Doenza pulmonar obstrutiva crónica: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
m Bot - borrado de comas antes de etcétera [http://academia.gal/dicionario#searchNoun.do?nounTitle=etc%C3%A9tera]
Liña 1:
{{Medicina en progreso}}
A '''doenza pulmonar obstrutiva crónica (DPOC)''' (en [[lingua inglesa|inglés]] ''COPD'' - ''chronic obstructive pulmonary disease'') é unha enfermidade pulmonar caracterizada pola presenza dunha obstrucción das vías aéreas ([[alvéolo pulmonar|alvéolos]], [[bronquíolo]]s e [[bronquio]]s, na meirande parte das veces de xeito progresivo e en xeral irreversíbel. A causa principal da DPOC é a [[inflamación]] crónica dos [[pulmón]]s por mor da inhalación de pequenas partículas nocivas e gases, sobre todo o fume do [[tabaco]]. É por iso que a DPOC é unha [[doenza]] prevíbel se se abandona o [[tabaquismo]]. A obstrución das vías aéreas provoca pois unha limitación do fluxo do [[ar (atmosférico)|ar]] aos pulmóns. Esta limitación do fluxo aéreo non é máis ca unha serie de procesos inflamatorios mesturados, como poden ser a [[bronquiolite obstrutiva]], ou [[enfisema]] (destrución do parénquima). Co paso do tempo, estes procesos rematan por minguar a capacidade respiratoria do doente e chegan mesmo a acurtar considerábelmente a vida do paciente.
Entre un 20% e un 25% dos fumadores rematan por desenvolver a [[doenza]]. Porén, aínda son descoñecidas as causas da predisposición ao padecemento da DPOC. Case que tódolos estudos confirman que pode ser un compoñente multifactorial o que determine a susceptibilidade individual á enfermidade, isto é, interveñen elementos [[xenética|xenéticos]], como ambientais (alimentación, tabaco, estilo de vida, etc).
É a 4º causa de morte no mundo, e constitúe unha das [[doenza]]s na que non se conseguiu minguar a mortalidade nos derradeiros 30 anos.