Escola filosófica: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
corrixo
m Bot - borrado de comas antes de etcétera [http://academia.gal/dicionario#searchNoun.do?nounTitle=etc%C3%A9tera]; cambios estética
Liña 5:
Neste artigo resúmense as principais escolas da [[filosofía occidental]].
 
== Escolas filosóficas de Occidente ==
 
=== Idade Antiga ===
[[Ficheiro:Spangenberg - Schule des Aristoteles.jpg|miniatura|dereita|160px|[[Peripatético]]s no [[Liceo]] de Atenas.]]
[[Ficheiro:Epicurus Louvre.jpg|miniatura|160px|[[Epicuro de Samos]].]]
[[Ficheiro:Zenon Kitiefs.JPG|160px|miniatura|[[Zenón de Citio]].]]
[[Ficheiro:Plotinos.jpg|miniatura|160px|[[Plotino]].]]
[[Ficheiro:Hypatia (Charles William Mitchell).jpg|miniatura|160px|[[Hipatia]], pintura de [[Charles William Mitchell]] (1885).]]
* [[Escola de Mileto]]: Fundada no [[século VI]] a.C. Membros seus foron [[Tales de Mileto|Tales]], [[Anaximandro]] e [[Anaxímenes]].
 
Liña 21:
* [[Escola megárica]]: Fundada por [[Euclides]] na súa cidade natal de [[Megara]].
 
* [[Sofista]]s: É o nome con que actualmente se coñece a un grupo de respectados autores que arredor do [[século V]] a.C. percorría as cidades da [[Grecia antiga|Antiga Grecia]] intercambiando as súas ensinanzas por diñeiro. Denominábanse a si mesmos sabios (σοφοι ''sophoi''), e o saber en que dicían ser expertos era a [[sofística]], que se refería ao comportamento [[Ética política|moral e político]] do ser humano. Foron os primeiros en romperen coa busca presocrática dunha unidade orixinaria (a ''[[presocráticos|phýsis]]'') iniciada con [[Tales de Mileto]] e finalizada con [[Demócrito de Abdera]] (que aínda que falecería pouco tempo despois de [[Sócrates]], ten o seu pensamento inserido dentro da filosofía presocrática). Para os sofistas, o [[Ben (filosofía)|ben]], a verdade, a [[xustiza]], coma todos os valores, non son algo absoluto senón máis ben relativo. Subliñaban o feito de que en moitas ocasións, o que era bo para uns podía ser malo para moitos. Incluso para un mesmo individuo, o que era bo nunhas ocasións, podía ser malo noutras. Esta doutrina [[sofista|sofística]] pode expresarse pola máxima de [[Protágoras de Abdera]]: ''O home é a medida de todas as cousas''. Tal máxima expresa o sentido de que non é o ser humano quen ten que acomodarse a patróns externos, que sexan impostos por algo que non sexa o propio ser humano, senón que é o propio ser humano quen debe acomodarse segundo a súa [[liberdade]].
 
* [[Platonismo]]: Seguidores de [[Platón]].
Liña 27:
* [[Escola peripatética]]: Seguidores de [[Aristóteles]] no [[Liceo]].
 
* [[Epicureísmo]]: Escola dos discípulos de [[Epicuro]]. É un sistema filosófico que defende a busca dunha vida boa e feliz mediante a administración intelixente de praceres e dores, a [[ataraxia]] (αταραχία, "ausencia de turbación", "paz de espírito"), e os vínculos de amizade entre os seus correlixionarios, chamados [[Epicureismo|epicúreos]]. Epicuro propoñía a realización da vida boa e feliz, a ataraxia e as relacións amistosas entre os seus discípulos. Este pracer non debía limitarse só ao corpo, como preconizaba o [[hedonismo]] [[Cirene|cirenaico]], senón que debía ser tamén intelectual, xa que o home é un todo. Para Epicuro a presenza do pracer ou felicidade era un sinónimo da ausencia de dor, ou de calquera tipo de aflición: a fame, a tensión sexual, o aburrimento, etc. Era un equilibrio perfecto entre a mente e o corpo que proporcionaba a serenidade ou ataraxia.<ref>[http://www.cinicos.com/epicuro.htm Portal sobre o Epicureísmo] {{es}} </ref>
 
* [[Escola cínica]]: Fundada por [[Antístenes]], sostivo que a felicidade vén da vida simple e natural.
Liña 33:
* [[Escola cirenaica]]: Fundada por [[Aristipo de Cirene]] e centrada en cuestións de [[ética]].
 
* [[Estoicismo]]: Fundado por [[Zenón de Citio]], no ano [[301]] a.C. Zenón, de orixe chipriota e posibelmente de ascendencia mixta, grega e oriental,<ref>Véxase [[Dióxenes Laercio]], ''Vidas dos filósofos'', Zenón, 2.</ref> despois dunha axitada vida trasladouse a Atenas no [[311]] a.C. Durante a súa su estancia nesta cidade tomou contacto coa filosofía [[Sócrates|socrática]], en especial a da escola [[Cinismo|cínica]], e a [[Megara|megárica]]. Segudo [[Dióxenes Laercio]], inicialmente inclinouse polo cinismo, pero pronto abandonou esta escola porque rexeitaba as numerosas "exaxeracións" nas que caían. Tras este abandono, estudou con outros filósofos das escolas [[Academia de Atenas|académica]], [[Aristóteles|aristotélica]] e megárica pero, insatisfeito tamén con elas, acabou creando a súa propia escola, na que combinaba múltiples aspectos cínicos cos doutros filósofos como [[Heráclito]].<ref>Störig, H. J., ''Historia de la filosofía'', ed. Tecnos, páxs. 227–229.</ref> Xa desde a antigüidade, tense estudado a posíbel influencia que sobre Zenón tiveron doutrinas semíticas tales como o [[xudaísmo]] ou as filosofías do oriente medio; o considerábel parecido entre o estoicismo e o [[cristianismo]] nalgunhas doutrinas, sobre todo na [[ética]] e na [[cosmoloxía]], suxeriron a panexiristas cristiáns como [[Quintiliano]] e [[Tertuliano]] que Zenón estaba familiarizado, pola súa orixe semita, co xudaísmo.<ref>Zeller, Grundriss, páxs. 250–251.</ref> O [[estoicismo]] foi un movemento filosófico que, durante o periodo [[helenístico]], adquiriu a súa maior importancia e difusión por todo o mundo greco-romano, gozando de especial popularidade entre as ''élites'' romanas. O seu período de preeminencia vai do [[século III]] a.C. até finais do [[século II]] d.C. Tras diso, deu signos de esgotamento que coincidiron coa descomposición social do Alto Imperio romano e o auxe do cristianismo. O estoicismo foi a última grande escola de filosofía do mundo grego, e continuou existindo até que, no ano [[529]] d.C., o emperador [[Xustiniano I|Xustiniano]] clausurou a Escoa de Atenas. O termo [[estoicismo]] provén do lugar no que Zenón comenzou a dar as súas leccións no año 301 a.C., na ''Stoá poikilé'' (en [[lingua grega|grego]] Στοά, ''[[Stoá]]'', 'pórtico', e ποικιλή ''poikilé'', 'pintado'), que era o ''Pórtico pintado'' da [[ágora]] de [[Atenas]].
 
