Diferenzas entre revisións de «Elite»

m
Bot - borrado de comas antes de etcétera [http://academia.gal/dicionario#searchNoun.do?nounTitle=etc%C3%A9tera]; cambios estética
m (Simplificando redireccións cara a Estados Unidos de América)
m (Bot - borrado de comas antes de etcétera [http://academia.gal/dicionario#searchNoun.do?nounTitle=etc%C3%A9tera]; cambios estética)
'''Elite''' é un grupo minoritario dentro dunha [[sociedade]] e que ten un status superior ao resto de integrantes da mesma.
 
Dentro dunha mesma sociedade poden existir distintas elites, dependendo dos intereses particulares de cada unha delas. A existencia destas elites en plural relaciónase coa crecente diferenciación da sociedade. Na medida que distintos campos sociais se van facendo cada vez máis autónomos ([[arte]], [[economía]], [[ciencia]], [[política]], etc.), van emerxendo elites sectoriais que defenden os seus propios puntos de vista. Dende este ángulo, un dos problemas centrais das sociedades modernas é a integración horizontal, é dicir, o mantemento de relacións medianamente harmónicas entre distintas elites sectoriais. Por outra banda, tamén presentan o desafío da integración vertical, isto é, o establecemento dun contacto fluído co común da poboación.
 
Na historia do pensamento social este tema foi estudado dende a antigüidade, a partir de conceptos de sabedoría e virtude. No entanto, é cara a fins do [[século XVIII]] e comezos do [[século XIX|XIX]] cando a noción de elite cobra gran relevancia. A aparición do termo elite no [[lingua francesa|francés]] está intimamente relacionado cos ideais [[república|republicanos]], en tanto o concepto simboliza a demanda de que quen exerce o poder debe ser escollido segundo criterios de mérito e non segundo criterios de adscrición.
En termos analíticos, os pais dunha [[Teoría de elites]] son [[Caetano Mosca]] e [[Vilfredo Pareto]], aínda cando algúns tamén consideran a relevancia fundacional de [[Robert Michels]], sobre todo pola súa lei sobre a crecente oligarquización dos [[partido político|partidos políticos]] en particular e das organizacións sociais en xeral. Outro autor de grande relevancia é [[Wright Mills]], xa que el acuñou o termo de elite de poder. Con este concepto faise referencia ao núcleo de poder que en [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]] se produce entre as elites económicas, políticas e militares.
Actualmente existe certo consenso en que as elites son necesarias na sociedade e que sería máis ben quimérico pensar na súa inexistencia. De feito, coa caída dos [[socialismo]]s reais e o solpor da [[utopía]] dunha [[sociedade]] sen [[Clase social|claseclases]]s, as elites volven lentamente a ocupar un lugar central na teoría social. O propio dunha teoría de elites é o acento do conflito entre distintas elites, así como tamén a imputación de responsabilidade polo decurso que vai adoptando a sociedade e, para rematar, a [[énfase]] na axencia antes que na estrutura. De feito, as elites poden ser concibidas como actores claves para posibilitar ou impedir o cambio dunha sociedade.
 
== [[Etimoloxía]] ==
Elite provén de da palabra [[lingua francesa|francesa]] ''élite'', e esta do [[lingua latina|latín]] ''eligere'' (significa ''elixir'' ou ''seleccionar''). En francés, o [[acento agudo]] non é un acento de intensidade, senón que indica que o "e" se pronuncia pechado. En [[lingua castelá|español]] entendeuse erroneamente que o acento agudo de "élite" era de intensidade, polo que normalmente se pronuncia como unha [[palabra esdrúxula]], porén esta pronuncia está considerada incorrecta pola [[Real Academia Española|Real Academia]]. En [[Lingua galega|galego]], igual que en portugués e en español a pronuncia correcta é con acento no i.
 
== Bibliografía ==
* Artigo ''Teoría das elites'' no ''Dicionario Crítico de Ciencias Sociais''.
* ''Elites and Society'': T.B. Bottomore.
 
[[Categoría:Socioloxía]]
393.002

edicións