Exiptoloxía: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lameiro (conversa | contribucións)
corrixo *aspeito e outros
m Bot - borrado de comas antes de etcétera [http://academia.gal/dicionario#searchNoun.do?nounTitle=etc%C3%A9tera]
Liña 10:
No [[século XV]] publicáronse en [[Europa]] os ''Hieroglyphica'' de [[Horapollo]], unha obra do [[século IV]] de pretendida orixe exipcia con explicacións simbólicas duns douscentos [[hieroglifo exipcio|hieroglifos]]. Tamén se publicou o ''Corpus Hermeticum'', colección de tratados filosóficos dos primeiros séculos cristiáns con ideas exipcias mesturadas con [[neoplatonismo|neoplatónicas]]. Ambos os dous textos confirmaban a crenza dos gregos na superior sabedoría dos exipcios.
 
No [[século XVI]], os [[anticuario]]s comezaronse a interesar polos obxectos exipcios, moitos dos cales foran importados para o culto popular de [[Isis]] desde os comezos do [[Imperio Romano]], e apareceron xa nas primeiras publicacións de antigüidades, xunto cos [[obelisco]]s. A finais deste século iniciáronse as visitas na procura de antigüidades, como as de [[Pietro della Valle]]. Trouxéronse [[momia]]s exipcias, manuscritos [[copto]]s, etc. As viaxes fixéronse máis frecuentes, dada a maior apertura o [[Imperio Otomán]], e realizábannas moitas veces relixiosos ([[capuchino]]s, [[dominico]]s e [[xesuíta]]s).
 
== Viaxes de investigación ==
Liña 30:
A comezos do [[século XX]], [[F.L. Griffith]] e [[Wilhelm Spiegelberg]] realizaron os avanzos máis grandes na compresión das escritas [[Demótico exipcio|demótica]], cursiva e na lingua dos Períodos tardío e grecorromano; [[Adolf Erman]] estudou as fases máis antigas da [[lingua exipcia]]; En [[1927]], sir [[Alan Gardiner]] publicou unha gramática do exipcio do Imperio Medio que ainda hoxe é a referencia. En [[1944]], [[H. J. Polotsky]] publicou un estudo revolucionario dalgúns aspectos da gramática exipcia e [[lingua copta|copta]]; o dicionario de Adolf Erlman e Hermann Grapow, en once volumes ([[1926]]-[[1953]]), é tamén a obra de referencia.
 
Fundáronse numerosas institucións estranxeiras dedicadas aos estudos exiptolóxicos, como o Fondo para a Exploración de Exipto, o Instituto Francés de Arqueoloxía Oriental de Cairo ou o Instituto Arqueolóxico Alemán, así como centros de estudo específicos en [[Bruxelas]], [[Chicago]], [[Turín]], etc.
 
O [[Servizo de Antigüidades de Exipto]], ou Consello Supremo das Antigüidades de Exipto, fundado por Auguste Mariette, tivo como primeiro funcionario exipcio a Ahmed Kamal ([[1849]]-[[1932]]), que traballou no Museo do Cairo e realizou numerosas escavacións. Desde [[1952]] ambos os dous organismos están en mans exipcias. O Servizo ten escavado máis que ningunha outra institución. O responsábel actual é Zahi Hawass{{Cando}}.