Diferenzas entre revisións de «Doríforo»

m
Bot - borrado de comas antes de etcétera [http://academia.gal/dicionario#searchNoun.do?nounTitle=etc%C3%A9tera]; cambios estética
m
m (Bot - borrado de comas antes de etcétera [http://academia.gal/dicionario#searchNoun.do?nounTitle=etc%C3%A9tera]; cambios estética)
O '''Doríforo''' é unha [[estatua]], orixinalmente de [[bronce]], atribuída ao escultor grego [[Policleto]]. Unha copia [[Roma antiga|romana]] de [[mármore]] de 2.12 metros atópase no [[Museo Arqueolóxico Nacional de Nápoles]], [[Italia]]
 
Representa a un mozo de pé, a un atleta vencedor que porta unha lanza ou xavelina na man esquerda. Considérase esta obra como o arquetipo de [[Canon (arte)|canon]] perfecto, polo seu estudio matemático das [[proporcións]] ideais na representación do corpo humano: a altura do corpo era sete veces a da cabeza, a cal se dividía en tres parte iguais: fronte, nariz, e distancia entre nariz e queixo; o pé era tres veces a lonxitude da palma da man; a perna, do pé ao xeonllo, era seis veces a lonxitude da palma da man, etc.
 
O corpo é concibido coma un conxunto de planos, moi separados, e molduras: podémolo observar no bordo dos peitorís e na rugosidade pelviana, por exemplo. Estes pregamentos musculares tan vigorosos suxiren [[Volume (magnitude)|volume]]. Outra achega importante do Doríforo é a posición da figura, pois [[Policleto]] acada o equilibrio cun ritmo cruzado e compensado, o [[contraposto]], que lle dá efecto de [[profundidade]]. Presenta a cabeza lixeiramente ladeada, inclinación derivada da postura, xa que a figura gravita sobre a dereita. O lado esquerdo proxéctase para fóra co fin de soster a lanza apoiada no ombro, e responde á curvatura do lado oposto. Unha observación polo miúdo permítenos comprobar a diferente función de cada perna. Deste xeito, rompe co estatismo arcaico, pois a figura está en actitude de avanzar, pero hai unha contención do movemento: pódese dicir que posúe a estabilidade do movemento en potencia.
O [[realismo]] na obra é manifesto e consegue ofrecer a beleza ideal do corpo masculino. Non obstante, aínda non é posible apreciar a beleza na expresión, pois o seu rostro é inexpresivo e frío.
 
O Doríforo exerceu moita influencia na estatuaria grecorromana, pois era o modelo a imitar, e en consecuencia, na posterior [[escultura]] moderna, xa a partir do Século XV.
== Véxase tamén ==
{{Commonscat|Doryphoros}}
=== Outros artigos ===
* [[Apoxiomeno]]
* [[Policleto]]
=== Ligazóns externas ===
* [http://www.artehistoria.jcyl.es/historia/obras/7938.htm Páxina de ArteHistoria sobre o Doriforo.] {{es}}
 
[[Categoría:Escultura da Grecia antiga]]
393.002

edicións