Festival de Cans: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot - borrado de comas antes de etcétera [http://academia.gal/dicionario#searchNoun.do?nounTitle=etc%C3%A9tera]; cambios estética
Liña 3:
O '''Festival de Cans''' é un festival de [[curtametraxe]]s que se celebra desde [[2004]] na parroquia de [[Cans, O Porriño|Cans]], no [[Porriño]], en paralelo ao [[Festival Internacional de Cine de Cannes|Festival de Cannes]], no mes de maio. O festival naceu pola semellanza entre os dous nomes (se ben, en francés non se pronuncia o -s final de Cannes).
 
Proxéctanse fundamentalmente curtametraxes galegas e pretende retirarlle todo o cerimonioso que teñen estes certames: as proxeccións non son en cines senón en [[alpendre]]s, [[Adega (industria)|adegaadegas]]s e baixos de casas; en vez de [[limusina]]s o "vehículo oficial" son os [[chimpín]]s, etc., nun concepto que os seus organizadores denominan "agroglamour".
 
Está organizado pola [[Asociación Cultural Arela]] e os veciños e veciñas de Cans, baixo a coordinación do guionista Alfonso Pato. Ten dúas seccións principais, unha de [[ficción]] e outra de [[animación]]. O festival foi ano a ano ampliando as seccións. Dende 2005 existe o "Jalpón Friki", no que se proxectan curtas extravagantes. Dende 2006 estréanse longametraxes, como ''Por min e por todos os meus compañeiros'' de Judas Diz ese ano, e en 2007 ''[[Abrígate]]'' de Ramón Costafreda, ''Gritos no corredor'' de Juanjo Ramírez, ''Só concertinas'' de [[Víctor Coyote]], ''Cartas italianas'' de Marios Iglesias, ''A noite que deixou de chover'' de [[Alfonso Zarauza]], ''[[Doentes (filme)|Doentes]]'' de [[Gustavo Balza]], ''Personal Movie'' de [[Héctor Carré]] ou ''Escuchando al juez Garzón'' de [[Isabel Coixet]]. En 2007 abriuse unha sección para mostrar e premiar os mellores [[videoclip]]s galegos. En 2008 creouse a Sala Multiusos, que acolle proxeccións acompañadas de actuacións musicais no chamado Jaliñeiro Unplugged.
Liña 9:
Cada ano as curtametraxes gañadoras en Cans proxéctanse en varias localidades galegas e diferentes cidades e festivais do mundo: xa se proxectaron en Lisboa, Porto, Madrid, Barcelona, Bristol, A Haia, Bruxelas, París, Dournenez e o Sáhara Occidental, entre outros.
 
Polo Festival de Cans teñen pasado, como convidados, premiados ou participantes nos coloquios, [[Isabel Coixet]], [[Juanma Bajo Ulloa]], [[Fernando León]], [[Manuel Martín Cuenca]], [[Patricia Ferreira]], [[Luis Tosar]], [[Tristán Ulloa]], [[Mabel Rivera]], [[María Pujalte]], [[José Sacristán]], [[Xoel López]], [[Kiko Veneno]], [[Iván Ferreiro]], [[Coque Malla]], [[Javier Krahe]], [[Manuel Rivas]], [[Lucía Echevarría]], [[Suso de Toro]], [[El Gran Wyoming]], [[Teté Delgado]], [[Antonio Durán "Morris"]], [[Julián Hernández]], [[Suso Iglesias]], [[Monti Castiñeiras]], [[Xosé Barato]] e [[Emma Suárez]], entre outros.
 
En [[2009]] recibiu o [[Premios da Crítica Galicia|Premio da Crítica Galicia]], na sección ''Iniciativas culturais''. En [[2011]] a [[Deputación de Pontevedra]] concedeulle ao festival o [[Premios Provinciais á Cultura|Premio Provincial á Cultura]] na categoría de Innovación e Vangarda. En [[2013]] recibiu o [[Premio Internacional Ateneo de Ourense ao Fomento da Cultura]].
 
