Espiña (botánica): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Angeldomcer (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
m Bot - borrado de comas antes de etcétera [http://academia.gal/dicionario#searchNoun.do?nounTitle=etc%C3%A9tera]; cambios estética
Liña 5:
 
As '''espiñas''' son en botánica pugas duras e agudas que nacen no [[talo]] ou [[póla]]s dalgunhas plantas. Tamén se denominan espiños ou picos. Son formacións agudas , ás veces ramificadas, provistas de tecido vascular, moi ricas en tecidos de sostén e, como consecuencia, ríxidas. As espiñas poden ter a súa orixe como transformación do [[talo]], é dicir, que son [[póla]]s reducidas, coma ocorre no [[abruñeiro]] (''Prunus spinosa'') ou na acacia americana (''[[Gleditsia triacanthos]]''), e se denominan ''espiñas caulinares''. Neste caso, o tecido vascular da espiña é unha continuación do leño do talo. ''[[Hydrolea spinosa]]'', planta palustre típica de brañas e humedais, é un exemplo ilustrativo de espiña caulinar, xa que a súas espiñas ás veces levan follas miudiñas, o mesmo que un talo. As espiñas tamén poden ser o resultado da transformación dunha [[folla]], como é o caso das [[cactáceas]] e das especies do xénero ''[[Berberis]]'', e se denominan ''espiñas foliares''. Finalmente, en casos moi raros, as espiñas poden ser o resultado da modificación da [[raíz]] a través dun intenso proceso de lignificación e se denominan ''espiñas radicais''. Varios termos comunmente utilizados en botánica derivan da palabra espiña. Así «espiñento/a» refírese a un tecido, órgano ou a unha planta que presenta espiñas; «espinuloso/a» ou «espinescente», cando as espiñas que mostra son miúdas.<ref name = Pio>{{cita libro |apellido= Font Quer |nombre= Pío |enlaceautor= Font_Quer |título=Diccionario de Botánica |año=1982 |editorial=Labor |ubicación=Barcelona etc. |isbn=84-335-5804-8 |páginas=XXXII + 1244}}
</ref>
 
A presenza de espiñas é un carácter que se acha espallado especialmente en plantas típicas das rexións áridas, coma [[deserto]]s, [[estepa]]s, bosques secos e espiñeirais. Nestes casos as espiñas son polo xeral o resultado da transformación da follas e permiten reducir a transpiración da planta e auxiliar a economía de auga por mor a que non presentan [[estoma]]s; é o caso dos [[Ulex|toxotoxos]]s. Noutras rexións climáticas e en plantas non [[xerófita]]s tamén aparecen espiñas xa que estas estruturas duras e afiadas con ápices agudos, algunhas con puntas a xeito de lanza, anzol ou gancho, son unha excelente defensa contra os animais [[herbívoro]]s.<ref name="ST">Strassburger, E. 1994. ''Tratado de Botánica''. 8va. edición. Omega, Barcelona, 1088 p. ISBN 84-7102-990-1</ref>
 
== Aguillón ==
[[Ficheiro:Rose_prickle.jpg|thumbnail|Aguillóns nunha [[roseira]].]]
En botánica denomínase '''aguillón''' ou '''acúleo''' á excrecencia ríxida e aguzada que nace do [[tecido epidérmico]] dalgunhas plantas e pode ser desprendida facilmente. A diferenza das espiñas, os acúleos carecen de tecido vascular, por iso son fáciles de arrincar. O exemplo típico de aguillón é o da [[roseira]]; así mesmo, os acúleos de ''[[Ceiba speciosa]]'', as paineiras (xéneros ''[[Chorisia]]'' e ''[[Ceiba]]''), e de ''[[Fagara rhoifolia]]'' son emerxencias formadas por tecidos corticais do talo.<ref>{{cita libro|apellidos=Van Wyk|nombre=Braam|título=How to Identify Trees in Southern Africa|editorial=Struik|fecha=2007|edición=illustrated|páginas=184|isbn=1770072403, 9781770072404}}</ref><ref>{{cita web|url=http://www.pswdistrict.org/text/articles/thornsprickles.html|título=Thorns & Prickles & Spines, Oh My!|apellido=Jones|nombre=Steve|fecha=13/01/2009|editorial=Pacific Southwest District of the American Rose Society|dataacceso=27-04-2009}}</ref><ref>{{cita web|url=http://www.biologie.uni-hamburg.de/b-online/e05/stachel.htm|título=Cross-Section Through the Prickle of a Rose|apellido=Sengbusch|nombre=Peter|fecha=31-07-2003|dataacceso=27-04-2009}}</ref>
 
== Galicia ==
Algunhas especies espiñentas que atopamos en Galicia son:
* Os [[Ulex|toxotoxos]]s.
* A [[silveira]].
* A [[roseira brava]] ou silvo macho.
Liña 22:
* A [[pereira brava]].
* A [[falsa acacia]] (foránea).
* [[Planta ornamental|Especies ornamentais]]: [[roseira]]s, ''[[Berberis]]'', [[cacto]]s, etc.
 
== Espiñas na cultura ==
Liña 35:
== Véxase tamén ==
=== Outros artigos ===
* [[Mucrón]]
 
[[Categoría:Termos botánicos]]