frauta travesa]]
== Ligazóns externas ==
{{Commonscat|Flutes}}
393.002

edicións