* [[Neoplatonismo]]: Sistema filosófico que naceu na Alexandría do [[século III]], e que se ensinou en diferentes escolas até o [[século VI]]. É a última manifestación do [[platonismo|platonismo antigo]], e constitúe unha síntese de elementos moi distintos, con achegas das doutrinas filosóficas de [[Pitágoras]], [[Aristóteles]], [[Zenón]] e, sobre todo, [[Platón]], unidas ás aspiracións místicas de orixe hindú e xudeu.<ref>VV.AA. (1991): ''Gran Enciclopedia Larousse''. Barcelona: Planeta, Volume 16, páxs. 7728-7729. ISBN 84-320-7386-5</ref> Fundada, segundo parece, por [[Amonio Saccas]], o seu representante máis importante foi [[Plotino]], que permaneceu once anos xunto a aquel antes de profesar a súa doutrina en [[Roma]] a partir de [[244]]. O seu discípulo [[Porfirio]] redactou as súas leccións a publicounas, reunidas en seis [[Enéadas]], e tomou a dirección da escola a finais do século III. A tradición filosófica do neoplatonismo mantívose no século V, e foi ensinada a partir do [[400]] na escola de [[Atenas]], por [[Plutarco de Atenas]]. A escola de Atenas foi clausurada en [[529]] por un edito de [[Xustiniano I|Xistiniano]]. Despois da morte de [[Hipatia]] ([[415]]), afastárase do neoplatonismo e, no [[século VI]], mesmo chegou a ser un foco de resistencia ás doutrinas neoplatónicas. É destacábel como neoplatónico [[Sinesio de Cirene]], do que nos quedaron como fontes indirectas da figura da súa mestra Hipatia as cartas dirixidas a ela, así como outros manuscritos. Segudo os neoplatónicos, o [[Principio (filosofía)|principio]] de todo o existente á a unidade absoluta, o [[Un]], chamada realidade suprema ou gran vacuidade, da que xorden todas as demais realidades por emanación. O primeiro ser emanado do [[Un]] é o [[Logos]], chamado tamén [[Verbo]], ou [[Intelixencia]], que contén as ideas das cousas posíbeis. Despois, a Intelixencia enxendra a [[Alma]] como idea, principio do movemento e da materia. O Un, a Intelixencia e a Alma son as tres [[hipóstases]] da Trinidade neoplatónica. O neoplatonismo, con Porfirio, loitou contra o [[cristianismo]], e atribuíu cada vez máis importancia aos procedementos prácticos destinados a provocar a éxtase. Influíu na [[patrística cristiá]] ([[Pseudo Dionisio Areopaxita]], [[Agostiño de Hipona]]) e tamén, a través dela, no pensamento medieval e na [[Escolástica (filosofía)|escolástica]], até chegar ao Renacemento ([[Marsilio Ficino]], [[Giovanni Pico della Mirandola]]).
 
=== Idade Media ===
[[Ficheiro:Sandro Botticelli 050.jpg|miniatura|160px|[[Agostiño de Hipona]] por [[Sandro Botticelli]], c. 1480.]]
[[Ficheiro:St-thomas-aquinas.jpg|miniatura|dereita|160px|[[Tomé de Aquino]] (1224 – 1274), máximo representante da [[Escolástica (filosofía)|escolástica]].]]
Liña 66:
* [[Nominalismo]]: Doutrina filosódica que nega a existencia de universais, que non admite a existencia do universal nin no mundo das cousas, nin no pensamento.<ref> Josef Santeler, na entrada: ''Nominalismo'', do ''Dicionário de Filosofia'', Editora Herder, SP, 1969, páx. 296.</ref>. É dicir, unha doutrina segundo a cal todo o que existe son particulares.<ref> Armstrong, David (1978). ''Segunda sección: Teorías de los universales. Los universales y el realismo científico (Universals and Scientific Realism)''</ref> <ref>Rodríguez-Pereyra, Gonzalo, ''Nominalism in Metaphysics'', en Edward N. Zalta {{en}}, ''Stanford Encyclopedia of Philosophy'' (Fall 2008 Edition), [http://plato.stanford.edu/archives/fall2008/entries/nominalism-metaphysics]</ref> O nominalismo nega a existencia de universais tanto de maneira [[inmanente]] (''nos'' particulares) coma [[trascendente]] (''fóra'' dos particulares). En rigor, a doutrina oposta ao nominalismo non é o [[realismo]], que acepta a existencia tanto de particulares como de universais, senón o [[universalismo]], que sostén que todo o que existe son universais. <ref>Armstrong, David (1978). ''Segunda sección: Teorías de los universales. Los universales y el realismo científico (Universals and Scientific Realism)''.</ref> Xurdiu na súa forma máis radical no [[século XI]] por medio de [[Roscelino de Compiègne]], que atribuía universalidade aos nomes, de aí a orixe do termo.<ref> Josef Santeler, na entrada: ''Nominalismo'', do ''Dicionário de Filosofia'', Editora Herder, SP, 1969, páx. 296.</ref> A cuestión dos universais, inicialmente lóxico-gramatical, estendeuse aos [[problemas teolóxicos]] e [[metafísicos]] atinxindo o conxunto de [[dogma]]s da igrexa cristiá. Por exemplo, [[Joán Roscelino]] (falecido en 1120), mestre de [[Pedro Abelardo|Abelardo]], co seu conceptualismo, pon en dúbida o [[dogma]] da [[Santa Trindade]] de Deus: a única substancia divina non pasa dun nome, as tres persoas (Pai, Fillo e Espírito Santo) son tres substancias diversas, sinaladas por un nome común. Así xurdiu a ''herexía do triteísmo'', condenada en 1092 polo [[Concilio de Reims]], no cal moitos temían polas verdades da fe. [[Pedro Abelardo|Abelardo]] foi un dos principais promotores da [[lóxica]] até o [[século XIII]]. A súa obra ''Dialéctica'' liberaba a [[lóxica]] da [[metafísica]] dándolle autonomía.
 
