Diferenzas entre revisións de «Fervenza do Ézaro»

m
Bot - borrado de comas antes de etcétera [http://academia.gal/dicionario#searchNoun.do?nounTitle=etc%C3%A9tera]; cambios estética
m (ligazón a O Ézaro, Dumbría)
m (Bot - borrado de comas antes de etcétera [http://academia.gal/dicionario#searchNoun.do?nounTitle=etc%C3%A9tera]; cambios estética)
[[Ficheiro:Ezaro - 01 - Fervenza-Cascada-Waterfall.jpg|dereita|miniatura|350px|Panorámica da fervenza.]]
 
A zona ten unha [[paisaxe]] impoñente de gran valor [[Ecoloxía|ecolóxico]]. A fervenza está rodeada de espectaculares microformas graníticas que forma o [[Monte Pindo]], coma a Pedra do Brazal, un milagre de equilibrio natural. A existencia de paraxes cun gran valor ecolóxico coma a área de Vilafernández, salientan pola súa flora e fauna autóctona. Nos arredores da fervenza atopamos especies botánicas únicas en Galicia coma o [[carballo anano]] (''Quercus lusitanica''), unha herba hidrófila chamada ''[[Isoetes longissimum]]'' que ocupa os ríos con augas ben osixenadas, ou a escasa herba carnívora ''[[Drosera anglica]]''. Polo xeral a vexetación é típica de matogueira con [[Ulex|toxotoxos]]s, [[Erica (xénero)|uces]] e [[queiroa]]s, e con [[Piñeiro bravo|piñeiros]] e [[Carballo común|carballos]] principalmente coma estrato arbóreo.
Respecto da fauna atopamos unha pequena variedade de mamíferos coma [[lebre]]s, [[coello]]s, [[Xabaril|xabarís]], mais hai que destacar a presenza da [[lontra]] ou o [[lobo]], de interese non só natural, senón tamén cultural. No encoro da Fervenza áchanse poboacións de aves de zonas húmidas coma [[Ave rapaz|rapaces]], [[parrulo]]s, [[garza]]s. Son tamén frecuentes aves coma os [[Moucho común|mouchos]] e as [[curuxa]]s. Dos [[anfibio]]s abondan unha gran variedade específica de [[ra]]s nomeadamente no encoro de Ponte Olveira. No río atopamos sobre todo [[troita]]s e [[Escalo (peixe)|escaloescalos]]s.
 
O arredores da fervenza, o [[Monte Pindo]], e en xeral, a paisaxe de Dumbría, incluíuse coma [[Lugar de importancia comunitaria]] ([[Lugar de importancia comunitaria de Carnota - Monte Pindo|LIC Carnota-Monte Pindo]]), integrada na [[Rede Natura 2000]], e foi declarada en 2004 [[Zona de Especial Protección dos Valores Naturais]]. Con todo polo de agora carece dunha figura de protección xurídica, polo que moitas asociacións intentan que se declare ao Monte Pindo [[parque natural]]. En setembro de 2013 declarouse un [[incendio forestal]] de nivel 1 que leva calcinadas unhas 1.000 hectáreas<ref>http://www.lavozdegalicia.es/noticia/galicia/2013/09/12/incendio-monte-pindo-quemado-1000-hectareas/00031378970517088514163.htm?idioma=galego</ref>.
 
== Aproveitamento da fervenza ==
O caudal do Xallas mantense constante por causa dos numerosos [[encoro]]s que nel se teñen construído. En [[1897]], a Sociedade Española de [[carburo metálico|Carburos Metálicos]], hoxe parte do grupo [[FerroAtlantica]], asentouse na zona e daquela datan as primeiras construcións para obter enerxía. O encoro máis importante é o de Fervenza, construído na década dos anos 60 do [[século XX]]. En [[Ponte Olveira]] hai outra central. Máis abaixo, da presa de [[Brazal]] parten as canalizacións cara Ézaro; máis abaixo, atópase o [[encoro de Santa Uxía]], construído na década dos anos 80. Na súa desembocadura están situadas tres [[central hidroeléctrica|centrais hidroeléctricas]]: Castrelo, Santa Uxía e Pindo, esta última de principios do século XX.
 
Até 2012 as augas céibanse soamente os domingos do verán ao mediodía. Desde [[2006]], ampliouse o horario aos sábados á noite, cun espectáculo de luces. Dende 2012 a fervenza pode verse todos os días.<ref>http://www.lavozdegalicia.es/galicia/2011/04/14/0003_201104G14P8991.htm</ref>
 
== Etnoloxía ==
Aínda que en [[Escocia]] e nos [[fiorde]]s nórdicos existen regueiros que desembocan no mar, é o [[Río Xallas|Xallas]] o único río de envergadura en Europa que desemboca deste xeito no océano. Por isto, a fervenza do río Ézaro vese chea de lendarias historias: desamores de princesas, poderes sobrenaturais, encantamentos, ritos, etc. Dise que tras das súas augas existe unha porta máxica gardada por [[bruxa]]s que levará embaixo do río ao mozo que se atreva a pasar, podendo daquela casar cunha bela princesa encantada e posuír unha enorme fortuna.
 
== Turismo ==
Desde o 12 de abril de 2012 a fervenza pode verse todos os días, sen necesidade de consultar un calendario de aperturas. Ademais das rutas de sendeirismo, o piragüismo, a pesca e outros deportes acuáticos son actividades fortes en Dumbría, son os deportes acuáticos.
 
== Enchentes de 2013 ==
En xaneiro de 2013, a causa das abundantes precipitacións e escorrentas, a fervenza recuperou un caudal que non tiña había decenios, pois obrigou á central hidroeléctrica que zuga os seus quilovatios a ceibar as augas do río Xallas ante a ameaza de que a enchente estragase as instalacións da antiga hidroeléctrica do Pindo, hoxe Ferroatlántica.<ref>http://www.montepindo.org/</ref>
 
== Notas ==
{{listaref|1}}
 
393.002

edicións