Forraxe: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sobreira (conversa | contribucións)
m Bot - borrado de comas antes de etcétera [http://academia.gal/dicionario#searchNoun.do?nounTitle=etc%C3%A9tera]; cambios estética
Liña 2:
'''Forraxe''' é unha denominación colectiva que abrangue calquera [[herba]], verde ou seca, que se sega para dar de comer ó [[gando]]. Existen plantas herbáceas especificamente cultivadas a tal fin, como a [[alfalfa]], o [[trevo]] ou o [[raigrás]], e outras que se poden sementar para colleitar en verde, para forraxe, ou en seco, para aproveita-lo gran, como é o caso do [[millo]] ou do [[centeo]]. Tamén se pode destinar a forraxe a herba das prados naturais en épocas nas que non se utilicen para [[pasto]] directo.
 
É posible utilizar para alimentación animal outros produtos vexetais, normalmente subprodutos da [[agricultura]] ou da [[alimentación]] humana (como froitas ou [[pataca]]s pequenas ou meradas, [[fariña]] ou farelo, tonas de pataca, os pendóns do millo, as follas dos [[nabo]]s, ramallos de certas árbores, etc.) así como, por suposto, o [[penso]] composto, pero estes produtos non se deben considerar forraxe.
 
Ademais da forma normativa ''forraxe''<ref>En galego, de xénero feminino, aínda que tamén se utilice, por influencia do castelán, en masculino.</ref>, e as variantes ''ferraxa'' e ''ferraxe'', tamén se denomina ''ferraña'' ou ''ferroia''. Conceptos derivados son os de ''forraxear'', seiturar herba para darlla ó gando, e o adxectivo ''forraxeiro'', planta ou parte da planta utilizada con este fin.
 
== Tipos de forraxes ==
[[Ficheiro:Campo, herba, Galicia.jpg|300px|miniatura|esquerda|Pradeira artificial, xa segada en parte.]]
As plantas utilizadas como forraxe poden proceder de [[prado]]s naturais, espontáneos, ou de praderías artificiais, cultivadas polo home. Os primeiros son comunidades de diferentes plantas herbáceas, especialmente [[gramínea]]s, que medran en condicións naturais en terreos achairados e húmidos. Poden ser permanentes ou temporais e, se son produtivos, o labrego adoita proporcionarlles distintos tratamentos para aumenta-la colleita ou para corrixir deficiencias na composición do chan, como poden se-lo [[esterco|estercado]] ou a [[rega]]. Estes prados aprovéitanse normalmente mediante o [[pastoreo]] directo, habitual ou rotatorio, pero tamén mediante a sega.
 
Cando se trata dunha terra sometida a un tratamento agrario completo (arado, sementeira, sega, etc.) fálase de cultivos forraxeiros e o seu aproveitamento é sempre por sega. Estes cultivos poden ser monofitos, cunha única especie de herba, ou polifitos, cunha mestura calculada de especies herbáceas.
 
== Usos da forraxe ==
[[Ficheiro:Gondelle, Oza, Teo, Galiza.jpg|miniatura|300px|Apañando herba para botala ó gando na corte]]
A forraxe utilízase para suplementa-la ración alimenticia que o gando obtén mediante o pastoreo, cando o pasto é cativo ou cando o gando é de alta produción. Tamén se ten que recorrer á forraxe no inverno, cando as condicións climatolóxicas (neve, frío, choivas intensas) non deixan saca-lo gando a pastar, ou cando algún animal, enfermo ou tralo parto, non pode saír a pastar. En calquera caso, pode dárselle en verde, en seco ou, modernamente, en [[ensilaxe|ensilado]].
Liña 18:
Na [[gandería]] moderna, de carácter intensivo e con animais de altas producións [[leite|lácteas]] e [[carne|cárnicas]], a alimentación do gando está baseada fundamentalmente nos pensos compostos, estudados e formulados para cubir-las necesidades do gando. Neste caso, a forraxe achega alimento voluminoso como suplemento do penso, tendo en conta que, excepto [[aves de curral|aves]] e [[porco]]s, nos outros animais domésticos ([[vacún]], [[ovino]] ou [[equino]]) resulta imprescindible unha ración de volume para o seu fisioloxismo normal.
 
== Produción de forraxes ==
A superficie destinada en [[Galicia]] á produción de forraxe variou moito como consecuencia do abandono da agricultura e da reestruturación da gandería. A mecanización do campo e a maior riqueza nutritiva do millo sobre a herba tamén influíron neste cambio, pero en xeral obsérvase un progresivo aumento da superficie destinada a pastos e millo forraxeiro.
 
Liña 25:
Como sexa que a práctica totalidade da produción de forraxes vai destinada á alimentación do gando vacún, a distribución xeográfica destes cultivos coincide coa distribución desta especie: as provincias de [[provincia da Coruña|Coruña]] e [[provincia de Lugo|Lugo]] producen o 92,78% do millo forraxeiro e o 93.58% da herba.
 
== Notas ==
{{listaref|1}}
 
== Véxase tamén ==
=== Bibliografía ===
* Ferro Ruibal, Xesús, e Benavente Jareño, Pedro: ''O libro da vaca. Monografía etnolingüística do gando vacún'', Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, Santiago 2010.
 
=== Outros artigos ===
* [[Palleiro]]
* [[Prado]]
Liña 38:
* [[Penso]]
 
=== Ligazóns externas ===
* [http://www.ige.eu/estatico/html/gl/galicia_en_cifras/galicia_2009/gcifras_2009_c07.pdf ''Galicia en cifras 2009: sector agrario, pesca e agricultura'']