Cubismo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Addbot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 69 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q42934
m Bot - borrado de comas antes de etcétera [http://academia.gal/dicionario#searchNoun.do?nounTitle=etc%C3%A9tera]; cambios estética
Liña 89:
=== Cubismo sintético ===
No cubismo sintético os obxectos reconstrúense a través da introdución da cor e de diferentes materias (anacos de madeira, recortes de periódico, tea, area...), a realidade recupérase pero non para imitala, se non para dar vida propia ó obxecto dentro do espazo real e libre do cadro. (“Bodegón con silla de rejilla”, 1912, de [[Picasso]])
Do cubismo sintético considérase creador a Juan Gris quen dixo, “ De un cilindro hago una botella”. Este pintor, a través da xeometría consegue a imaxe total, obxectos novos a partir do abstracto, (“Naturaleza muerta con botella”-1912).
 
A fase sitética trouxo a reconsideración dalgúns dos xeitos expresivos da anterior. A cor volve a ter agora un maior protagonismo. As superficies, aínda que seguen aparecendo sempre fragmentadas, eran máis amplas e decorativas. A novidade máis singular foi, se dubida o uso de materiais non pictóricos. Esta técnica coñecida como “collage” incorporou ó lenzo elementos cotiás como paquetes de cigarrilos, paxinas de periódicos, anacos de vidro, e ás veces incluso area. O que se propoñen ó introducir nos cadros ou nos debuxos, trocos de papel de periódico, papel pintado, trocos de plástico, etc., era renunciar ós artificios do pincel, substituíndo a superficie “Pintada a man” polo elemento “Xa feito”. Tamén se consideraba realismo, pois o mellor medio para conseguir plasmar a realidade era pegar no cadro a propia realidade, é dicir, é máis fácil e máis verídico, pegar nun cadro un periódico, que pintalo.
[[Georges Braque|Braque]] explicou que utilizaba o [[collage]] para lograr maior obxectividade, aínda que os obxectos que pegaba nos cadros non facia que as obras parecesen máis reais. Ó contrario, a primeira vez que Picasso pegou algo nun lenzo foi un anaco de plástico estampado que imitaba o vimbio dunha cadeira.
 
Liña 106:
 
* Dunha parte o impacto que nos círculos artísticos de [[París]] causou a escultura primitiva africana (incluso tamén a Ibérica –segundo algúns críticos-).
* Por outra parte pola influencia do pintor francés [[Paul Cézanne]] e a súa tendencia a minguar os volumes dos obxectos reais a elementos simples como o cilindro, a esfera, o cubo, etc.
 
Ademais do antedito tamén influíu a reacción que nese momento houbo contra o [[fauvismo]], tendencia pictórica na que o estalido da cor era un dos aspectos máis sobresaíntes. Os creadores, que iniciaron as experimentacións cubistas foron [[Picasso]] e [[Georges Braque|Braque]]. O primeiro cadro cubista, pintado por Picasso en 1907 “Las Señoritas de Avignon”. Neste lenzo, as figuras femininas están singularmente tratadas, as súas siluetas semellan estar fracturadas, teñen formas planas e os trazos que as delimitan son sempre rectilíneos e angulares. Ó mesmo tempo téntase representar, de xeito simultáneo, un rostro humano de fronte e de perfil. Á vez que Picasso desenvolvía estas investigacións, Braque realizaba unha serie de paisaxes caracterizados pola escaseza de colorido e por representar os volumes a base de planos inclinados.