Falseamento: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
corrixo
m Bot - borrado de comas antes de etcétera [http://academia.gal/dicionario#searchNoun.do?nounTitle=etc%C3%A9tera]; cambios estética
Liña 1:
O '''falseamento''', '''falsabilidade''', '''falseabilidade''', '''falsacionismo''', '''refutabilidade''', '''refutacionismo''' ou '''principio de falseamento''', que de todas estas formas, entre outras, pode verse escrito,<ref>En portugués: ''falseabilidade, falsificabilidade, refutabilidade''; en castelán: ''falsacionismo, refutacionismo, principio de falsabilidad''; catralán: ''falsabilitat''; italiano: ''falsificabilitá''; francés: ''refutabilité'', ''falsifiabilité''; inglés: ''falsability'', ''refutability'', etc.</ref> son termos que son diferentes adaptacións do alemán ''Fälschungsmöglichkeit''.
 
O ''falseamento'' ou ''refutabilidade'' é un importante [[concepto]] da [[epistemoloxía]] descrito polo [[filósofo]] [[Austria|austríaco]] [[Karl Popper]]. Para este, contrastar unha [[teoría]] significa intentar refutala mediante un contraexemplo. Se non é posíbel refutala, dita teoría queda corroborada, e pode aceptarse provisionalmente, aínda que non verificada.
Liña 31:
Popper propón un método científico de conxectura polo cal se deducen as consecuencias observábeis e se poñen a proba. Se falla a consecuencia, a hipótese queda refutada e debe entón rexeitarse. En caso contrario, se todo é comprobado, repítese o proceso considerando outras consecuencias deducíbeis. Cando unha hipótese sobreviviu a diversos intentos de refutación dise que está corroborada, pero isto non os permite afirmar que quedou confirmada definitivamente, senón só provisionalmente, pola evidencia empírica.
 
== O método falseacionista ==
 
Para os falseacionistas o científico é un artista en tanto que debe propoñer audazmente unha teoría que logo será sometida a rigorosos experimentos e observacións. O avance na ciencia está en falsear sucesivas teorías para así, sabendo o que non é, poder acercarse cada vez máis ao que é.
Liña 70:
{{Listaref}}
 
== Véxase tamén ==
 
=== Artigos relacionados ===
Liña 93:
* Angeles, Peter A. (1992): ''Harper Collins Dictionary of Philosophy'', 2ª ed. New York: Harper Perennial. ISBN 0-06-461026-8.
* Feyerabend, Paul K. (1975): ''Against Method: Outline of an Anarchistic Theory of Knowledge'', Londion: Humanities Press. Reimpresión: London, Verso, 1978.
* Kuhn, Thomas S. (1962): ''The Structure of Scientific Revolutions''. Chicago: University of Chicago Press. 2ª ed. 1970. 3ª ed. 1996.
* Popper, Karl (1959): ''The Logic of Scientific Discovery''. New York: Basic Books.
* Popper, Karl (1963): ''Conjectures and Refutations''. London: Routledge.