Diferenzas entre revisións de «Falsa acacia»

m
Bot - borrado de comas antes de etcétera [http://academia.gal/dicionario#searchNoun.do?nounTitle=etc%C3%A9tera]; cambios estética
(corrixo "soe" por "acostuma" ou "adoita")
m (Bot - borrado de comas antes de etcétera [http://academia.gal/dicionario#searchNoun.do?nounTitle=etc%C3%A9tera]; cambios estética)
Orixinaria de [[América do norte]], foi introducida en Europa onde se considera [[especie invasora]]. É moi común en [[Galicia]].
 
== Etimoloxía ==
O nome do xénero Robinia dedicoullo o naturista [[Carl von Linné]] ao [[botánica|botánico]] [[Jean Robin]], 1550-1629, [[botánica|botánico]] do rei [[Henrique IV de Francia]], que introduciu esta árbore en [[Francia]] procedente das [[Colonias francesas|colonias francesas americanas]]. O primeiro individuo, plantado na praza Dauphine de [[París]] en 1601, desapareceu hai anos, mais dos seus regromos aínda sobreviven algunhas árbores hoxe na vila: unha no barrio : René-Viviani plantada en 1601<ref>{{Cita libro|nome= Jacques Hillairet|título= Dictionnaire historique des rues de Paris| editor= éditions de Minuit|ano=1985|isbn=2707310549|páxina=452}}</ref>), e outra no xardín botánico parisién: ''Jardin des plantes de Paris'', plantada en 1636.<ref>[http://www.mnhn.fr/museum/foffice/tous/tous/guidePratique/lieuxVisiter/LieuxAVisiter/FLieuAVisiter.xsp?AE_ID=225&ID=214&INFO_ID=21&LIEU_ID=158&MAN_ID=273&SITE_ID=10&fidx=1&idx=6&nav=liste Site officiel du Muséum national d'histoire naturelle]</ref>
Aínda con semellanzas ás especies do xénero ''Acacia'', a robinia non pertence a tal xénero, de aí o termo da especie: ''pseudacacia'' e o nome común galego de acacia falsa ou bastarda.
 
== Descrición ==
[[Ficheiro:Robinia pseudoacacia - Ardenne.JPG|miniatura|upright=.75|esquerda|Aspecto da árbore na primavera.]]
 
A arboriña pode acadar os 20 ou 30 m de altura. Adoita formar pequenas manchas boscosas monospecíficas invasoras a partir dos numerosos abrochos que saen a xeito de fillos da planta nai.
 
O tronco é pardo cinsento cunha casca grosa profundamente fendida en sentido lonxitudinal<ref name=Arbres>{{fr}} ''Arbres'', Jaromir Pokorny, p. 118, ISBN 2-7000-1818-4, Éditions Gründ, 1987.</ref>. A pólas novas son [[espiña (botánica)|espiñentas]].
 
Posúe unha copa ampla pouco mesta con follas compostas por entre nove e vinte e un [[folíolo]]s ovais <ref name=Arbres/>de cor verde amarelentos que se viran amarelos no outono antes da caída. É común a seca dalgunhas pólas, e nalgúns casos da árbore enteira. As [[estípula]]s das follas das pólas sen flores transfórmanse en espiñas, que fican despois da caída das follas.
 
== Distribución ==
Orixinaria da rexión dos [[Montes Apalaches]], no leste de América do Norte, a falsa acacia foi introducida en Europa, e se lle considera especie invasora en Francia, [[Alemaña]], no norte de [[Italia]], [[Polonia]], [[Países Baixos]], [[Suíza]], [[Hungría]], [[Grecia]] e [[Chipre]]. Ademais atópase no norte de [[España]], en [[Turquía]], en [[Israel]], en [[Australia]] e en [[Nova Zelandia]]. A súa distribución é favorecida pola agricultura.
 
En Galicia áchase naturalizada nas zonas baixas de todo o territorio dende principios do século XX.
 
== Hábitat ==
É unha árbore de pouca altitude (por baixo dos 700 m) naturalizada no oeste de [[Europa]], non pasando ao norte os Países Baixos. Plantouse igualmente para estabilizar noiros arrentos* e rochosos e tamén pola súa madeira de bastante calidade e resistencia a humidade.
É unha árbore pioneira, isto quere dicir que se limita a colonizar terras degradadas que, por outra banda e por ser unha leguminosa, enriquece o solo coa fixación de azote. Prefire solos pobres en calcaria, aínda que medra en calquera solo, agás nos lameiros e solos con arxila moi compactos. É unha árbore heliófila, fuxindo de zonas moi sombrías.
Con 3,2 millóns de hectáreas no mundo, é a terceira especie de madeira dura máis plantada no mundo despois dos [[lamigueiro]]s e dos [[eucalipto]]s.
 
En Galicia é común en solos pobres de noiros, colonizando leiras abandonadas e terreos incendiados, e incluso naturalizada en [[Fraga (botánica)|fragas]] e arboredos. Tamén é común o seu uso en [[Xardín|xardinería]] urbana.
 
== Especie invasora ==
 
== Usos ==
* A madeira emprégase en carretaría, [[Ebanistería|ebanistaría]], tornaría, etc. para facer mobles, xogos para nenos ao ar libre e [[parqué]]. Ten una elevada resistencia e unha durabilidade natural moi boa. Emprégase tamén coma [[leña]] para facer lume ou achas.
* As abellas producen coas flores de robinia un [[mel]] coñecido popularmente como mel de acacia.
* As raíces teñen unha elevada capacidade para a [[fixación do nitróxeno|fixación de nitróxeno]] atmosférico. Tamén é empregada a robinia para fixar noiros.
Algúns especialistas comparan as virtudes da [[sófora]] (''[[Styphnolobium japonicum]]'') contra as da robinia. A primeira carece de espiñas porén ten o problema de que os seus froitos pegañentos emporcan as rúas onde son plantados.
 
Entre outras características, a robinia acidifica o solo e determina a perda de [[catión|catións]]s ao fixar o [[nitróxeno]].<ref>http://webdoc.sub.gwdg.de/diss/2005/berthold</ref>
 
== Notas ==
{{wikispecies|Robinia pseudoacacia|Robinia pseudoacacia}}
{{commons}}
=== Ligazóns externas ===
* [http://www.giftpflanzen.com/robinia_pseudoacacia.html Lectinas] (en alemán).
* [http://www.infor.cl/robinia/ ''El "Proyecto Robinia" en Chile''] (en castelán e inglés).
* [http://webdoc.sub.gwdg.de/diss/2005/berthold/ Fixadora de nitróxeno] (en alemán).
* [http://www.peirao.com/tema_ver.php?id_tema=573 Robinia] (en castelán).
* [http://www.waldwissen.net/themen/waldschutz/invasive_neue_arten/wsl_robiniengallmuecke_FR?-C=& Insectos minadores de ''Robinia pseudoacacia'' nos Alpes suízos] (en alemán)
 
[[Categoría:Árbores]]
387.734

edicións