Existencialismo: Diferenzas entre revisións
Contido eliminado Contido engadido
corrixo |
m Bot - borrado de comas antes de etcétera [http://academia.gal/dicionario#searchNoun.do?nounTitle=etc%C3%A9tera]; cambios estética |
||
Liña 1:
Con este nome desígnase un amplo movemento [[filosofía|filosófico]] desenvolvido en Europa principalmente entre os anos 30 e 50 do século pasado. Ademais do existencialismo ''sensu stricto'' do filósofo [[Jean-Paul Sartre]] e de novelistas como [[Simone de Beauvoir]] ou [[Albert Camus]], inclúense tamén baixo esta rúbrica, non sen certa polémica, as filosofías existenciais de [[Gabriel Marcel]], [[Karl Jaspers]] e [[Martin Heidegger]], así como a [[teoloxía]] existencial de [[Karl Barth]], entre outros. Como precursor de todos eles soese mencionar o pensador danés [[Søren Kierkegaard]].
== Obxecto de reflexión da filosofía existencialista ==
A reflexión filosófica dos pensadores existencialistas arranca dun estudo da [[existencia]] humana, entendida como unha “realidade” individual peculiar e diferente do resto dos obxectos da [[natureza]]. Estes últimos, como indica Heidegger, están aí diante, á vista, podendo un observalos e reflexionar [[Obxectividade|obxectivamente]] sobre eles. Por exemplo, a árbore que está aí no meu xardín e que estou a contemplar. Os obxectos do mundo, como esta árbore, teñen unha serie de características comúns con outros obxectos similares que permiten elaborar unha [[definición]] idéntica para todos eles. Este sería, precisamente, un dos obxectivos de gran parte da filosofía tradicional, é dicir, definir o que as cousas son en función da [[esencia]] común a todos os exemplares da mesa [[especie]]. Pero a nosa existencia nunca se nos presenta como algo contemplable e exterior a nós mesmos (como, por exemplo, a árbore que está enfronte de nós), senón que, como di Marcel, é un “misterio” no que cada un está incorporado (''[[O misterio do ser]]''). A existencia [[experiencia|experimentámola]] só en primeira persoa vivíndoa. Eu experimento a miña existencia, ti a túa
== Metodoloxía existencialista ==
O caracter íntimo e persoal da existencia humana representa un novo ámbito inaccesible tanto para os procedementos racionais dos filósofos cos seus argumentos lóxicos, como para os procedementos empíricos dos científicos. Reclámanse entón novos medios para o filosofar. Marcel sinala esta diferenza metodolóxica recorrendo á distinción entre ''reflexión primeira'' (propia dos saberes obxectivos) e ''reflexión segunda'' (propia da filosofía existencial). Esta distinción, basicamente compartida por todos os filósofos existencialistas, é a orixe dunha constante desconfianza respecto da [[Razón]] humana. Esta cosifica e clasifica a realidade en compartimentos estancos e fixos. Pero como a existencia humana caracterízase polo continuo cambio entón non ten un ser estático, senón que depende do que cada individuo está a facer na súa [[vida]] coas súas decisións, actividades
Debido ó caracter único e “irracional” de cada existencia humana, os existencialistas recorren a descricións de situacións existenciais concretas e persoais, por medio de relatos [[biografía|biográficos]] ou novelados, como medio literario máis axeitado para expresar o universo emocional da existencia humana (por exemplo, Marcel e Sartre).
== Tipos de existencialismo ==
Atendendo á cuestión da existencia de [[Deus]], é común dividir o existencialismo filosófico en tres tipos:
Liña 19:
3. ''Existencialismo agnóstico'' (Heidegger)
O enfoque existencialista da filosofía posúe unha tintura pesimista e [[traxedia|tráxica]], acentuada polo tratamento de temas como a [[morte]], a [[angustia]], as situacións límite, o absurdo da vida
Os existencialistas enfróntanse de diferentes xeitos ó aspecto tráxico da vida. Así, Sartre conclúe que a existencia humana está condenada ó fracaso, xa que consiste nunha aspiración a ser como Deus, mais este é para Sartre unha realidade inexistente e absurda. De aí que a existencia humana careza de sentido e estea tamén condenada ó absurdo. Heidegger, en cambio, mantén as súas análises existenciais nun plano neutral e meramente descritivo sen extraer ningunha conclusión respecto do sentido da existencia humana ou sobre o tema da existencia divina. Por último, Jaspers e Marcel ven unha posibilidade de superación do [[nihilismo]] en certas experiencias existenciais, irreductibles a unha explicación racional e que, segundo eles, abren ó ser humano á transcendencia divina. Marcel, por exemplo, sérvese da [[Fe (relixión)|fe]] cristiá para abeirar a crenza en Deus e asumir a esperanza dunha vida eterna alén da morte aparente á que nos destina esta existencia humana no mundo.
|