== Premiados ==
 
=== 2014 ===
* Premio de Honra Pedigree´14: [[María Bouzas]].
* Premio do xurado á mellor curtametraxe de imaxe real: ''Ser e voltar,'' de Xacio Baño.
* Premio do xurado á mellor curtametraxe de animación, por unanimidade: ''Jamón'', de Iria López.
* Premio do público á mellor curtametraxe: ''Tupper'', de Ángel Manzano.
* Premio especial do xurado dos veciños á mellor curtametraxe: ''3-1=0''.
* Premio do xurado á mellor interpretación feminina: Déborah Vukusic por ''3-1=0''.
* Premio do xurado á mellor interpretación masculina: Javier Gutiérrez por ''Tupper''.
* Premio CREA do xurado á mellor dirección: Omar Rabuñal e Daniel Viqueira por ''Koan''.
* Premio AGAG do xurado ao mellor guión: ''Hogar Hogar'', de Carlos Alonso Ojea.
* Premio do xurado á mellor banda sonora: Gautier Galard por ''Jamón''.
* Premio do xurado ao mellor videoclip: “Un gran hijo de puta” de Los Árboles. Dirixido por Manuel Valcárcel.
* Premio do público ao mellor videoclip: “Carreteras” de Dakidarría. Dirixido por Andrés H. Bonader.
* Mención especial para a fotografía de Luís Solarat en ''La Carne Cruda''.
 
=== 2013 ===
* Premio de Honra Pedigree´13: [[Manuel Manquiña]].
* Premio do xurado á mellor curtametraxe de ficción: ''Calquera infinito posible'', dirixida por Roi Fernández.
* Premio do xurado dos veciños de Cans á mellor curtametraxe de ficción: ''Flores para Amalia'', dirixida por Nani Matos.
* Premio do público á mellor curtametraxe de ficción: ''Flores para Amalia'', dirixida por Nani Matos.
* Premio do xurado á mellor curtametraxe de animación: ''Sangre de unicornio'', dirixida por [[Alberto Vázquez]].
* Premio do público á mellor curtametraxe de animación: ''Only you'', dirixida por Belén Sousa.
* Premio do xurado á mellor interpretación masculina: [[Carlos Blanco Vila]], por ''Mal de sangre''.
* Premio do xurado á mellor interpretación feminina: Helena Miquel, por ''Mal de sangre''.
* Premio do xurado ao mellor guión: ''Robin & Robin'', escrito por María Pérez e Hugo Amoedo.
* Premio do xurado á mellor banda sonora: ''Calquera infinito posible'', con música de Roi Fernández.
* Premio do xurado ao mellor videoclip: “Mundo en trance”, de Lemuripop, realizado por Soledado Rebollo.
* Premio do público ao mellor videoclip: “Terra”, de Dakidarría, realizado por Julián Maguna.
 
=== 2012 ===
* Premio de Honra Pedigree´12: [[Antonio Durán "Morris"]].
* Premio do xurado á mellor curtametraxe de ficción: ''Mr Bear'', dirixida por Andrés Rosende.
* Premio do xurado dos veciños de Cans á mellor curtametraxe de ficción: ''Dúas letras'', dirixida por Eloy Varela.
* Premio do público á mellor curtametraxe de ficción: ''Dúas letras'', dirixida por Eloy Varela.
* Premio do xurado á mellor curtametraxe de animación: ''O xigante'', dirixida por Luis Matta e Julio Vanzeler.
* Premio do público á mellor curtametraxe de animación: ''El club del bromista'', dirixida por Luis Usón.
* Premio do xurado á mellor interpretación masculina: [[Luis Zahera]], por ''Conversa cunha muller morta''.
* Premio do xurado á mellor interpretación feminina: Teresa Fraga, por ''Dúas letras''.
* Premio do xurado ao mellor guión: ''El baile maldito'', escrita por Rafa de los Arcos e Miguel Ángel Blanca.
* Premio do xurado ao mellor videoclip: “Puerto del sonido”, de Mullet, realizado por Rubén Domínguez.
* Premio do público ao mellor videoclip: “Desequilibrios”, de Baldosa Amarilla, realizado por Tomás Martínez.
 
