Diplomacia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
retiro ligazóns agora proporcionadas polo Wikidata
m Bot - borrado de comas antes de etcétera [http://academia.gal/dicionario#searchNoun.do?nounTitle=etc%C3%A9tera]
Liña 19:
 
== Órganos da diplomacia ==
O Estado mantén relacións diplomáticas por intermedio de órganos especializados. Tales órganos afán organizarse ao redor dun [[Ministerio de Asuntos Exteriores]] (ou outros nomes: Ministerio de Relacións Exteriores, Ministerio de Negocios Estranxeiros, Departamento de Relacións Exteriores, Departamento de Estado, Secretaría de Relacións Exteriores, etc.) e contar cun cadro de profesionais que representan o Estado ante outros gobernos, o chamado "servizo diplomático".
 
Á beira da diplomacia profesional, os Estados tamén botan man de misións temporais ao exterior ("diplomacia ''ad hoc''") para desempeñar determinada función (negociar un [[tratado]], por exemplo). Este tipo de misión pode involucrar a outros órganos do Estado, como os Ministerios de Comercio, Facenda, Agricultura, Defensa, etc.
 
O dereito internacional recoñece ao [[Primeiro Ministro]] un papel na diplomacia, podendo ata negociar e asinar tratados sen necesidade de plenos poderes, da mesma forma que o Ministro do Exterior. Compete ao Xefe de Estado, ademais, a prerrogativa de ratificar os tratados en nome do seu país. Ao longo do [[século XX]], xurdiu a chamada "diplomacia presidencial", froito da maior facilidade de comunicación entre os países e da vantaxe natural que representa a toma de decisión ao máis alto nivel.