Dublín: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot - borrado de comas antes de etcétera [http://academia.gal/dicionario#searchNoun.do?nounTitle=etc%C3%A9tera]
Liña 159:
* O final coa terminación ''-try'', coma en Santry (9) e Dartry (6);
* A terminación xenérica (moitas veces fosilizada na ortografía) ''-gh'', que non é máis cá a transcrición inglesa dun son gaélico: Ranelagh (6), Philsboro[ugh] (7), Cappagh (11), Drimnagh (12), Donaghmede (13), Cruagh (16), Clonshaugh (17), Kilnamanagh (24) e Tallaght (24);
* O final en ''-ore'' de Rossmores (6W), Inchicore (8), Cremore (11), ¿Philsboro (7)?, etc.;
* O inicio con ''Kil-'' coma en Kilmainham (8), Kilshane (11), Kilmashoge (16), Kilternan (18), Kilnamanagh (24), Kimacud (D.E.S.1), Killliney (D.E.S.2) e Kill-O-The-Grange (D.E.S.2), existente en toda Irlanda e utilizado tamén para Kildare St. (2);
* O remate en ''-f'' coma en Cloniffe (3), Clontarf (3) ou Corduff (15);
Liña 171:
A cidade está gobernada polo [[Dublin City Council]] ou ''Comhairle Cathrach Bhaile Átha Cliath'' en [[lingua irlandesa|irlandés]] (anteriormente denominado ''[[Dublin Corporation]]'' ou ''Bardas Bhaile Átha Cliath''), que é presidido polo [[Lord Mayor de Dublín]], que é elixido anualmente e que reside na [[Mansion House (Dublín)|Mansion House]] (en [[lingua irlandesa|irlandés]] ''Teach an Ardmhéara''). O Dublin City Council ten dúas sedes: a principal é o [[Dublin City Hall]] (''Halla na Cathrach'' en irlandés e antigamente ''Royal Exchange''), construído contra entre [[1769]] e [[1779]]; ademais, o Dublin City Council foi adquirindo moitos dos terreos que compuñan o [[Wood Quay]] en distintas fases entre [[1950]] e [[1975]] para finalmente anunciar que sería o lugar elixido para as súas novas oficinas, levantando unha gran polémica, xa que a construción das mesma suporía a destrución dun dos lugares máis emblemáticos da cidade.
 
O Concello é unicameral e consta de 52 membros electos cada cinco anos a partir das elecciónss municipais. O partido ou coalición de partidos coa maioría dos asentos, é o que decide que senta na comisión, as políticas a seguir, e quen é o Lord Mayor. O Concello está presidido polo Presidente da Cámara e ten un orzamento anual para destinado á xestión do tráfico, o lixo, planificación, etc. O Dublin City Manager é responsable da execución das decisións da Cámara Municipal. As Reunións do Consello teñen lugar na sede do [[Dublin City Council]], a antiga ''Royal Exchange'', retomado para o uso do goberno da cidade en [[1850]].
 
O actual Lord Mayor é Gerry Breen, pertencente ao [[Fine Gael]].<ref>[http://www.dublincity.ie/YourCouncil/LordMayorDublin/Pages/MeetTheLordMayor.aspx Meet the Lord Mayor]</ref> No [[2008]], o Goberno anunciou plans para unha reforma no goberno local que incluían plans para a elección dun alcalde con poderes executivos. O Ministro de Medio Ambiente John Gormley dixo que o novo alcalde debería conseguír un goberno local máis eficiente para os cidadáns da capital.<ref>[http://www.rte.ie/news/2010/0224/dublin.html RTÉ - New Dublin mayor to control planning]</ref> O plan incluía tamén plebiscitos locais, [[presuposto participativo]], entroutras medidas.<ref>[http://www.rte.ie/news/2008/0422/local.html?rss Elected mayors in plans for local]</ref> Aínda que se publicou un proxecto de lei para lograr os trocos en [[Outubro]] do [[2010]],<ref>[http://www.environ.ie/en/LocalGovernment/LocalGovernmentReform/DublinMayor/ The Local Government (Dublin Mayor and Regional Authority) Bill 2010]</ref> mais a nova lei non completara o seu paso polo [[Oireachtas]] cando o [[Partido Verde (Irlanda)|Partido Verde]] deixou o goberno, propiciando as eleccións xerais a principios do [[2011]].<ref>[http://www.rte.ie/news/2011/0123/politics1.html Green Party withdraws from Government]</ref>