=== 2011 ===
* Premio de Honra Pedigree´11: [[María Pujalte]].
* Premio do xurado á mellor curtametraxe de ficción: ''Estereoscopía'', de [[Xacio Baño]].
* Premio do público á mellor curtametraxe de ficción: ''De que se ríen las hienas'', de [[Javier Veiga]].
* Premio do xurado dos veciños de Cans á mellor curtametraxe de ficción: ''El Grifo'', de [[Denis Rovira Van Boekholt]].
* Premio do público á mellor curtametraxe de animación: Vicenta, de [[Sam]].
* Premio do xurado á mellor curtametraxe de animación: ''Birdboy'', de [[Pedro Rivero]] e [[Alberto Vázquez]].
* Premio do xurado á mellor interpretación masculina: ex aequo a [[Celso Bugallo]], por ''El Grifo'', e [[Vicente de Souza]] por ''Estereoscopía''.
* Premio do xurado á mellor interpretación feminina: [[Toni Acosta]], por ''De que se ríen las hienas''.
* Premio do xurado ao mellor guión: [[Javier Veiga]], por ''De que ser ríen las hienas''.
* Premio do xurado ao mellor videoclip: ''Dos semanas'', de [[Misterioso Viaje a Holanda]], realizado por [[Juan Pablo Etcheberry]]
* Premio do público ao mellor videoclip: ''La marcha de las hormigas'' de [[El Cubo]], realizado por [[Andrés Montenegro]] e [[Belén Mendaña]].
* Chimpíns de prata
** [[Roberto Vilar]]
** Serafín Campos
 
=== 2010 ===
* Premio Pedigree'10 de honra: [[Ernesto Chao]].
* Premio do xurado á mellor curta de ficción: ''Rodilla'', de [[Juanjo Giménez]].
* Premio do xurado á mellor curta de animación: ''A nena que tiña unha soa orella'', de [[Álvaro León]].
* Mención especial do xurado á curta de animación: ''Mi vida en tus manos'', de [[Nuno Beato]].
* Premio do xurado dos veciños á mellor curta de ficción: ''Padre modelo'', de [[Alejandro Marzoa]].
* Premio do público á mellor curta de ficción: ''Instalación'', de [[Xosé Díaz]].
* Premio do público á mellor curta de animación: ''Pequena gran aventura'', de [[Juan Carlos Abraldes]].
* Premio do xurado á mellor actriz: [[Nuncy Valcárcel]], por ''Coser e cantar''
* Premio do xurado ao mellor actor: ex aequo a [[Fernando Cayo]] e [[Javier Guitiérrez]], por ''El vendedor del año''.
* Premio do xurado ao mellor videoclip: ex aequo para ''[[Nuestra fe en el veneno]]'', de [[Franc3s]], realizado por [[Javi Camino]], e ''[[Grelo 66]]'', de [[Kastomá]], realizado por [[Gaspar Broullón]] e [[Matías Tarrío]].
* Premio do público ao mellor videoclip: ''[[In silence]]'', de [[Catpeople]], realizado por [[Adrián Pérez]].
* Chimpíns de Prata:
** Moncho Fortes, veciño de Cans.
** [[Víctor Fábregas]], actor.
 
=== 2009 ===
* Premio Pedigree'09 de honra: [[Xavier Villaverde]].
* Premio do xurado á mellor curta de ficción: ''Por nada'', de [[Dani de la Torre]].
* Premio do xurado á mellor curta de animación: ''O pintor dos ceos'', de [[Jorge Morais]].
* Premio do público á mellor curta de ficción: ''Uruguay 2030'', de [[Rafa de los Arcos]].
* Premio do público á mellor curta de animación: ''The werepig'', de [[Sam Ortí]].
* Premio do xurado á mellor actriz: [[Henar Jiménez ]] , por ''Uruguay 2030''
* Premio do xurado ao mellor actor: ex aequo a [[Edgar Blanco]], por ''Uruguay 2030'' e a [[Vicente de Souza]] por ''Queres ser director de cine?''.
* Premio do xurado ao mellor videoclip: "[[Gone to Liverpool]]" de [[Niño y Pistola]], realizado por [[Manolito Portolés]].
* Premio do público ao mellor videoclip: "[[Es feo]]" de [[Manos de Topo]], realizado por [[Kike Maíllo]].
* Chimpíns de Prata:
** Silvino, veciño de Cans.
** [[Camila Bossa]], actriz.
 
