Cuncha: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
m →‎A cuncha dos gasterópodos: no DRAG non é esdrúxula
m Bot - borrado de comas antes de etcétera [http://academia.gal/dicionario#searchNoun.do?nounTitle=etc%C3%A9tera]; cambios estética
Liña 7:
[[Ficheiro:Moules_Miesmuscheln_mussel3.jpg|dereita|miniatura|Cuncha de mexillón (''Mytilus galloprovincialis'')]]
 
== Clasificación dos moluscos segundo a cuncha ==
[[Ficheiro:Bivalvia.jpg|miniatura|Cunchas de distintas especies de moluscos [[bivalvo]]s.]]
 
Liña 15:
* [[Monoplacóforo]]s: pequenos moluscos cunha cuncha en forma dunha peza cónica dorsal (non inclúen as '''lapas''').
* [[Poliplacóforo]]s ([[quitón]]s): cuncha formada por oito valvas que cubren a superficie dorsal e pé moi desenvolvido.
* [[Gasterópodo]]s ([[caracol|caracois]], [[Lapa (molusco)|lapalapas]]s, [[lesma]]s): cuncha univalva, enrolada sobre si mesma, que acolle a masa visceral e un pé ben desenvolvido. Nalgunhas especies, coma as lesmas, redúcese a unha pequena placa branda ou chega a faltar.
* [[Bivalvo]]s (= [[lamelibranquio]]s) ([[mexillón]]s, [[ostra]]s, [[Ameixa (molusco)|ameixaameixas]]s): pé en forma de machado e cuncha formada por dúas [[valva]]s artelladas.
* [[Escafópodo]]s ([[dente de elefante]]): cuncha formada por unha soa valva tubular e apuntada.
* [[Cefalópodo]]s: carecen de pé, que se transformou en tentáculos. A cuncha pode estar ben desenvolvida, semellante á dos caracois (coma no [[nautilus]]), reducida a unha pluma interna ([[lura]], [[xiba]]) ou faltar ([[polbo]]).
 
== Composición ==
Desde un punto de vista químico, a cuncha dos moluscos está formada por unha matriz orgánica fundamentalmente proteica, constituída por '''conquiolina''', '''conchiolina''' ou '''conchina''' (unha [[escleroproteína]]), na que se depositan sales minerais, concretamente [[carbonato cálcico]] (CaCO<sub>3</sub>).
 
Liña 29:
A distinta disposición dos dous compoñentes é o que explica las grandes variacións nas formas e relevos das diferentes especies. O material orgánico pode chegar a representar un terzo do peso seco da cuncha.
 
== Estrutura ==
[[FileFicheiro:Nassarius_reticulatus.JPG|miniatura|''[[Nassarius reticulatus]]'', presente nas costas galegas]]
A estrutura típica da cuncha dos moluscos consta de tres capas:
* A capa externa clámase '''periostraco''' (do grego ''peri'' =ó redor, e ''ostrakon''= casco). Está constituída exclusivamente por '''conquiolina''', segregada polo pregue do bordo do manto. Disponse a modo de membrana sobre o resto da cuncha e cae con facilidade ó morrer o animal e secarse a cuncha. Normalmente é transparente ou de cor marrón, sen brillo. Cumpre unha función protectora da cuncha evitando a disolución do carbonato na auga e tamén serve para evitar ou dificultar a fixación doutros organismos acuáticos sobre o molusco. Nos moluscos mariños é moi fina pero nos de auga doce é grosa como protección contra os restos vexetais en putrefacción.
Liña 36:
* A capa interna denomínase '''hipostraco''' (do grego ''hypos'' = por baixo) ou capa nacarada. Outros autores chámana '''endostraco'''. Está formada por numerosas e finas capas superpostas de aragonito e ás veces calcita, dispostas paralelamente á superficie del manto. Esta capa é segregada por toda a superficie do manto, polo que aumenta de grosor segundo medra o animal (as dúas capas anteriores só crecen en lonxitude, non en grosor). Segundo o grosor e forma destas láminas, a superficie interna da cuncha terá un aspecto mate, coma porcelana, ou liso e irisado. Neste último caso denomínase '''[[nácar]]'''.
 
=== A cuncha dos gasterópodos ===
[[Ficheiro:Cuncha_GFDL_Galicia4.jpg|miniatura|Cunchas de gasterópodos mariños]]
Na maior parte das especies, as cunchas son '''[[dextroxiro|dextroxiras]]''', coa espiral enrolada á dereita, de forma que a boca da cuncha, disposta esta verticalmente co ápice cara abaixo, case sempre queda á dereita da cuncha.
Liña 45:
En Galicia, estes opérculos reciben os nomes de ''ollomao'', ''ollo de boi'', ''ollo de boi vidal'', ''ollo vidal'' ou ''ollo mariño''. En castelán: ''ombligo de Venus'' e ''haba marina''.
 
== Formación da cuncha ==
A cuncha aparece xa no estado de larva e medra continuamente durante a vida do animal. As diferencias climáticas, de acceso ó alimento e de concentración de calcio na auga nas distintas estacións do ano fan que o crecemento da cuncha sexa descontinuo, de forma que na cuncha poden apreciarse liñas de crecemento semellantes ós aneis das árbores, se ben non se deben interpretar como ciclos anuais de crecemento, como nestas últimas. Estas liñas son as estrías lonxitudinais ou concéntricas (máis visibles nos bivalvos), paralelas ó bordo da cuncha, máis ou menos marcadas segundo a especie.
 
En caso de que o animal sufra danos na cuncha, o manto pode rexenerala, quedando unha especie de cicatriz.
 
== Esculturas e patróns de cor ==
Na superficie da cuncha dos moluscos poden atoparse diferentes estruturas propias das distintas especies, que dan lugar a unha amplia variedade de formas, cores e relevos externos (ou esculturas).
 
[[Ficheiro:Shell_On_Sand.jpg|miniatura|Berberecho rabioso (''Acanthocardia'' sp)]]
Os relevos ou '''esculturas''' (costelas, espiñas, dentes, etc.) son característicos da especie. As [[costela]]s poden dispoñerse de dúas formas: '''axiais''', concéntricas ou lonxitudinais, paralelas ó bordo da cuncha, como é o caso do [[Carneiro (molusco)|carneiro]] ou da [[chirla]]; e espirais ou radiais (debidas ás ondulacións do manto), como na [[vieira]] ou no [[berberecho]]. Normalmente, cando están ben marcadas, unhas son ben patentes mentres que as outras están pouco definidas.
 
Noutras ocasións (coma no [[berberecho|berberecho rabioso]]) as costelas aparecen adornadas con nós ou espiñas.
Liña 60:
A '''cor da cuncha''' débese a pigmentos presentes no ostraco (na capa calcárea), influíndo tamén a composición e grosor do periostraco (ou capa de conquiolina). O patrón de cor de cada especie (a cor dominante, as manchas e a súa distribución) é característico da mesma, pero poden observarse notables variedades dentro dunha mesma especie.
 
== Galería ==
::''Artigo principal en [[Galería de imaxes de cunchas de Galicia]]''
<gallery>
Liña 77:
As conchas son moi duradeiras: máis tempo que os animais de corpo mole que as producen. En lugares onde se acumulan grandes cantidades de conchas fórmanse [[sedimento]]s que poden converterse, por compresión, en [[calcario]].
 
== Ligazóns externas ==
* Malakos [http://www.eumed.net/malakos/index.html]
{{Commons|category:shell|cunchas}}
 
[[Categoría:Termos zoolóxicos]]
 
 
[[cs:Schránka]]