=== Idade Moderna ===
[[Ficheiro:Holbein-erasmus.jpg|miniatura|dereita|150px|[[Erasmo de Róterdam]] (1466-1536), por [[Hans Holbein o Novo]].]]
[[Ficheiro:Frans Hals - Portret van René Descartes.jpg|miniatura|150px|[[René Descartes]] (1596-1650). Retrato por [[Frans Hals]].]]
[[Ficheiro:John Locke by Herman Verelst.png|miniatura|150px|[[John Locke]] (1632-1704), o máis influente [[empirismo|empirista]] inglés.]]
[[Ficheiro:David Hume.jpg|miniatura|150px|[[David Hume]] (1711-1776) sostivo un [[empirismo]] que derivou en [[escepticismo]].]]
* [[Humanismo]]: Movemento [[Intelecto|intelectual]], [[Filoloxía|filolóxico]], [[filosófico]] e [[cultura|cultural]]l europeo estreitamente ligado ao [[Renacmento]], cuxo orixe se sitúa no [[século XIV]] na [[península Itálica]] (especialmente en [[Florencia - Firenze|Florencia]], [[Roma]] e [[Venecia]]) con persoalidades como [[Dante Alighieri]], [[Francesco Petrarca]] e [[Giovanni Boccaccio]]. Buscan a Antigüidade Clásica e retoman o antigo [[humanismo|humanismo grego]] do século de ouro e mantén a súa hexemonía en boa parte de Europa até finais do [[século XVI]], cando se foi transformando e diversificando a mercede dos cambios espirituais provocados pola evolución social e ideolóxica de Europa, fundamentalmente ao coludir cos principios propugnados polas [[Reforma Protestante|reformas]] (luterana, calvinista, etc.), a [[Contrarreforma]] católica, a [[Ilustración]] e a [[Revolución francesa]] do [[século XVIII]].<ref>{{Cita libro
|título = Compact Oxford English Dictionary
|editorialr = Oxford University Press
Liña 83:
|cita = "The rejection of religion in favour of a belief in the advancement of humanity by its own efforts". |anopublicación = [[1990]]}}.</ref>. A expresión ''studia humanitatis'' contrapúxose por [[Coluccio Salutati]] aos estudos [[Teoloxía|teolóxicos]] e [[Escolástica (filosofía)|escolásticos]] cando tivo que falar das inclinacións intelectuais do seu amigo [[Francesco Petrarca]]; para el, ''[[humanitas]]'' significaba propiamente o que o termo grego [[filantropía]], amor cara aos nosos semellantes, pero en Salutati o termo estaba rigorosamente unido ás ''litterae'' ou estudo das letras clásicas. O humanismo propugnaba, fronte ao canon eclesiástico en prosa, que imitaba o pobre latín tardío dos [[Santos Padres]] e o simple vocabulario e sintaxe dos textos bíblicos traducidos, os ''studia humanitatis'', unha formación íntegra do home en todos os aspectos fundada nas fontes clásicas grecolatinas, moitas delas entón buscadas nas bibliotecas monásticas e descubertas daquela nos mosteiros de todo o continente europeo. En non poucos casos estes textos foron traducidos grazas ao traballo de, entre outros, [[Averroes]], e á infatigábel busca de manuscritos por eruditos monxes humanistas. Todo iso destinado a acceder así a un latín máis puro, brillante e xenuíno, e ao redescubrimento do grego grazas ó forzado exilio a Europa dos sabios bizantinos ao caer [[Constantinopla]] e o [[Imperio de Oriente]] en poder de los [[Turcos|turcos otománs]] en [[1453]]. O humanismo debía restaurar todas as disciplinas que axudaran a un mellor coñecemento e comprensión destes autores da Antigüidade Clásica, ao que se consideraba un modelo de coñecemento máis puro que o debilitado na Idade Media, para recrear as escolas de pensamento filosófico grecolatino e imitar o estilo e lingua dos escritores clásicos, e por iso desenvolvéronse extraordinariamente a [[gramática]], a [[retórica]], a [[literatura]], a [[filosofía moral]] e a [[historia]], disciplinas ligadas estreitamente ao espírito humano, no marco xeral da filosofía: as artes liberais ou todos os saberes dignos do home libre fronte ao dogmatismo pechado da teoloxía, exposto en sistemáticos e abstractos [[tratado]]s que excluían a multiplicidade de perspectivas e a palabra viva e oral do [[diálogo]] e a [[epístola]], típicos xéneros literarios humanísticos, xunto á [[biografía]] de heroes e personaxes célebres, que testemuña o interese polo humano fronte á [[haxiografía]] ou vida de santos medievais, e a [[mitoloxía]], que representa un rico repertorio da conduta humana máis suxerinte para os humanistas que as castrantes [[lenda]]s piadosas, vidas de santos e [[haxiografía]]s.<ref>Fred Edwors, ''What Is Humanism?'' [http://www.americanhumanist.org/who_we_are/about_humanism/What_is_Humanism] {{en}}</ref> Para iso, os humanistas imitaron o estilo e o pensamento grecolatino de dúas formas diferentes: a chamada ''imitatio ciceroniana'', ou imitación dun só autor como modelo de toda a cultura clásica, [[Marcus Tullius Cicero|Cicerón]], impulsada polos humanistas italianos, e a ''imitatio eclectica'', ou imitación do mellor de cada autor grecolatino, propugnada por algúns humanistas encabezados por [[Erasmo de Rotterdam]].
 
* [[Racionalismo]]: Corrente filosófica que apareceu en [[Francia]] no [[século XVII]], formulada por [[René Descartes]], que se opón ao [[empirismo]] e que é un sistema de pensamento que acentúa o papel da [[razón]] na adquisición do coñecemento, en contraste co [[empirismo]], que resalta o papel da [[experiencia]], sobre todo o sentido da percepción. <ref>[http://www.usp.br/fau/docentes/depprojeto/c_deak/CD/4verb/racio/index.html] {{pt}}</ref>. Descartes cría que a [[xeometría]] representaba o ideal de todas as ciencias e tamén da filosofía. Mantiña que só por medio da razón se podían descubrir certas verdades universais, evidentes en si, das que é posíbel deducir o resto dos contidos da filosofía e das ciencias. Manifestaba que estas verdades evidentes en si eran innatas, non derivadas da experiencia. Este tipo de racionalismo desenvolvérono outros filósofos europeos, como o neerlandés [[Baruch Spinoza]] e o pensador e matemático alemán [[Gottfried Wilhelm Leibniz]]. Opuxéronse a ela os empiristas británicos, como [[John Locke]] e [[David Hume]], que crían que todas as ideas procedían dos sentidos.
 
* [[Empirismo]]: Teoría filosófica que enfatiza o papel da [[experiencia]], ligada á [[percepción]] sensorial, na formación do [[coñecemento]].<ref>Carlo Sini, "Empirismo", en ''Enciclopedia Garzanti della Filosofía''. Gianni Vattimo et al., 2004).</ref> Para o empirismo máis extremo, a experiencia é a única base de todo coñecemento, non só en canto á súa orixe, senón tamén en canto ao seu contido. Pártese do mundo sensíbel para formar os conceptos e estes encontran no sensíbel a súa xustificación e a súa limitación. Xorde na [[Idad Moderna]] como froito maduro dunha tendencia filosófica que se desenvolve sobre todo no [[Reino Unido]] desde a Baixa Idade Media. Adoita considerarse en contraposición ao chamado [[racionalismo]], máis característico da filosofía continental. Hoxe en día a oposición empirismo-racionalismo, como a [[distinción analítico-sintético]], non adoita entenderse dun modo tallante, como o foi en tempos anteriores, e máis ben unha ou outra postura obedece a cuestións metodolóxicas e [[heurística]]s ou de actitudes vitais máis que a principios filosóficos fundamentais. Respecto do [[problema dos universais]], os empiristas adoitan simpatizar e continuar coa crítica [[Nominalismo|nominalista]] iniciada na Baixa Idade Media.
 