=== 2008 ===
* Premio Pedigree'08 de honra: [[Chete Lera]].
* Premio do xurado á mellor curta de ficción: ''[[Sálvame]]'', de [[Javier Veiga]].
* Mención especial do xurado na categoría de ficción: ''[[Perversa Lola]]'', de [[Sonia Méndez]].
* Premio do xurado á mellor curta de animación: ''[[1977]]'', de [[Peque Varela]].
* Premio do público á mellor curta de ficción: ''[[Sálvame]]'', de [[Javier Veiga]].
* Premio do público á mellor curta de animación: ''[[A revolta dos mouses]], de [[David Gen]].
* Premio do xurado á mellor actriz: [[Nuria Sanz]], por ''[[Perversa Lola]]''
* Premio do xurado ao mellor actor: [[Luis Zahera]], por ''[[Rosita y Jacinto]]''.
* Premio do xurado ao mellor videoclip: "[[Calamar]]" de [[The Homens]], realizado por [[Roi Fernández]] e [[Isaac Cordal]].
* Premio do público ao mellor videoclip: "[[España a las 8]]" de [[Elodio y los Seres Queridos]], realizado por [[Alberto Bahamonde]] e Piño.
* Chimpíns de Prata:
** Alicia Sánchez, veciña de Cans.
** [[Miguel de Lira]], actor.
 
=== 2007 ===
* Premio Pedigree'07 de honra: [[Antón Reixa]].
* Premio do xurado á mellor curta de ficción: ''[[Sen chumbo]]'', de [[Jorge Saavedra]].
* Mención especial do xurado na categoría de ficción: ''[[As carreiras secretas]]'', de [[Antón Coucheiro]] "Cou".
* Premio do xurado á mellor curta de animación: ''Promesa'', de [[Fernando Cortizo]].
* Premio do público á mellor curta de ficción: ''[[Tempada 92-93]]'', de [[Alexandre Marzoa]].
* Premio do público á mellor curta de animación: ''[[A flor máis grande do mundo]]'', de [[Juan Pablo Echeberry]].
* Premio do xurado á mellor actriz: [[Cristina Castaño]] por ''[[Sen chumbo]]''.
* Premio do xurado ao mellor actor: [[Xulio Abonjo]] por ''[[Sen chumbo]]''.
* Premio do xurado ao mellor videoclip: "[[Song 74]]" de [[Niño y Pistola]], realizado por [[Manolito Portolés]].
* Premio do público ao mellor videoclip: "[[Como cada día]]" de [[El Cubo]], realizado por [[Miguel de la Peña]].
 
=== 2006 ===
* Premio Pedigree'06 de honra: [[Mabel Rivera]].
* Premio do xurado á mellor curta de ficción: ''[[Nais]]'', de [[Mario Iglesias]].
* Premio do xurado á mellor curta de animación: ''[[Os 2 lados da valla]]'', de [[Diego Méndez]].
* Premio do público á mellor curta de ficción: ''[[Quérote mal]]'', de [[Mireia Giró]].
* Premio do público á mellor curta de animación: ''[[O señor dos mosquis (O retorno da lei)]]'' de [[David Rubín]].
* Premio do xurado ao mellor actor: [[Ricardo de Barreiro]] por ''[[Bos días]]''.
* Premio do xurado á mellor actriz: ex aequo a [[Isabel Naveira]] por ''[[Quérote mal]]'' e a [[Isabel Rey]] por ''[[Nais]]''.
 
=== 2005 ===
* Premio Pedigree'05 de honra: [[Celso Bugallo]].
* Premio do xurado á mellor curta de ficción: ''Intensidade'', de [[Mario Iglesias]].
* Premio do xurado á mellor curta de animación: ''Minotauromaquia (Pablo no labirinto)'', de [[Juan Pablo Echeberry]].
* Premio do público á mellor curta de ficción: ''A boa caligrafía'', de [[Álex Sampaio]].
* Premio do público á mellor curta de animación: ''Minotauromaquia (Pablo no labirinto)'', de Juan Pablo Echeberry.
 
=== 2004 ===
* Premio Pedigree'04 de honra: [[Luis Tosar]].
* Premio do xurado á mellor curta de ficción: ''A petición de man'', de [[Ben Temple]].
* Premio do xurado á mellor curta de animación: ''De tripas e corazón'', de Juan Pablo Echeberry.
* Premio do público: ''A petición de man'', de Ben Temple.
 
== Véxase tamén ==
=== Ligazóns externas ===
* [http://www.festivaldecans.com Sitio oficial do festival]
 
[[Categoría:O Porriño]]