Filipe IV de España: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot - borrado de comas antes de etcétera [http://academia.gal/dicionario#searchNoun.do?nounTitle=etc%C3%A9tera]; cambios estética
Liña 32:
== Valimento do Conde-Duque de Olivares ==
=== Reformas internas ===
Obxectivo prioritario do seu mandato sería restaurar o poder da [[Coroa de Castela|coroa]], que sufrira unha diminución considerábel no reinado anterior. Delegou as atribucións de goberno no poderoso [[Conde-Duque de Olivares]] ([[1621]]-[[1643]]), con a fin de realizar un ambicioso proxecto de [[reforma]], que afectaba á maior parte das institucións. A súa primeira tarefa centraríase na [[Facenda]], tentando recuperar as rendas perdudes: control sobre o gasto público, ordenación e estruturación do sistema impositivo, etc. No ámbito económico xeral, tencionouse importar o modelo [[mercantilista]] holandés e apresentouse o proxecto da '''Unión de Armas'', con a finalidade de ordenar e canalizar os recursos provenientes dos territorios periféricos, necesarios para manter un [[exército]] potente, que puidese afrontar os [[conflitos armados]] abertos e máis, de paso, estabelecer a periodicidade e a seguranza das entregas para a Facenda real. O projecto de reformas completaríase con medidas moralizantes, propostas pola ''Xunta de Reforma'', entre [[1618]] e [[1622]].
 
En [[1624]] a ideoloxía reformadora plasmouse no ''Gran Memorial'', destacando, como grandes líñas de actuación, a consecución dunha [[monarquía]] de talante administrativo, dominada pola eficacia e la racionalización das accións de [[goberno]], encaminadas cara o cumplimento de obxectivos e con criterios puramente executivos.
 
Porén, diversos problemas farían fracasar o proxecto reformador. A cantidade decrecente do [[ouro]] americano que chega ao porto de [[Sevilla]] entre [[1619]] e [[1621]], a oposición das [[Cortes de Castela]] a cambios nos impostos, a oposición dos países contra a ''Unión de Armas'' e o enfrontamento dos consellos con o Conde-Duque e as súas xuntas. Todo coincidíu para que se declarase a primeira [[quebra]] da [[monarquía]] en [[1627]], logo de conseguir dúas grandes vitorias militares en [[1625]] ([[Baiía]] e [[Breda]]). Ademais, a intervención en [[Bohemia]] en [[1618]] e o fracaso na renovación da tregua de [[Antuerpen]] en [[1621]] viciaron a [[política]] exterior, provocando un quebradeiro de cabeza para o goberno de Olivares.
 
A situación foise convertendo de dramática en desastrosa. Apesar do beneficio que, en primera instancia supora a [[quebra]] ao contribuír a enxugar o [[déficit]], os feitos posteriores resultarían nefastos. Así, entre [[1621]] e [[1626]] procedeuse a cuñar moeda de "vellón" en exceso; a carísima intervención en [[Mantua]] foi seguida das derrotas de Matanzas ([[1628]]), Hertogenbosch ([[1629]]) e [[Pernambuco]] ([[1630]]). As medidas tomada empeoraron a situación: a abolició dos millóns por parte de Filipe IV, e o aumento excesivo do [[monopolio]] do [[cloruro de sodio|sal]] en [[1631]] provocaron a rebelión de [[Biscaia]] (1631-1634). Os proxectos de reforma quedaron definitivamente arrombados, instalada a monarquía nun esforzo bélico que implicaba todos os territorios e que consumía os escasos recursos da Facenda.
 
=== Caída de Olivares ===
Liña 57:
Os conflitos abertos en [[Cataluña]] e [[Portugal]] continuaban, uníndose a estes o de [[Aragón]]. Méndez de Haro logrou, en [[1652]], finalizar a [[Guerra dos Segadores]], logo de 15 meses de asedio sobre [[Barcelona]], entrando o mesmo rei na cidade.
 
A presión fiscal, a falta de alimentos, o descontentamento pola alteración da moeda e as levas militares crearan malestar en diversas zonas como no [[Reino de Nápoles]] e en [[Reino de Sicilia|Sicilia]] no [[1647]], na [[Reino de Castela|Coroa de Castela]] entre [[1647]]-[[1652]] e entre [[1655]]-[[1657]].
 
=== Política exterior ===
Liña 71:
 
== Morte e sucesión ==
O rei faleceu o [[17 de setembro]] de [[1665]] en [[Madrid]], sendo inhumado no [[Mosteiro do Escorial]], deixando unha monarquía en profunda recesión e crise e con a autoridade real fortemente cuestionada por [[nobreza|nobres]], [[cidade]]s e [[Monarquía|reinoreinos]]s.
 
Por morte temperá do seu fillo [[Baltasar Carlos de España]], será sucedido polo seu fillo menor [[Carlos II de España]], que foi o derradeiro rei da [[Casa dos Austria|Dinastía dos Austrias]] españois.
 
== Notas ==