Epicureísmo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
retiro ligazóns agora proporcionadas polo Wikidata
m Bot - borrado de comas antes de etcétera [http://academia.gal/dicionario#searchNoun.do?nounTitle=etc%C3%A9tera]; cambios estética
Liña 2:
O '''Epicureísmo''' é unha doutrina filosófica que foi fundada por [[Epicuro de Samos]] cara o século IV a.C. dentro do [[Época Helenística|período helenístico]], que seguiu á morte do rei macedonio [[Alexandre o Grande]]. O Epicureísmo entrou en pugna coas escolas do [[Estoicismo]] e o [[Escepticismo]].
 
== Contexto histórico ==
Coa morte de Alexandre o Grande no ano [[-323|323 a.C.]], iniciouse o período helenístico da cultura grega, que se prolongou ata o século VI d.C. Este período caracterizouse porque as cidades gregas caeron baixo o dominio militar de grandes [[imperio]]s coma o [[Imperio Persa|Persa]] ou o [[Imperio Romano|Romano]].
 
Liña 9:
En resumo, a Época Helenística foi un momento de crise en que as [[ética]]s dos epicúreos e os estoicos constituíron as dúas respostas máis significativas. Ambas as dúas intentarían crear valores éticos e novas formas de convivencia. Este esforzo tería como resultado principal a aparición e extensión de que a vida [[Felicidade|feliz]] era aquela que lles permitía ás persoas acadar a ''[[ataraxia]]'', é dicir, que o obxectivo fundamental da ética era proporcionar o autocontrol e a liberdade interior que permitisen ás persoas superar os sufrimentos propios da existencia humana.
 
== Orixe ==
No ano [[-306|306 a.C.]], Epicuro de Samos adquiriu a leira coñecida como "O Xardín" nas aforas da cidade de [[Atenas]] e fundou a súa escola de filosofía. Formada tanto por homes como por mulleres (gran novidade nas escolas gregas), nela viviu illado da [[Política|vida política]] e da [[sociedade]], practicando a [[amizade]] e a vida estética e de [[coñecemento]].
 
== Filosofía epicúrea ==
[[Ficheiro:Epicurus_Louvre.jpg|miniatura|dereita|Busto de Epicuro de Samos]]
Epicuro de Samos propuña a realización dunha vida boa e feliz mediante a administración intelixente de praceres e dores, a [[ataraxia]] e os vínculos de amizade entre os seus correlixionarios. Este pracer non debía de limitarse só ao corpo, como preconizaba o [[hedonismo]] cirenaico, senón que debía de ser tamén intelectual, dado que o home era un todo. Ademais, para Epicuro a presenza do pracer ou felicidade era un sinónimo da ausencia de dor, ou de calquera tipo de aflición: a fame, a tensión sexual, o aburrimento, etc. Era un equilibrio perfecto entre a mente e mailo corpo que proporcionaba serenidade, que eles denominaban ataraxia. O pracer puro era o ben supremo, a dor o mal supremo. Os praceres e sufrimentos eran consecuencia da realización ou impedimento dos apetitos.
 
Epicuro distinguía entre tres clases de apetitos:
Liña 27:
Aínda que subliñando o pracer como trazo máis importante da felicidade humana, para os epicúreos, coma para os [[estoicos]], o mellor camiño para acadar a boa vida era o da intelixencia e o cálculo racional, o camiño do coñecemento.
 
== Véxase tamén ==
=== Artigos relacionados ===
==== Conceptos ====
* [[Platonismo]] | [[Aristotelismo]]
* [[Estoicismo]] | [[Escepticismo]]
 
==== Personalidades ====
* [[Platón]] | [[Aristóteles]]
* [[Epicuro de Samos]]