Ensino superior: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Preparación: doutoramento
m Bot - borrado de comas antes de etcétera [http://academia.gal/dicionario#searchNoun.do?nounTitle=etc%C3%A9tera]; cambios estética
Liña 5:
Polo xeral o requisito de ingreso a calquera centro de ensino superior é ter 18 anos como mínimo, o que supón que se completaron a [[educación primaria]] e a [[educación secundaria]] antes de ingresar. É común que existan mecanismos de selección dos postulantes baseados no rendemento escolar da secundaria ou [[exame de acceso á universidade|exames de selección]]. Segundo o país, estes exames poden ser de ámbito estatal, local ou universitario. Noutros sistemas, non existe ningún tipo de selección. Cabe salientar tamén que cada vez máis institucións de ensino superior permiten, ou mesmo animan, o ingreso de persoas adultas sen que tiveran necesariamente éxito na educación secundaria; isto aplícase especialmente ás [[universidade aberta|universidades abertas]].
 
== Preparación ==
[[Ficheiro:ClareCollegeAndKingsChapel.jpg|esquerda|miniatura|260px|Universidade de Cambridge]]
A preparación que ofrece a educación superior é de tipo profesional ou académica. Distínguese entre estudos de pregrao, grao ([[carreira universitaria]]) e postgrao ([[máster]] e [[doutoramento]]) segundo o sistema de titulación profesional e graos académicos. Os establecementos de educación superior foron tradicionalmente as [[universidad]]es, pero ademais considéranse outros centros educacionais coma [[Instituto (ensino)|institutoinstitutos]]s, [[escola profesional|escolas profesionais]] ou escolas técnicas, [[centro de formación do profesorado|centros de formación do profesorado]], escolas ou [[instituto politécnico|institutos politécnicos]], etc. (as denominacións dependen do [[sistema educacional]] do país en particular).
 
== Outras funcións ==
Unha función importante, aparte do ensino, na educación superior son as actividades de [[investigación]] nos distintos niveis di saber. Outra importante función é a que corresponde a actividades de extensión, nas que se procura a participación da poboación e vólcanse cara a ela os resultados.
 
== Rol na sociedade ==
 
O papel xogado pola educación superior na sociedade cambia segundo a cultura do país; por exemplo, en moitos países do sur de [[Europa]] enténdese que o estudante vai á universidade para obter un diploma que lle asegurará un bo traballo, mentres que en varios países do norte de [[Europa]] o período de estudos á universidade é tamén un momento no que o estudante aprende a ser autónomo emocional e economicamente, aprende a se mesturar con xente de diferentes orixes, e se desenvolve como persoa. Nestes países, o estudante estuda nunha cidade máis ben lonxe do seu pobo natal.
 
== Véxase tamén ==
* [[Educación]]
 
=== Ligazóns externas ===
* [http://www.universidades.com Portal dedicado á Educación Superior]
* [http://www.eu-student.eu/ Eu-Student ''' Informacións sobre Erasmus e Prácticas''']
 
[[Categoría:Ensino]]