Federalismo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot - borrado de comas antes de etcétera [http://academia.gal/dicionario#searchNoun.do?nounTitle=etc%C3%A9tera]; cambios estética
Liña 1:
O '''Federalismo''' é unha forma de organización política. Esta organización fórmana organismos distintos (que poden chamarse ''estados'' - como no [[Brasil]] e [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]], ''provincias'' - como en [[Arxentina]], ''cantóns'' - como en [[Suíza]], o outro nome) que se asocian, delegando parte de súas liberdades ou poderes a un organismo superior ou centralizador (Estado federal, [[federación]]). Pero conservan algunha soberanía e algunhas competencias exclusivas, xa que non delegan todas para o organismo central.
 
=== Federación X Confederación ===
A diferenza entre unha [[federación]] e unha [[confederación]] é que, na última, o poder central é máis limitado. Tamén se pode considerar unha confederación cando unha serie de estados (ou países) temporalmente comparten a súa soberanía nalgúns aspectos, pero conservan o poder de se desligaren do pacto unilateralmente. Pero nunha federación, non hai esa liberdade de desligamento: a autonomía dos entes federativos ata pode crecer co paso do tempo e mudanzas nas [[lei]]s, pero en xeral a [[constitución]] do país non dá ás entidades federativas o dereito a decidiren a secesión.
 
=== Organización política ===
En xeral, a [[defensa]], a política exterior (relación con outras nacións), a [[moeda]] e as grandes liñas da [[economía]] son de competencia da [[federación]]. Pero a administración da [[saúde]], [[educación]], a competencia para crear algúns impostos, a organización das [[policía]]s e outras tarefas, son de responsabilidade dos estados-membros, provincias ou cantóns.
 
Conforme a constitución de cada país, o grao de autonomía de cada estado-membro para facer as súas lexislacións locais pode ser maior o menor. Nos [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]], por exemplo, ós estados elaborar as súas propias leis penais, comerciais, civís e administrativas pois a constitución estadounidense non restrinxe este dereito. Por esta razón é que hai estados estadounidenses que permiten a [[pena de morte]], o casamento de [[homosexualismo|homosexuais]], e outros non. Xa no [[Brasil]], a lexislación civil, penal, comercial, parte das lexislacións tributaria (as normas xerais para creación de novos impostos) e administrativa é de responsabilidade do goberno federal. O [[estado de São Paulo]], por exemplo, non pode alterar as leis penais para punir máis severamente algúns crimes o amnistiar outros, porque a lexislación penal é de competencia federal. Pero pode aumentar ou diminuír o [[imposto]] sobre os [[automóbil]]es por leis estatais, porque a constitución brasileira así o permite.
 
=== Constitución ===
En xeral, quen dá os límites da autonomía das entidades federadas é a [[constitución]] de cada país. É a constitución que define as competencias que serán exclusivas da Unión (federación), as que serán exclusivas dos estados-membros/cantóns/provincias, e as que serán ou poderán ser compartidas.
 
=== Federalismo simétrico e asimétrico ===
Chamamos ''federalismo simétrico'' cando hai igualdade de competencia entre todas as unidades rexionais, sen diferenciación de graos de autonomía entre elas. Se unha unidade rexional (estado, provincia, etc) pode lexislar sobre certo tipo de asunto, outra pode lexislar sobre aquel mesmo asunto, aínda que de modo diferente, cada cal no seu território.
 
Chamamos ''federalismo asimétrico'' cando algúns territorios teñen máis autonomía nalgúns asuntos que outros. Isto ocorre normalmente en países que teñen diferenzas culturais en parte de seu territorio. Por exemplo: no [[Canadá]], soamente a provincia de [[Québec]] ten autonomía para fixar a súa lingua oficial, e o fai de forma diferente do resto do país: alí, o [[lingua francesa|francés]] é o idioma oficial.