=== Idade Contemporánea ===
[[Ficheiro:Louis-Michel van Loo 001.jpg|miniatura|dereita|160px|O filósofo [[Denis Diderot]], un dos impulsores da [[Enciclopedia]], por [[Louis-Michel van Loo]], 1767.]]
[[Ficheiro:Immanuel Kant (portrait).jpg|miniatura|160px|Immanuel [[Kant]].]]
Liña 122:
::* Expoñer, en suma, a filosofía da [[Ilustración]].
 
* [[Idealismo]]: En filosofía, [[idealismo]] designa as teorías que —en oposición ao [[materialismo]]— sosteñen que a realidade extramental non é coñecíbel tal como é en si mesma, e que o obxecto do coñecemento está preformado ou ''construído'' pola [[actividade cognoscitiva]]. As súas distintas variantes postulan e conforman a nosa imaxe do mundo dunha maneira determinada: <ref>Dictionary definition [http://dictionary.reference.com/browse/objective+idealism] {{en}}</ref> <ref>Véxase a sección "Objective Idealism" en [http://www.philosophybasics.com/branch_idealism.html] {{en}}</ref>
# A entidade ''en si'' do real permanece en principio incognoscíbel, aínda que a [[meditación|reflexión]] permita aproximarse [[asíntota|asintoticamente]] a un coñecemento máis refinado, nas teorías do ''[[idealismo subxetivo]]'' ou ''trascendental''.
# No caso das teorías do ''[[idealismo obxectivo]]'', esta doutrina [[epistemoloxía|epistemolóxica]] compleméntase coa teoría [[metafísica]] de que o obxecto coñecido non ten máis realidade que o seu ser pensado polo suxeito; mediante a autoconciencia deste, a verdadeira [[esencia]] do obxecto desvélase como a actividade subxectiva de pensamento como algo real e non abstracto.
Liña 148:
* [[Existencialismo]]: Con este nome desígnase un amplo movemento filosófico desenvolvido en Europa principalmente entre os anos 1930 e 1950. Ademais do existencialismo ''sensu stricto'' do filósofo [[Jean-Paul Sartre]] e de novelistas como [[Simone de Beauvoir]] ou [[Albert Camus]], inclúense tamén baixo esta rúbrica, non sen certa polémica, as filosofías existenciais de [[Gabriel Marcel]], [[Karl Jaspers]] e [[Martin Heidegger]], así como a [[teoloxía]] existencial de [[Karl Barth]], entre outros.<ref>Kaufmann, W. (1971): ''From Shakespeare to Existentialism: A New Edition, with Additions''. Freeport, New York: Books for Libraries Press.</ref> Como precursor de todos eles adoita mencionarse o pensador danés [[Søren Kierkegaard]].
 
* [[Irracionalismo]]: O termo [[irracionalismo]] designa xenericamente ás [[corrente filosófica|correntes filosóficas]] que privilexian o exercicio da [[vontade]], a [[individuo|individualidade]] e os [[sexualidade|impulsos sexuais]] por riba da comprensión [[razón|racional]] do mundo obxectivo. Como tal termo, non se aplica a unha escola específica, senón que designa unha tendencia xeral no curso da [[historia da filosofía]]. Sen embargo, e por antonomasia, adoita aplicarse ás distintas correntes [[existencialismo|existencialistas]] e [[Friedrich Nietzsche|nietzscheanas]] que reaccionaron contra a hexemonía da filosofía [[positivismo|positivista]] e [[neokantismo|neokantiana]] na primeira metade do [[século XX]]. O [[postmodernismo]] contemporáneo é tamén, con frecuencia, irracionalista. A validez do termo é en si unha ''quaestio disputata'' no seo da filosofía; os defensores de posicións [[racionalismo|racionalistas]] argumentan que aínda a crítica da comprensibilidade do mundo ou da primacía das facultades [[intelecto|intelectivas]] sobre as pulsións psíquicas ou biolóxicas realízase mediante a razón. Por este motivo, prefírese ás veces aplicar a denominación de [[vitalismo]]. As orixes da maioría das correntes [[irracionalismo|irracionalistas]] contemporáneas áchanse na crítica á filosofía de [[Georg Wilhelm Friedrich Hegel|Hegel]], cuxo sistema de [[idealismo|idealismo]] obxectivo representou o máximo esforzo para subsumir todas as aparentes contradicións da experiencia nunha unidade [[lóxica]] que ascendera paulatinamente, por medio da síntese intelectual dos opostos, cara ao [[saber absoluto]]. Desde posicións filosóficas radicalmente diferentes, pensadores como [[Arthur Schopenhauer|Schopenhauer]], [[Friedrich Wilhelm Nietzsche|Nietzsche]], [[Søren Kierkegaard|Kierkegaard]], [[Henri Bergson|Bergson]] ou [[Miguel de Unamuno|Unamuno]] poden ser considerados irracionalistas ou vitalistas, en máis ou menos aberta oposición á [[dialéctica]] hegueliana. Dentro dun amplo raio de pensamento, encontran un denominador común na explicación do fenónemo da [[vida]].<ref>Driver, P. M. & Humphries, D. A.: (1988): ''Protean Behaviour - The Biology of Unpredictability''. ISBN 0-19-857170-4</ref>
 
