Denotación: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Addbot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 14 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q1189753
m Bot - borrado de comas antes de etcétera [http://academia.gal/dicionario#searchNoun.do?nounTitle=etc%C3%A9tera]; cambios estética
Liña 3:
Nunha primeira aproximación percíbese que o proceso significativo reviste dúas modalidades:
 
* Dun lado, o [[significante]] transmite determinado contido nocional ([[significado]]) primario.
* Doutro, remite a certos valores afectivos evocadores, ideolóxicos, etc., asociados ó contido básico.
 
De aí que, aínda cando en tódalas [[mensaxe]]s se combinan ambos modos de significación, distínguese ás veces entre unha clase de mensaxes fundamentalmente denotativas (coma as [[Linguaxe científica|científicas]]) e outra de mensaxes eminentemente connotativas (coma as [[Linguaxe literaria|artísticas]]).
Liña 10:
Chámase '''denotación''' ao [[significado]] obxectivo dunha [[palabra]], a aquilo que unha palabra significa para a absoluta totalidade de coñecedores dunha [[lingua]], sen que exista a máis mínima discrepancia entre eles. Adoita coincidir este significado co que recollen habitualmente os [[dicionario]]s xerais.
 
== Denotación e referencia ==
O concepto de denotación pode prestarse a certo equívoco: como modalidade que é da significación, a denotación implica un tipo particular de relación entre un significante e un significado e, polo tanto, unha relación interna ó propio signo. É preciso, pois, diferenciar 'denotación' e 'referencia'. Esta última institúe a relación entre o signo e a cousa, a realidade extralingüística.
 
A denotación e o lugar concreto -dentro do sistema semántico- que o código asigna a un termo nunha cultura determinada. O significado denotativo maniféstase logo como independente do contexto, maniféstase en virtude da manipulación do contexto, da substancia do contido.
 
== Véxase tamén ==
<center>{{semántica}}</center>