Abrir o menú principal

Cambios

m
Bot - borrado de comas antes de etcétera [http://academia.gal/dicionario#searchNoun.do?nounTitle=etc%C3%A9tera]; cambios estética
As figueiras alcanzan normalmente porte [[árbore|arbóreo]], aínda que algunhas especies non crezan moito e permanezan como [[arbusto]]s, outros teñan hábito rubidor, e haxa até especies rastreiras. En todos os casos son plantas [[leñoso|leñosas]], moitas con [[Tronco (árbore)|tronco]] de forma irregular, ou escultural, con [[raíz|raíces]] adventicias e superficiais. As [[folla]]s son alternas, usualmente providas de [[látex]]. As [[flor]]es son diminutas, [[unisexual|unisexuais]], reunidas nunha [[inflorescencia]] especial denominada '''[[sicóns]]''', que consiste nun receptáculo pechado, coas flores inseridas no interior, e un orificio de saída no ápice, ou ''ostíolo''. Os [[froito]]s son [[aquenio]]s que madurecen dentro do propio sinconio, dándoselle o nome de [[figo (froita)|'''figo''']] ó conxunto.
 
As principais diferenzas entre as especies danse no porte, forma do tronco, forma, textura e consistencia das follas, cor, textura e forma dos sinconios, etc. Hai 4 subxéneros de ''Ficus'' separados entre si por características microscópicas nas súas pequenas flores, e pola ocorrencia de plantas unisexuais ou [[hermafrodita]]s.
 
== Ecoloxía ==
Algunhas especies de figueiras só producen figos con flores masculinas ou femininas. Neste caso, é comun que os sinconios "masculinos" presenten flores femininas estériles, incapaces de producir sementes, mais que ainda así servirán de alimento ás larvas das vespas, asegurando que o proceso antes descrito ocorra.
 
== Especies ==
Unhas 830 especies aceptadas das máis de 2.700 descritas e uns 75 táxones infra-específicos aceptados dos máis de 800 descritos.<ref>[http://www.theplantlist.org/browse/A/Moraceae/Ficus/ The Plant List]</ref>
 
* ''F. elastica'', [[árbore do caucho]]<ref>Nome vulgar galego en ''Termos esenciais de botánica'', Universidade de Santiago de Compostela, 2004</ref> ou falsa-[[hevea]], é unha das árbores tropicais mais cultivadas do mundo. Nativa da [[India]], é unha árbore de porte imponente, cuxo tronco e raíces - e até mesmo o tamaño das follas - se pode presentar de maneiras diferentes, de acordo coa variedade e as condicións de cultivo. Normalmente producen moitas raíces adventicias que, ao alcanzar o solo, engrosan como verdadeiros troncos auxiliares. Algúns usan o seu látex como [[bronceador]]. En realidade. este látex é extremamente [[toxicidade|tóxico]], e exposto ao sol, destrúe a [[pel]] (o efecto de "bronceamento", na verdade, é consecuencia da morte do tecido). A exposición prolongada aínda pode causar [[cancro]].
* ''F. benjamina'', ficus ou [[figueira benxamina]], orixinaria da India, é cultivada pola súa follaxe brillante e delicada. É común vela en vasos, con porte baixo e copa podada, mais é unha planta que pode sobrepasar os 20 metros de altura, e as súas raíces poden destruír muros e pavimentos con facilidade.
* ''F. microcarpa'' é outra especie indiana introducida no [[Brasil]] como ornamental. Ao contrario das anteriores, neste país hai vespas capaces de efectuar a súa polinización, de modo que ela consegue reproducirse libremente. As súas sementes xerminan en case calquera condición, inclusive en rachaduras de construcións, pontes, muros, calzadas, etc. Esta especie crece tanto como a [[figueira benxamina]], e en pouco tempo pode destruír todo á súa volta.
* ''F. pumila'', ou ''hera'', ou figueira-rubideira, é moi apreciada como ornamental. Posúe raíces adventicias pequenas que se prenden a calquera superficie, permitindo que a planta creza sobre muros.
* ''F. clusiifolia'', ou figueira-vermella, nativa do Brasil, é unha das que se comportan como "estranguladoras". Ocasionalmente xerminan sobre outras árbores, e compórtanse como [[epífita]]s até que as súas raíces alcancen o solo. Entón as raíces engrosan, crecen en volta da árbore hospedeira, até que a sufocan por apertamento e destrución dos feixes vasculares, e a matan. Os seus froitos son vermellos, pequenos, mais saborosos.
381.287

edicións