* [[Vitalismo]]: O [[vitalismo]] é a posición filosófica caracterizada por postular a existencia dunha forza ou impulso vital (''élan vital'', en francés) sen a que a [[vida]] non podería argumentarse. Trataríase dunha forza específica, distinta da [[enerxía]] estudada pola [[física]] e otras [[ciencias naturais]] que, actuando sobre a [[sistema complexo|materia organizada]] daría por resultado a vida. Esta postura oponse ás explicacións [[mecanicismo|mecanicistas]], que presentan a vida como froito da organización dos [[sistema|sistemas materiais]] que lle serven de base. É un aspecto do [[voluntarismo]], que argumenta que os organismos vivos (non a materia simple) se distinguen das entidades inertes porque posúen forza vital que non é nin física, nin química. Esta forza identifícase frecuentemente coa [[alma]] da que falan moitas relixións. Os [[vitalismo|vitalistas]] establecen unha fronteira clara e infranqueábel entre o mundo vivo e o inerte. A [[morte]], a diferenza da interpretación mecanicista característica da ciencia moderna, non sería efecto da deterioración da organización do sistema, senón resultado da perda do impulso vital ou da súa separación do corpo material. O vitalismo comeza a expandirse por Europa a finais do [[século XVIII]] ante o fracaso do mecanicismo cartesiano na explicación da singularidade do orgánico. En bioloxía, este cadro teórico tivo un momento fecundo, porque apartaba o vivo do mecanismo e as explicacións causais redutivas do [[pensamento cartesiano]], sen caer no sobrenatural. En sentido estrito, o termo ''vitalismo'' designa a escola de [[Montpellier]] e ao seu principal expoñente [[Paul Joseph Barthez]] (1734 - 1806). Tamén inclúe as obras do médico alemán [[Georg Ernst Stahl]] (1659 - 1734), do médico francés [[Xavier Bichat|Xavier Bichat (1771 - 1802)]], que exerceu unna grande influencia sobre os naturalistas, do escocés [[John Hunter|John Hunter (1728 - 1799)]], e do francés [[François Magendie|François Magendie (1783 - 1855)]]. Nun sentido amplo inclúe tamén as ideas posteriores de [[Hans Driesch|Hans Driesch (1867 - 1941)]], [[Henri Bergson]] (1859 - 1941) (que concibíu un ''[[élan vital]]'' ou "impulso vital", fonte inesgotábel da que flúen perennemente todas as cousas), [[Lecomte de Noüy]] e [[Teilhard de Chardin]]. Esta hipótese foi descartada pola maioría dos científicos no momento en que [[Friedrich Wöhler]] sintetizou un composto orgánico ([[urea]]) a partir de compuestos inorgánicos ([[amoníaco]] e [[dióxido de carbono]]) en [[1828]] <ref>[http://content.karger.com/ProdukteDB/produkte.asp?Aktion=ShowPDF&ProduktNr=223979&Ausgabe=225203&ArtikelNr=13463&filename=13463.pdf Vitalism and Synthesis of Urea] {{en}}</ref> e que despois escribiulle a [[Berzelius]], que fora testemuña ''dunha gran traxedia da ciencia, a morte dunha bela hipótese por un feito feo''. A ''bela hipótese'' era o vitalismo, o ''feito feo'' era a placa cos cristais de urea.<ref>Citado por Schummerr J., [http://www.joachimschummer.net/papers/2003_NatureChemistry_SHPS.pdf] {{en}}</ref> Segudo W. Williams, o vitalismo é parte da base de moitas [[pseudociencia]]s.<ref>Williams, W. (2000): ''The Encyclopedia of Pseudoscience. From Alien Abductions to Zone Therapy''. Facts on File inc. Conlabioradores: Doutores D. Conway, L. Dalton, R. Dolby, R. Duval, H. Farrell, J. Frazier, J. McMillan, J. Melton, T. O'Niell, R. Shepherd, S. Utley, W. Williams. ISBN 0-8160-3351-X</ref>
 
* [[Personalismo]]: [[Corrente filosófica]] que pon a énfase na [[persoa]]. Considera ao [[Humano|home]] como un ser subsistente e [[Autonomía (filosofía e psicoloxía)|autónomo]], esencialmente social e comunitario, un ser [[Liberdade|libre]], trascendente e cun valor en si mesmo, o que lle impide converterse nun mero obxecto. Un ser [[Moralidad|moral]], capaz de [[Amor|amar]], de actuar en función dunha actualización das súas potencias e, finalmente, de definirse a si mesmo considerando sempre a natureza que o determina.<ref>Stanford Encyclopedia of Philosophy. [http://plato.stanford.edu/entries/personalism/] {{en}}</ref> <ref>Mounier, Emmanuel, 1950, ''Le personnalisme'', tradución inglesa ''Personalism'', por Philip Mairet, Notre Dame: University of Notre Dame Press, 1952</ref>. O [[personalismo]] como [[corrente de pensamento]] aparece nun medio rodeado por diversas ideoloxías propias da situación política que o mundo atravesaba durante a primeira metade do [[século XX]]. O [[cientifismo]] e o [[positivismo]] formaban parte de dito contexto, e foron dúas das ideoloxías que máis repercusións tiveron no pensamento da época, debido ao éxito alcanzado pola ciencia experimental. O [[método científico]] era considerado como o único método de coñecemento válido e deste modo rechaxeitáronse as dimensións trascendentes da persoa.<ref>Maritain, Jacques, 1945, ''The Rights of Man and Natural Law''. Glasgow: Robert Maclehose and Co./The University Press</ref>. O [[capitalismo]] pola súa parte proclamaba a [[liberdade]] do individuo e o seu dereito á propiedade privada, pero sen establecer mecanismos solidarios entre os suxeitos, senón que cada un debía resolver os seus problemas coas súas propias forzas e recursos. En resposta, o [[marxismo]] como ideoloxía de gran popularidade no Vello Mundo ofrecía un enfrentamento co opresor a través da [[loita de clases]] para reapropiarse dos medios de produción que usurparan os explotadores; o home estaba subordinado á [[humanidade]] total para o que se buscaba no chamado ''paraíso comunista''. Canda o marxismo apareceron dous movementos totalitarios cunha concepción da persoa moi particular. O [[nazismo]], por un lado, propugnaba a supremacía da [[raza|raza aria]] sobre todas as demais, e de aí deducía o se dereito a dominar sobre todos os pobos. O [[fascismo]], por outro lado, definía ao home como un momento ou manifestación concreta que adopta un Espírito absoluto que permanece, e ao que debe poñerse ao seu servizo. Ante as correntes de pensamiento que subordinaban ao home a unha entidade superior e reducían a súa natureza a dimensións concretas que non abarcaban todo o que implica ser persoa, xorde a necesidade dunha resposta que o revalorizara e defendera a súa verdadeira identidade. Esta resposta debería estar contextualizada na realidade do mundo actual e debería ser un medio para facilitar propostas de acción á problemática do home. Resaltar a noción de persoa, a experiencia do seu ser, o encontro cos demais, a súa trascendencia, subxectividade e liberdade, constituía unha tarefa de suma importancia que finalmente o personalismo ten a ben realizar. <ref> Wojtyła, Karol, 1993, ''The Personal Structure of Self-Determination'', ''Subjectivity and the Irreducible in the Human Being'' e ''Thomistic Personalism'' ensaios traducidos do polaco por Theresa Sandok, en ''Person and Community: Selected Essays'', vol. 4 de "Catholic Thought from Lublin". New York: Peter Lang, 1993.</ref> Os principais personalistas son [[Jacques Maritain]], [[Emmanuel Mounier]], [[Maurice Nedoncelle]], [[Gabriel Marcel]], [[Karol Wojtyła]] e [[Romano Guardini]].
Liña 158:
* [[Escola da praxe]]: Nome que recibiu un [[movemento filosófico]] [[marxismo humanista|marxista e humanista]] orixinado nos [[anos 1960]] en [[Zagreb]] e [[Belgrado]] na antiga [[República Federal Socialista de Xugoslavia]]. Os fundadores e principais expoñentes do grupo foron [[Gajo Petrović]], [[Milan Kangrga]] e [[Mihailo Marković]]. De [[1964]] a [[1974]] o grupo publica a revista marxista ''Praxis'', unha das máis recoñecidas do seu tempo no ámbito do [[materialismo histórico]]. Debido ás tumultuosas condicións sociopolíticas nos anos 1960, a afirmación dunha praxe e teoría marxista "auténtica", e dos seus aspectos humanistas e dialéticos en particular, era unha tarefa urxente para os filósofos xugoslavos. Había unha necesidade de resposta ante a forma en que a [[Liga de Comunistas de Xugoslavia]] interpretaba o [[marxismo-leninismo]], coñecida como [[Josip Broz Tito|titoísmo]]. Para satisfacer esta necesidade xorde a ''escola da praxe'', cuxo programa foi definido en francés <ref>Pedrag Vranicki: ''A quoi bon Praxis'', ''Praxis'' 1, páxs. 41-48, 1965.</ref> no primeiro número da edición internacional de ''Praxis'', e difundido en inglés por Danko Grlić no mesmo número.<ref> Danko Grlic: ''Practice and Dogma'', ''Praxis'' 1, páxs. 49-58, 1965.</ref> Os filósofos da escola consideraban que o [[leninismo]] e o [[estalinismo]] eran apoloxéticos debido á súa natureza [[ad hoc]]. Ademais os cualificaban de filosofías infieis á teoría marxista, que se axustaban de acordo ás necesidades da ''élite'' do partido e eran intolerantes á crítica ideolóxica.
 
