Escravitude: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
Desfíxose a edición 3151486 de CommonsDelinker (conversa) engado foto
m Bot - borrado de comas antes de etcétera [http://academia.gal/dicionario#searchNoun.do?nounTitle=etc%C3%A9tera]; cambios estética
Liña 14:
O termo "moderno" escravitude ven do [[latín]] medieval ''sclavus'' deformación de ''slavus'' (''eslavo''), do grego ''sklabos''. A palabra «escravo» aparecería na [[Alta Idade Media]] en [[Venecia]], onde a maioría dos escravos eran [[eslavo]]s procedentes dos Balcáns ''(rexión que por longo tempo foi chamada «Esclavonia» e da que parte, denominada aínda [[Eslovenia]], accedeu recentemente á independencia)''.
 
En Roma onde se practicaba a escravitude, o latín dispuña evidentemente dun termo para designar o escravo: ''servus'', de onde proceden os vocábulos ''servil'' e ''servilismo'' (relativos ao escravo e a súa condición), así como ''servo'', tan difundido na Idade Media e os modernos ''servizo'', ''servidor'', etc., con cambios de sentidos na súa evolución. O termo [[servidume]] úsase actualmente en sentido especializado, restrinxíndose para as formas medievais e outras similares en diferentes épocas, e diferénciase da ''escravitude'', por canto se entende que os ''servos'' tiñan certos dereitos.
 
=== Definición da R.A.G. ===
Liña 25:
* A [[Convención relativa á escravitude (1926)]] da [[Sociedade de Nacións]] dispón no seu primeiro artigo que "A escravitude é o estado ou condición dun individuo sobre do cal se exercen as atribucións do dereito de propiedade ou algunhas de entre elas". O artigo define tamén a trata de escravos como "todo acto de captura, adquisición ou cesión dun individuo con vistas a reducilo á escravitude; todo acto de adquisición dun escravo con vistas a vendelo ou trocalo; todo acto de cesión por venda ou troca dun escravo adquirido con vistas a ser vendido ou trocado, así como, en xeral, todo acto de comercio ou transporte de escravos".<br />
* A [[Organización Internacional do traballo]] adoptou en 1930 unha definición de traballo forzado que se pode achegar á de escravitude: "o termo traballo forzado ou obrigatorio designará todo traballo ou servizo esixido a un individuo so a ameaza dunha pena calquera e para o cal o dito individuo non se ofrecera de grao pleno".<br />
* A [[Convención sobre a abolición da Escravitude (1956)]] da [[Organización das Nacións Unidas|ONU]] remite á definición de 1929, engadindo ao artigo primeiro a lista de varias "institucións e prácticas análogas á escravitude", así: [[servidume por débedas]], [[servidume]], [[matrimonio forzado]], etc.
 
== Historia da escravitude ==
Liña 35:
Mentres as [[Altas Culturas]] orientais ou americanas, non foron propiamente sociedades escravistas, debido a que favoreceron o traballo obrigatorio dos seus súbditos, a civilización grecorromana, e especialmente [[Roma antiga|Roma]], estivo baseada no traballo escravista nunha alta proporción, tanto no espazo doméstico como, sobre todo na explotación intensiva dos [[latifundio]]s e das minas. A guerra convértese no principal medio de aprovisionamento dunha man de obra servil, maioritariamente de raza branca, que apenas se deixa reproducir, pero que ademais é liberada ([[manumisión]]) con frecuencia. As duras condicións de traballo impostas no campo ou nas minas, conduciron a levantamentos dos escravos, dos que o máis coñecido foi a rebelión liderada por [[Espartaco]]. As dificultades de fornecemento de novos escravos durante o [[Baixo Imperio]], conduciu á transformación paulatina do réxime escravista nun sistema de [[servidume]].
 
Porén, a escravitude non desapareceu nunca ao longo da [[Idade media]] europea, aínda que tivese un carácter residual. A pesar da prohibición da Igrexa para escravizar cristiáns, as sociedades medievais conseguen facerse con [[Arabia|árabeárabes]]s ou ben con [[eslavos]], termo que orixina o moderno termo occidental escravo. Tamén noutras culturas, como en diversas sociedades islámicas ou nas orientais, durante esta época, continuou a escravitude humana.
 
Os [[Era dos descubrimentos|descubrimentos]] deron un novo impulso ao escravismo en sociedades que prolongan a Europa medieval. Desde finais do século XV, son levados a [[Portugal]] africanos escravizados. Desde [[1505]], ante o afundimento demográfico das sociedades amerindias das [[Antillas]], transpórtanse para aló os primeiros escravos africanos. Tanto na minería como, especialmente, nas [[plantación]]s a man de obra escrava faise imperativa. A [[Tráfico negreiro|trata de negros]] inaugura un intenso tráfico atlántico entre [[África]] e [[América]] até fins do século XIX. Varios países americanos como o Sur dos [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]], [[Cuba]], [[Xamaica]], [[Haití]], as [[Pequenas Antillas]], a [[Suriname|Güiana holandesa]] ou [[Brasil]], adquiren os trazos das sociedades escravistas clásicas. O ano 1886 para Cuba, e 1888 para Brasil, marcan as datas máis tardías de abolición da escravitude nos países occidentais.
Liña 64:
 
=== Literatura ===
* [[Aphra Behn]], autora de ''[[Oroonoko]]'' en 1688.
* [[Olaudah Equiano]], escravo liberado no século XVIII, autor de memorias de éxito mundial.
* [[Harriet Beecher Stowe]], autora de ''[[A cabana do tío Tom]]'' (''Uncles Tom's Cabin'').
* [[William Wells Brown]], con a súa novela ''Clotel''.
* [[Juan Francisco Manzano]], escravo liberado, cubano, autor dunha ''Autobiografía'' (1840).
* [[Kyle Onstott]], autor da novela ''[[Mandingo]]''.
* [[William Styron]], autor de ''Confesións de Nat Turner'', [[Premio Pulitzer de 1967]].
* [[Alex Haley]], autor da novela ''Roots: The Saga of an American Family'' (1976).
* [[Toni Morrison]], principalmente na súa novela ''[[Beloved]]'', [[Premio Pulitzer]] de 1988.
 
=== Filmes ===
* [[Owen 'Alik Shahadah]], ''[[500 Years Later]]'', 2005.
* [[Haile Gerima]], ''Sankofa'', 1993.
* [[Sergio Giral]], ''Cimarrón'', 1967.
* [[Marlon Brando]], ''[[Burn!]]'', 1969.
* [[Sergio Giral]], ''El otro Francisco'', 1975.
* [[Tomas Gutierrez Alea]], ''La última cena'', 1976.
* ''Maluala'', 1979.
* [[Carlos Diegues]], ''Quilombo'', 1984.
* [[Gene Hackman]], ''[[Mississippi Burning]]'', 1988.
* [[Julie Dash]], ''Daughters of the Dust'', 1991.
* [[Stanley Kubrick]], ''[[Spartacus]]'', 1960.
* [[Jonathan Demme]], ''Beloved'', 1998.
* [[Michael Apted]], ''[[Amazing Grace (filme)|Amazing Grace]]'', 2006.
* [[Charles Burnett]], ''Nightjohn'', 1996.
* [[Steven Spielberg]], ''[[Amistad]]'', 1997.
 
{{Commons|Slavery}}