Etruscos: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
agora faise en d:Wikidata
m Bot - borrado de comas antes de etcétera [http://academia.gal/dicionario#searchNoun.do?nounTitle=etc%C3%A9tera]
Liña 3:
 
== Historia ==
Ao principio, dedicáronse ás correrías e á piratería, ata que a súa superioridade militar lles permitiu imporse ás poboacións autóctonas ([[umbros]], [[Liguria|lígures]], etc,...). Xa no [[século -VII|VII a C.]] constituíran un poder forte e dominaban un territorio que se chamou [[Etruria]], fundando tamén a cidade de [[Tarquinia]]. Foi entón cando emprenderon a súa política expansiva, ocupando as rexións contiguas a [[Umbría]] e expandíndose polo val de [[río Po|Po]]. A eles se debe a fundación de [[Parma]], [[Mantua]] e [[Milán]] e a ocupación de numerosas cidades, como [[Cortona]], [[Perusa]], [[Boloña]] e varios portos do Tirreno e comarcas como o [[Piceno]]. No [[-540|540]] a.C. aliáronse cos [[Cartago|cartaxineses]] para expulsar os gregos de [[Córsega]] e despois lanzáronse á conquista do [[Lacio]] e da [[Campania]]. O seu contacto cos gregos da colonia de [[Cumas]] permitiulles adoptar algúns elementos da súa civilización, como o [[alfabeto etrusco|alfabeto]].
 
A finais do século VI a. C comezou a decadencia do poderío etrusco. O [[Tiranía|tirano]] de Cumas, [[Aristodemo]], logrou rexeitalos e favoreceu a sublevación do [[Lacio]]. [[Roma]] expulsou o seu derradeiro rei, [[Tarquinio o Soberbio]] e proclamou a República. No [[-474|474 a.C.]] os campanos, aliados cos siracusanos, desfixeron a flota etrusca, mentres os [[samnitas]] ocupaban a Campania e os [[galos]] dende o norte, ocupaban o val do Po. Co tempo Roma e a súa política de conquista de Italia, rematou co poder etrusco.