* [[Estruturalismo]]: O [[estruturalismo]] é un enfoque das [[ciencias humanas]] que creceu até se converter nun dos métodos máis utilizados para analizar a linguaxe, a cultura e a sociedade na segunda metade do [[sáculo XX]]. O termo non fai referencia a unha [[escola de pensamiento]] filosófico claramente definida (como a [[antropoloxía]] cultural, a [[lingüística]], o [[marxismo]], etc.), aínda que ten derivacións filosóficas de consideración. A obra de [[Ferdinand de Saussure]] ''Cours de linguistique générale'' (1916), publicada despois da súa morte polos seus alumnos, considérse habitualmente como o punto de orixe do estruturalismo. En termos amplos e básicos o estruturalismo busca as estruturas a través das cales se produce o significado dentro dunha cultura. De acordo con esta teoría, dentro dunha cultura o significado prodúcese e reprodúcese a través de varias prácticas, fenómenos e actividades que serven como sistemas de significación (estudando cousas tan diversas como a preparación da comida e os rituais para servila, ritos relixiosos, xogos, textos literarios e non literarios, formas de entretemento, etc). A novidade que introduce non é a idea mesma de estrutura, xa presente de forma continua ao longo do pensamento occidental, senón a eliminación na mesma dun concepto central que ordea toda a realidade, como as ideas platónicas. O iniciador e máis prominente representante da corrente foi o antropólogo e etnógrafo [[Claude Lévi-Strauss]] (década de 1940), quen analiza fenómenos culturais como a [[mitoloxía]], os [[sistemas de parentesco]] e a preparación da comida. Durante os [[anos 1940]] e [[anos 1950|50]], a escena filosófica francesa caracterizose polo [[existencialismo]], fundamentalmente a través de [[Sartre]], aparecendo tamén a [[fenomenoloxía]], o retorno a [[Hegel]] e a [[filosofía da ciencia]], con [[Bachelard|Gastón Bachelard]]. Cando na década de 1960 Sartre se orienta cara ao marxismo, xorde unha nova moda, o estruturalismo. Lévi-Strauss inicia este novo movemento, baseándose nas ideas da [[etnoloxía]]. Máis tarde seguirano [[Lacan]] na psicanálise, [[Louis Althusser]] no estudo do marxismo e finalmente [[Michel Foucault]]. Cómpre sinalar que [[Louis Althusser|Althusser]] e [[Michel Foucault|Foucault]] rexeitaron a clasificación do seu pensamento dentro do estruturalismo e, en rigor, unicamente Lévi-Strauss realizou unha reflexión explícita sobre o estruturalismo como método. En calquera caso, trátase dun afastamento de perspectivas historicistas ou subxectivistas baixo o intento de achar unha nova orientación para a investigación. Para [[Jean Piaget]] <ref>Jean Piaget, ''Le structuralisme'', Que Sais-je?, 1968</ref>, o estruturalismo "é mais ben un método e non unha doutrina" e "o perigo permanente qua ameaza o estruturalismo (...) é o realismo da estrutura na que desemboca tan pronto como se esquecen os seus lazos coas operacións das que neceu"; porque para el, "non existe estrutura sen unha construción, ou abstracata ou xenética", o que é, por outra parte, o punto de vista [[construtivismo (filosofía)|construtivista]].
 
* [[Marxismo humanista]]: O [[marxismo humanista]] (ou [[humanismo marxista]]) é unha rama do [[marxismo]] que se centra principalmente nos primeiros escritos de [[Karl Marx|Marx]], especialmente dos ''Manuscritos económicos e filosóficos de 1844'' <ref> [http://www.marxists.org/espanol/m-e/1840s/manuscritos/index.htm Manuscritos económicos y filosóficos de 1844.] {{es}}</ref> nos que expón a súa teoría da [[alienación]]. En vez de asumir as teses de que na obra de Marx hai un corte epistemolóxico, se le ao Marx tardío desde perspectivas filosóficas desenvolvidas polo Marx mozo, non contrapoñéndoas. Esta corrente fue criticada polo [[antihumanismo]] do [[Filosofía marxista|filósofo marxista]] [[Louis Althusser]], quen a cualificou de revisionista e de ideoloxía burguesa. A [[escola da praxe]] é unha representante deste movemento, así como [[John Lewis]] e [[Salvador Allende]] quen, no seu discurso "''A vía chilena ao socialismo''" de [[1971]] dixo: "''Pisamos un camiño novo; marchamos sen guía por un terreo descoñecido; a penas tendo como compás a nosa fidelidade ao humanismo de todas as épocas, particularmente ao humanismo marxista"''.<ref> [http://www.marxists.org/espanol/allende/21-5-71.htm Discurso de Salvador Allende.] {{es}}</ref> Outros expoñentes destacados foron [[Jean Paul Sartre]] e [[Ernesto Guevara]]. Esta escola adoita considerar os traballos de [[Antonio Gramsci]], do primeiro [[Georg Lukács|Lukács]] e de [[Lucien Goldmann]] como fontes.
Liña 164:
* [[Humanismo cristián]]: O [[humanismo cristián]] é a crenza de que a liberdade e o individualismo humanos son partes intrínsecas (naturais) ou, polo menos, compatíbeis coa doutrina e práctica [[Cristianismo|cristiá]]. É unha unión filosófica dos principios cristiáns e [[Humanismo|humanistas]].<ref>''Christian World''. San Francisco: Harper & Row, 1970, páx. 42. {{en}}</ref> Entre os sus principais expoñentes encóntrase [[Jacques Maritain]]. Efectivamente, a visión cultural —ou [[filosofía política]] de inspiración cristiá— que Maritain desenvolveu con extraordinaria precisión e profundidade en varias da súas obras son o fundamento principal desta corrente de pensamento, o que é, á súa vez, unha das primeiras do desenvolvemento mundial da [[democracia|democracia cristiá]] <ref> Joseph W. Evans & Leo R. Ward. ''The Social and Political Philosophy of Jacques Maritain'' (A filosofía social e política de Jacques Maritain), 1965.</ref> Maritain propón tamén o concepto de [[humanismo integral]], ou da denominada ''nova cristiandade'': "Este novo humanismo, sen común medida co [[humanismo burgués]] e tanto máis humano canto non adora ao home, senón que respecta, real e efectivamente, a dignidade humana e recoñece dereito ás exixencias integrais da persoa, concibímolo orientado cara a unha realización socio-temporal de aquela atención evanxélica ao humano que debe non só existir na orde espiritual, senón encarnarse, tendendo ao ideal dunha comunidade fraterna". O humanismo integral pasou a formar parte plena da [[Doutrina social da igrexa]] a partir do feito, certamente inusitado, de que [[Paulo VI]], na súa encíclica ''[[Populorum Progressio]]'' (1967), citando como exemplo precisamente o libro ''Humanismo Integral'', declarara: "42. Tal é o verdadeiro e pleno humanismo que se ten que promover". Pola súa parte, [[Xoán Paulo II]] non só ratificou esta declaración na súa encíclica ''[[Sollicitudo Rei Socialis]]'' (1987), conmemorativa dos vinte años da ''Populorum Progressio'', senón que converteu o concepto de 'humanismo integral' en parte substancial da súa preocupación pola "cuestión cultural dos nosos tempos", tema central do seu pontificado. Xoán Paulo II serviu de centinela na tradición de Maritain, continuado os seus esforzos para establecer as bases intelectuais dunha teoría personalista da democracia e dun 'humanismo integral'.<ref>Joseph M. de Torre. ''Maritain's "Integral Humanism" and Catholic Social Teaching'' (O "humanismo integral" de Maritain e a ensinanza social católica), 2001.</ref>
 
