Abrir o menú principal

Cambios

m
Bot - borrado de comas antes de etcétera [http://academia.gal/dicionario#searchNoun.do?nounTitle=etc%C3%A9tera]
En [[1945]] vende a liña de autobuses e funda a construtora BECOSA (Barreiros Empresa Constructora, S.A.), unha empresa de obras públicas para a que desenvolve maquinaria e aplicacións de construción propia. A construtora, grazas ás melloras tecnolóxicas, axiña prospera e consegue contratos en Galicia e en [[Castelló]].
 
En [[1949]] comezou a converter [[motor de gasolina|motores de gasolina]] en [[motor diésel|diésel]], ao principio para o propio consumo nas súas empresas e despois, a partir de [[1951]], como liña de negocio fundamental, para o que se establece en [[Madrid]]. En [[1954]] fundou a empresa Barreiros Diésel cun capital de 10 000 000 de [[peseta]]s, e onde fabricou o motor [[EB-6]] de tecnoloxía propia e posteriormente tamén camións completos. Despois pasará a desenvolver novos motores [[EB-4]] para turismos e taxis, así como material complementario eléctrico ([[bomba de inxección|bombas de inxección]] a través da empresa CABSA, [[dinamo]]s e arrinques a través de CEESA, etc.). Estaba en condicións de dedicarse de cheo á produción de [[automóbil]]es completos, e funda MOSA, cun capital de 5 000 000 para a comercialización dos vehículos e das pezas.
 
A partir de [[1957]] comeza a internacionalización do seu capital. Primeiro chega a un acordo coa empresa [[Reino Unido|británica]] David Brown para montar unha sociedade, participada maioritariamente por el e dedicada á construción de [[engrenaxe]]s. En [[1960]] dedícase á fabricación de tractores coa [[Alemaña|alemá]] Hanomag, tamén maioritariamente controlada por Barreiros, e despois expándese cara á construción de pequenos camións, motores para turismos ou máquinas de transporte de mercadorías. En [[1962]] asociouse coa empresa [[Estados Unidos de América|estadounidense]] [[Chrysler]] e fundou Barreiros Chrysler, o que supuxo a entrada en España desa marca de [[automóbil]]es e un rápido desenvolvemento das vendas dos produtos Barreiros, particularmente das series de automóbiles [[Simca]] e [[Dodge Dart]] e de camións [[Saeta]]. No momento de máximo apoxeo da empresa, en [[1966]], traballaban na factoría que tiña en [[Madrid]] uns 10.000 empregados (25.000 entre todas as empresas do grupo).
381.175

edicións