Abrir o menú principal

Cambios

m
Bot - borrado de comas antes de etcétera [http://academia.gal/dicionario#searchNoun.do?nounTitle=etc%C3%A9tera]; cambios estética
'''Ella Jane Fitzgerald''', coñecida como '''Ella Fitzgerald''' e alcumada '''Lady Ella''' e '''The First Lady of Song''' (''A primeira dama da canción''), nada en [[Newport News]] ([[Virxinia]]) o [[25 de abril]] de [[1917]] e finada en [[Beverly Hills, California|Beverly Hills]] o [[15 de xuño]] de [[1996]], foi unha cantante estadounidense de [[jazz]]. Non obstante esta condición básica de jazzista, o repertorio musical de Ella Fitzgerald é moi amplo e inclúe [[Swing (música)|swing]], [[blues]], [[bossa nova]], [[samba]], [[gospel]], [[Calipso (música)|calipso]], cancións de nadal, [[pop]] etc.
 
Canda [[Billie Holiday]] e [[Sarah Vaughan]], está considerada como a cantante máis importante e influente da historia do [[jazz]] (e, en xeral, da canción melódica popular). Estaba dotada dunha voz cun rango vocal de tres [[oitavas]], destacando a súa precisa e diáfana vocalización e a súa capacidade de improvisación, sobre todo no [[scat]], técnica que desenvolveu nos anos corenta e do que logo xurdiu o [[bop]]. Nos anos cincuenta sentou cátedra coa súa concepción da canción melódica, en paralelo á obra de [[Frank Sinatra]], coas súas versións dos temas dos grandes compositores da canción popular estadounidense (os ''songbooks'' de [[Duke Ellington]], [[Cole Porter]], [[Johnny Mercer]], etc.). O único reparo que se lle puxo ao seu talento interpretativo era a certa incapacidade para adaptarse emocionalmente a letras con contido dramático.
 
Gañou 13 Premios [[Grammy]], e foi galardoada coa Medalla Nacional das Artes e a [[Medalla Presidencial da Liberdade]] dos [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]].
Xa cega a consecuencia da [[diabetes]] que padecía, en [[1993]] perdía as súas pernas, e un tempo despois falecía en [[Beverly Hills]], [[California]]. Os seus restos atópanse no [[Cemiterio Inglewood Park]] dos [[Os Ánxeles|Ánxeles]], California.
 
== Discografía ==
* ''Lullabies of Birdland'' (1945; Decca)
* ''Ella, Lena and Billie'' (1955; Columbia)
* ''Sings the Cole Porter Song Book'' (1956; Verve)
* ''Ella and Louis [Verve]'' (1956; Verve)
* ''Ella and Louis Together [Laserlight]'' (1956; Laserlight)
* ''Sings the Rodgers and Hart Song Book'' (1956; Verve)
* ''Sings the Duke Ellington Song Book'' (1957; Verve)
* ''Ella Fitzgerald at the Opera House [live]'' (1957; Verve)
* ''Sings the Irving Berlin Song Book'' (1958; Verve)
* ''Ella in Rome: The Birthday Concert [live]'' (1958; Verve)
* ''Sings the George and Ira Gershwin Song Book'' (1959; Verve)
* ''Ella Sings Gershwin [MCA]'' (1959; MCA)
* ''Ella in Berlin [live]'' (1960; Verve)
* ''Sings the Harold Arlen Song Book'' (1960; Verve)
* ''The Harold Arlen Songbook, Vol. 2'' (1960; Verve)
* ''Wishes You a Swinging Christmas'' (1960; Polydor)
* ''Sings the Jerome Kern Song Book'' (1963; Verve)
* ''On the Sunny Side of the Street'' (1963; Verve)
* ''Sings the Johnny Mercer Song Book'' (1964; Polygram)
* ''Ella Fitzgerald [Universal]'' (1965; Metro)
* ''Ella at Duke's Place'' (1965; Verve)
* ''Ella & Duke at the Cote D'azur [live]'' (1966; Verve)
* ''Ella Fitzgerald's Christmas'' (1967; Capitol)
* ''Newport Jazz Festival: Live at Carnegie Hall'' (1973; Columbia)
* ''Ella in London'' (1974; Pablo/OJ)
 
== Véxase tamén ==
{{commons|Ella Fitzgerald}}
=== Ligazóns externas ===
* [http://www.ellafitzgerald.com/ Páxina web oficial] {{en}}
 
{{ORDENAR:Fitzgerald, Ella}}
 
[[Categoría:Paseo da Fama de Hollywood]]
[[Categoría:Personalidades da música dos Estados Unidos de América]]
381.175

edicións