* [[Escolas anarquistas]]: ''Non hai unha soa posición definida que todos os anarquistas manteñan, e o máis que teñen en común os que son tidos por anarquistas á un certo aire de familia'', segundo a Enciclopedia Oxford de Filosofía.<ref>Ted Honderich, Carmen García Trevijano, [http://books.google.es/books?id=s9iwZGv44psC&pg=PA402&dq=Enciclopedia+teor%C3%ADa+pol%C3%ADtica&lr=&as_brr=3#PPA57,M1 ''Enciclopedia Oxford de Filosofía'']</ref> As posturas [[anarquismo|anarquistas]] poden ser de carácter global, predicando unha revolución e cambio total da sociedade, ou máis restritivas, centrándose en unidades pequenas e cambios parciais. Acéptase xeralmente que o punto de partida do debate doutrinal sobre un pensamento anarquista moderno remóntase a finais do [[século XVIII]], na obra de [[William Godwin]] ''An Enquiry concerning Political Justice and its influence on general virtue and happiness'' (1793),<ref>Max Nettlau, [http://www.antorcha.net/biblioteca_virtual/historia/anarquia_tiempos/nettlau2.html ''La anarquía a través de los tiempos''] {{es}}</ref> <ref>Norberto Bobbio, José Aricó, Nicola Matteucci, Gianfranco Pasquino, Martí Soler, Jorge Tula, [http://books.google.es/books?id=naHWtiYg5M0C&pg=PA520&dq=Diccionario+teor%C3%ADa+pol%C3%ADtica&lr=&as_brr=3#PPA30,M1 ''Diccionario de política'', páx. 30] {{es}}</ref> anída que o primeiro autor que se autodenominou anarquista foi [[Pierre-Joseph Proudhon]].<ref>Outhwaite, William: 2003. ''The Blackwell dictionary of modern social thought''. Wiley-Blackwell. páx 287. ISBN 9780631221647978-0-631-22164-7. [http://books.google.es/books?id=E8KUQCMGyssC&printsec=frontcover&dq=The+Blackwell+dictionary+of+modern+social+thought#PPA287,M1.] {{en}}</ref> As fontes académicas non se poñen de acordo en canto á [[taxonomía]] das correntes anarquistas. Algunhas fan unha distinción entre dúas liñas básicas de pensamento, [[individualismo|individualistas]] e [[comunismo|comunistas]]<ref>Norberto Bobbio, José Aricó, Nicola Matteucci, Gianfranco Pasquino, Martí Soler, Jorge Tula, Diccionario de política, páx. 30 (en castelán)</ref>, con [[Max Stirner]] e [[Piotr Kropotkin]] como figuras representativas de ambas as ideoloxías,<ref>Edward Craig, [http://books.google.es/books?id=lnuwFH_M5o0C&pg=PA248&dq=anarchism+encyclopedia&lr=&as_brr=3#PPA246,M1 ''Routledge Encyclopedia of Philosophy''] {{en}}</ref> situando entre ambos os extremos do espectro anarquista outras correntes clásicas, como o [[mutualismo]] de Pierre-Joseph Proudhon e o [[colectivismo]] de [[Mikhail Bakunin]]. Tamén é común como forma de clasificación sinalar as catro correntes máis importantes, que son o [[anarquismo|anarquismo individualista]], o [[mutualismo]], o [[anarcocomunismo|anarquismo comunista]] e o [[anarcosindicalismo]] e, segundo algunhas fontes, tamén o [[colectivismo]].<ref>Este é o criterio escollido, por exemplo, pola [http://books.google.es/books?id=NIZfQTd3nSMC&printsec=frontcover&dq=david+miller Enciclopedia Blackwell sobre pensamiento político] {{es}}, ou por Andrew Vincent no seu [http://books.google.es/books?id=igrwb3rsOOUC&printsec=frontcover&dq=*Modern+Political+Ideologies++Andrew+Vincent Modern Political Ideologies]. {{en}}</ref> O antropólogo anarquista [[David Graeber]] observou que aínda que as correntes do [[marxismo]] sempre se basean nos seus fundadores (por exemplo, [[leninismo]], [[maoísmo]], [[Lacan|lacanianismo]]), as correntes do anarquismo "emerxen case invariabelmente sobre algunha clase de principio organizacional ou forma de práctica",<ref>David Graeber e Andrej Grubacic, ''El anarquismo, o el movimiento revolucionario del siglo XXI'', [http://zinternational.zcommunications.org/Spanish/1204graeber.htm] {{es}}</ref> como, por exemplo, o anarcosindicalismo ou o [[anarquismo cooperativista]].
 
