Cualedro: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Cambio o modelo: Referencias
m Bot - borrado de comas antes de etcétera [http://academia.gal/dicionario#searchNoun.do?nounTitle=etc%C3%A9tera]
Liña 139:
 
==== Saneamento ====
Os núcleos de Cualedro contan cunha rede completa municipal de saneamento; son independentes en cada núcleo e unitarias (saneamento e pluviais xuntas). Nos tramos novos que o Concello está executando (A Xironda, Rebordondo, etc.) a rede é separativa. O sistema é antigo, con posibles problemas de estanquidade. Os materiais, dependendo da data de colocación, son fibrocemento e formigón; o seu diámetro, totalmente insuficiente, é de 30 cm. Como sucede coa rede de abastecemento, os elementos de control e os sumidoiros aparecen nalgúns núcleos cubertos de asfalto, con evidentes problemas de inaccesibilidade.
 
A [[depuración de augas residuais|depuración]] das [[augas residuais]] é colectiva, municipal e a través de fosas sépticas. En xeral, o estado das fosas é regular, con moitos problemas de mantemento, rebase, etc.
 
==== Infraestruturas tradicionais: a rede de fontes ====
Cualedro conta cunha sorprendente colección de fontes nos seus núcleos, que enriquecen o espazo público. Todas están en uso pero, en xeral, necesitan limpeza e mantemento. Apreciamos dous tipos: fontes–manancial, cubertas con laxes de pedra ou bóveda (A Xironda, San Martiño, Montes, etc.) e fontes con pión, co cano nun extremo ou central (Baldriz, Carzoá, etc.) Ademais, o Concello conta con numerosos lavadoiros, moitos deles recuperados e en bo uso, moitos con cuberta (lixeira, de madeira ou metálica). Teñen interese como xeradores de espazo público de calidade e puntos de reunión.
 
==== Rede eléctrica ====
Liña 163:
 
==== Rede de camiños ====
Paralelamente a estes grandes eixes vertebradores do territorio, aparece outro viario máis miúdo e capilar que dá resposta ao sistema produtivo desenvolvido polo home: as agras; co fin de preservar a meirande parte da terra para a explotación agrícola, os asentamentos concéntranse orixinando núcleos compactos e densos. Xérase así unha estrutura viaria moi clara: unha rede camiñeira principal que conecta os núcleos, unha rede de accesibilidade ás agras, unha rede de conexión coa agra, e o rueiro dentro dos núcleos. Este sistema chega ata o s. XX case intacto, como observamos no espectacular voo do 59: unhas agras potentes e uns núcleos de bordes limpos, cuns espazos de transición de hortas ou cortiñas. Nos camiños e rúas importantes sitúanse os elementos relevantes da vida cotiá: as igrexas, o forno, as airas, etc. De entre estes elementos, no municipio de Cualedro destacan as fontes, pola súa abundancia e a súa calidade. Toda esta estrutura permanece hoxe en día máis ou menos intacta, dependendo da incidencia das últimas actuacións: as novas infraestruturas viarias e o trazado da concentración parcelaria.
 
==== Estado actual da rede viaria ====
Liña 169:
 
==== Situación do viario nos núcleos ====
Como dixemos, o sistema tradicional de núcleos e agras presente en Cualedro xera unha estrutura viaria concreta: unha rede camiñeira principal de conexión dos núcleos; unha rede de accesibilidade ás agras; unha rede de conexión coa agra, cuns espazos de transición de hortas ou cortiñas; e o rueiro dentro dos núcleos, de gran riqueza, con múltiples espazos intersticiais. Os camiños vinculados á agra perdéronse en moitos lugares a causa da concentración parcelaria, a contracción da explotación agrícola e o uso do coche. Dentro dos núcleos perdura o rueiro tradicional, aínda que bastante degradado. O uso de pavimentos inadecuados (regos asfálticos ou aglomerados de cemento) e sobre todo a súa execución indebida, xeran graves problemas: os elementos de control das redes de abastecemento de auga e saneamento non son accesibles; aparecen problemas de rasantes –acceso ás vivendas, equipamentos, rúas, etc; ao tratarse de pavimentos impermeables, a drenaxe de pluviais complícase, agravado polo cubrimento dos sumidoiros con rego asfáltico (ademais, ao existir gando en algúns núcleos, a evacuación faise imposible); perda da calidade ambiental e da riqueza do conxunto; a falta de criterio fixo que se cubrisen de asfalto elementos vexetais de interese (soutos, parras, etc.).
 
==== Viario da concentración parcelaria ====
O proceso físico máis agresivo que sufriu este territorio é a concentración parcelaria. A dureza do seu trazado superponse ao viario preexistente e chega ata os núcleos destruíndo moitos espazos intermedios de interese: lugares a carón de fontes, soutos, hortas, etc. Noutros casos estes elementos comunais elimínanse para colocar vivenda nova apoiándose nas novas vías.
 
==== Transporte público; mobilidade e accesibilidade ====
O transporte colectivo de viaxeiros está garantido en Cualedro. O servizo depende da empresa Villalon S. A., do [[Grupo Castromil]]. A pesar de que as liñas foron reforzadas ultimamente, os sábados e domingos non hai servizo, o que causa un grave problema, dada a dependencia dos núcleos coa capital municipal e Verín. Todos os núcleos están conectados co transporte público en maior ou menor medida. As marquesiñas, de propiedade municipal, son claramente mellorables. As liñas e os horarios non están sinalizados. Dada a debilidade do servizo, faise patente ea dependencia dos cidadáns do coche ou do taxi (parada en Cualedro), en detrimento da accesibilidade aos servizos (centralizados basicamente na capital municipal ou Verín) e a mobilidade intramunicipal (núcleos non moi apartados pero escasamente conectados).
 
A accesibilidade do norte do Concello (As Mercedes, Baldriz) é a todas luces insuficiente: mala conexión por liñas de transporte colectivo, viario de acceso en peores condiciones, pouquidade de servizos dotacionais, etc. Con respecto á accesibilidade extramunicipal, a autovía A-52 coloca ao Concello de Cualedro nun lugar privilexiado: conexión Vigo–Meseta (aeroportos, portos); conexión Ourense (conexión con [[Santiago de Compostela]] a través da autoestrada [[A-53]], actualmente en construción o treito [[Lalín]]–Ourense); conexión Verín–Chaves (en tramitación a autovía Verín–fronteira Portuguesa). É relevante a conexión entre a A-52 e a N-525. A mobilidade extramunicipal é forte dada a dependencia de servizos de Verín, aínda que os movementos Cualedro–Verín por motivos de traballo non semellan os desexables.
 
== Estado e características da edificación ==