Diferenzas entre revisións de «Deus Pai»

m
Bot - borrado de comas antes de etcétera [http://academia.gal/dicionario#searchNoun.do?nounTitle=etc%C3%A9tera]; cambios estética
m (Bot - borrado de comas antes de etcétera [http://academia.gal/dicionario#searchNoun.do?nounTitle=etc%C3%A9tera]; cambios estética)
[[FileFicheiro:Cima da Conegliano, God the Father.jpg|miniatura|300px|''Deus Pai'' por [[Cima da Conegliano]], c. 1515]]
'''Deus Pai''' é un título dado a [[Deus]] en moitas relixións [[monoteísmo|monoteístas]], especialmente nas [[relixión abrahámica|abrahámicas]]. No [[xudaísmo]] Deus é chamado Pai por ser o creador, o dador da vida e da lei, e protector.<ref>{{cita libro|autor=BLIDSTEIN, Gerald J.|título=Honor thy father and mother: filial responsibility in Jewish law and ethics| ano =2006|id=ISBN 08812586280-88125-862-8}}</ref> No [[cristianismo]], Deus tamén é chamado ''"Pai"'' polas relacións paternofiliais reveladas por [[Xesús de Nazaret|Xesús Cristo]] e polas razóns mencionadas anteriormente.<ref>{{cita libro|autor=WEINANDY, Thomas|título=Jesus the Christ|publicación=OSV Press|id=ISBN 19317096881-931709-68-8}}</ref>
 
Polo xeral, o nome ''Pai'' representa o papel de Deus como dador de vida, [[autoridade]], protector poderoso e, a miúdo, percebido como [[omnipotente]], [[omnisciente]] e [[omnipresente]], cun poder infinito e cunha [[caridade]] máis aló do entendemento humano.<ref>{{cita libro|autor=KIMBROUGH, Lawrence|ano=2006|título=Contemplating God the Father|publicación=B&H Publishing|id=ISBN 08054408360-8054-4083-6}}</ref> Por exemplo, logo de rematar o grande traballo da ''[[Summa Theologica]]'', [[Tomé de Aquino]] concluía que non comezara a comprender aínda a Deus Pai.<ref>{{cita libro|PETRISKO, Thomas W.|ano=2001|título=The Kingdom of Our Father|publicación=St. Andrew's Press|id=ISBN 18919031871-891903-18-7}}</ref>
== O xénero de Deus ==
[[FileFicheiro:Schnorr von Carolsfeld Bibel in Bildern 1860 001.png|miniatura|200px|esquerda|Imaxe de Deus Pai por [[Julius Schnorr von Carolsfeld|Julius Schnorr]], 1860.]]
 
Na maioría das tradicións e escritos das grandes relixións monoteístas, atribúense características masculinas a Deus. Na [[Biblia]] fálase directamente de Deus como termo masculino "Pai", tanto no [[Antigo Testamento|Antigo]] como no [[Novo Testamento]].
A miúdo defínese a Deus como un ser puramente [[espírito|espiritual]] e, xa que logo, sen sexo. Por exemplo, o [[Catecismo da Igrexa Católica]] no seu punto 239 declara que ''"Convén lembrar, entón, que Deus transcende a distinción humana dos sexos. Non é home nin muller, é Deus"'' <ref>''Convém, então, lembrar que Deus transcende a distinção humana dos sexos. Não é homem nem mulher: é Deus.'' ([http://www.vatican.va/archive/cathechism_po/index_new/p1s2c1_198-421_po.html Catecismo da Igrexa Católica])</ref>.
 
Tamén na Biblia pódense atopar imaxes femininas referentes a Deus. Aínda que nunca se chama a Deus ''"Nai"'', ás veces compáraselle cunha nai. Unha muller dando a luz ([[Libro de Isaías|Is 42,14]]), unha nai que non esquece aos seus fillos (Is 49,15), que os conforta (Is 66,12-13), unha nai que protexe a Israel (Is 46,3-4), etc.
 
O [[Deus no islam|concepto islámico de Deus]] distánciase das concepcións xudeas e cristiás, e o termo "pai" non é aplicado polos musulmáns a Deus.
 
== Notas ==
{{listaref|2}}
 
393.002

edicións