* [[Posmodernismo]]: O termo posmodernismo ou [[posmodernidade]] designa xeralmente un amplo número de movementos [[Arte|artísticos]], [[cultura]]is, [[literario]]s e filosóficos que xurdiron a mediados do [[século XX]], definidos en diverso grao e maneira pola súa oposición ao [[modernismo]], ou á súa superación. As diferentes correntes do movemento posmoderno comparten a idea de que o proxecto modernista fracasara no seu intento de renovación radical das formas tradicionais da arte e a cultura, o pensamiento e a vida social, a emancipación da humanidade, en suma, e de que un proxecto semellante é imposíbel ou inalcanzábel nas condiciónes actuais. Fronte ao compromiso rigoroso coa innovación, o progreso e a [[crítica social|crítica]] das vangardas artísticas, intelectuais e sociales, ao que considera unha forma refinada de [[teoloxía]] autoritaria, o posmodernismo defende a hibridación, a cultura popular, e o descentramento da autoridade intelectual e científica. Adóitase dividir a posmodernidade en tres sectores, dependendo da súa área de influencia: como un período histórico, como unha actitude filosófica, ou como un movemiento artístico. Histórica, ideolóxica e metodoloxicamente diversos, comparten sen embargo un parecido de familia. Desde o punto de vista filosófico considérase a [[Friedrich Wilhelm Nietzsche|Nietzsche]] o primeiro posmoderno,<ref>[http://www.ub.edu/histofilosofia/gmayos/0dissolucio.htm "Nietzsche: el primer posmoderno"] de
Liña 172:
* [[Deconstrución]]: A '''deconstrución''' é a xeralización por parte do filósofo [[postestruturalismo|postestruturalista]] [[Francia|francés]] [[Jacques Derrida]] do [[método (filosofía)|método]] implícito nas análises do pensador [[Alemaña|alemán]] [[Martin Heidegger]], fundamentalmente nas súas análises [[etimoloxía|etimolóxicas]] da [[historia da filosofía]]. Analiza a construción dun [[concepto]] calquera a partir de procesos históricos e acumulacións metafóricas, mostrando que o claro e evidente dista de selo, xa que os útiles da [[conciencia]] en que o verdadeiro en si debe darse son históricos, relativos e sometidos ás [[paradoxa]]s das figuras retóricas da [[metáfora]] e a [[metonimia]]. O concepto de deconstrución está baseado tanto na filosofía como na [[literatura]], e tivo gran acollida especialmente nos Estados Unidos. Aínda que o termo xa fora utilizado por Heidegger, foi a obra de Derrida a que sistematizou o seu uso e teorizou a súa práctica. O termo é a tradución proposta por Derrida dos termos alemáns ''Destruktion'' e ''Abbau'', que Heidegger empregara en ''Sein und Zeit''. Derrida estima que ''deconstrución'' é máis correcto que a tradución clásica como ''destrución'', dado que non se trata tanto, dentro da deconstrución da [[metafísica]], da redución á nada, como de mostrar como foi abatida.<ref>Laurent Carraz, ''Wittgenstein et la déconstruction'', Antipodes, col. Écrits philosophiques, 2000.</ref>. En realidade, a palabra ''deconstrución'' apareceu en [[1955]] no contexto da filosofía francesa con ocasión da tradución do texto de Heidegger ''Zur Seinsfrage'' (Contribucións á cuestión do ser). Gérard Granel elixiu este termo para traducir a palabra alemá ''Abbau'' que quería distinguir de "destrución" (tradución de ''Zerstörung'')<ref>Marc Goldschmidt, ''Jacques Derrida: une introduction'', Pocket, 2003, páx. 20. [[Martin Heidegger]], ''Questions I'', 1968, páx. 240.</ref>.
 
== Notas ==
{{listaref}}
 
== Véxase tamén ==
 
=== Bibliografía ===
* Blackburn, S. (2001): ''Enciclopedia Oxford de filosofía''. Madrid: Tecnos. ISBN 84-309-3699-2
* Faye, E. (1998): ''Philosophie et perfection de l'homme. De la Renaissance à Descartes''. París: Librairie J. Vrin, "Philologie et Mercure". ISBN 2-7116-1331-3.
* Ferrater Mora, J. (1984): ''Diccionario de Filosofía''. Barcelona: Alianza Editorial. ISBN 84-206-5202-4
* Fontán, A. (2008): ''Príncipes y humanistas. Nebrija, Erasmo, Maquiavelo, Moro, Vives''. Marcial Pons. ISBN 978-84-96467-79-8.
* Fraile, G. (1986): ''Historia de la filosofía II''. ''El cristianismo y la filosofía patrísitica. Primera escolástica''. Madrid: Biblioteca de Autores Cristianos. 4ª ed. ISBN 842200534484-220-0534-4
* Guthrie, W. K. C. (1999): ''Historia de la Filosofía Griega. Vol. I: Los primeros presocráticos y los pitagóricos''. Madrid: Gredos. ISBN 84-249-0949-6
* Hirchsberger, J. (1991): ''Historia de la filosofía I''. Barcelona: Herder. ISBN 842540916084-254-0916-0
* Kirk, G. S., Raven, J. E., e Schofield, M. (2008): ''Los filósofos presocráticos. Historia crítica con selección de textos''. Madrid: ISBN 978-84-249-3567-2
* Maritain, J. (1936): ''Humanisme intégral. Problèmes temporels et spirituels d'une nouvelle chrétienté''. Paris: Fernand Aubier. (En español, 1935).
* Piaget, J. (1968): ''Le structuralisme''. París: PUF. col. "Que Sais-je?".
* Plotino (1985): ''Enéadas: libros III y IV''. Madrid: Gredos. ISBN 978-84-249-1004-4
:—— (1998): ''Enéadas: libros V y VI''. Madrid: Editorial Gredos. ISBN 978-84-249-1961-0
* Porfirio/Plotino (1992): ''Vida de Plotino/Enéadas: libros I y II''. Madrid: Gredos. ISBN 978-84-249-0860-7
* Quesada, D. (1998): ''Saber, opinión y ciencia: Una introducción a la teoría del conocimiento clásica y contemporánea''. Barcelona: Ariel. ISBN 84-344-8746-2
* Rey Pastor, J. (1997): ''Historia de la Matemática''. Vol. 1. Barcelona: Gedisa. ISBN 84-7432-207-3
* Rodriguez-Pereira, G. (2002): ''Resemblance Nominalism: A Solution to the Problem of Universals''. Oxford University Press. ISBN 0-19-924377-8 {{en}} ([http://books.google.com.br/books?id=iGjTq2Tr4usC&dq=resemblance+nominalism&printsec=frontcover&source=bl&ots=fOgJpdIXmX&sig=8iINlNbS-vAtvK6STkcaB3twnmY&hl=pt-BR&ei=MrPtSaawNJmxtgfs3-jFDw&sa=X&oi=book_result&ct=result&resnum=5 v] Consultábel en liña.)
* Roudinesco, E. (2008): ''Philosophy in Turbulent Times: [[Canguilhem]], [[Sartre]], [[Michel Foucault|Foucault]], [[Althusser]], [[Deleuze]], [[Derrida]]''. New York: Columbia University Press.
* Sánchez Meca, D. (2001): ''Teoría del conocimiento''. Madrid: Dykinson. ISBN 84-8155-775-7
* Sinesio de Cirene (1993): ''Himnos. Tratados??. Introdución, tradución e notas de F. A. García Romero. Madrid: Gredos. ISBN 978-84-249-1627-5
:—— (1995): ''Cartas''. Intr., trad. e notas de F. A. García Romero. Rev.: C. Serrano Aybar. Madrid: Gredos. ISBN 978-84-249-1682-4
* Russell, Bertrand (1959). El conocimiento humano: su alcance y sus limitaciones. Madrid: Taurus. ISBN 84-320-0841-9.
 
[[Categoría:Filosofía]]