Cronoloxía do Antigo Oriente Próximo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Rotlink (conversa | contribucións)
m fixing dead links
m Bot - borrado de comas antes de etcétera [http://academia.gal/dicionario#searchNoun.do?nounTitle=etc%C3%A9tera]; cambios estética
Liña 15:
 
As principais fontes son
* A [[taboíña de Venus de Ammisaduqa]]: proporciona información sobre [[Fenómeno|fenómenos astronómicos]] que se poden fixar no tempo.
* As listas de [[limmu]] ou funcionarios [[epónimo]]s: sistema usado en [[Asiria]] para dar nome aos anos.
* [[Cronoloxía de reis de Asiria|Lista real Asiria]]: relación dos reis asirios ata a desaparición de Asiria en [[-612]].
* [[Lista de reis sumerios|Lista real sumeria]]: relación dos diferentes reis [[wikt: gl: Hexemonía|hexemónicos]] en [[Mesopotamia]] ata Damiq-ilishu ([[-1816]] - [[-1794]]), último rei da I [[dinastía]] de [[Isín]].
* [[Historia sincrónica]]: escrita en Asiria, dá noticias sobre as relacións entre os reis de Asiria e Babilonia.
* [[Canon de Ptolomeo]]: relación de reis babilónicos e persas que inclúe a data dalgunhas [[eclipse]]s.
* [[Anais]] dos reis de Asiria: memoriais individuais dos propios [[monarca]]s.
 
== Metodoloxía ==
Os reinos mesopotámicos utilizaron distintos sistemas de datación. En Asiria sempre se usou o sistema dos funcionarios epónimos ou [[limmu]], que daban o seu nome ao ano. En Babilonia usaron dous sistemas, numerar os anos do reinado de cada rei (1er ano do reinado de..., 2º ano do reinado de...) ou ben nomear os anos con algún acontecemento importante ocorrido aquel ano (1. Hammurabi chegou a ser rei, 2. Estableceu a xustiza no país, etc), sistema coñecido como "nomes de ano".
 
Estes sistemas non tiña sentido nin utilidade práctica se non se dispuña dunha lista dos anos do reinado, logo listas de reinados por dinastías e finalmente listas de dinastías. O exemplo máis extenso é a lista real asiria que comprende a cronoloxía completa de todos os reis de Asiria ata a desaparición deste reino. Os mesopotámicos tamén confeccionaron listas que comprendían dinastías de varios reinos, como a [[Lista de reis sumerios|Lista real sumeria]] que engloba todos os reinos sumerios. Grazas a que moitas destas listas chegaron a nós, combinándoas, púidose establecer unha sucesión de reis e a duración dos seus reinados en diferentes reinos mesopotámicos, isto é, unha cronoloxía relativa.
Liña 36:
 
Para o período comprendido entre o [[-2500]] e o [[-1500]] a cronoloxía é menos precisa e máis polémica. Debido á ambigüidade e os erros que incorpora a taboíña de Venus déronse diferentes datas para certa posición no firmamento do [[Venus (planeta)|planeta Venus]], que se repiten cada 56 ou cada 64 anos, -1702, -1646 ou -1582. Esta diferenza de interpretación dá lugar ás diferentes cronoloxías antes mencionadas. As datas que cada unha delas dá ao reinado de Hammurabi, habitualmente utilizado como referente son:
* cronoloxía media: [[-1792]] - 1750
* cronoloxía alta: [[-1848]] - 1806 (+56 anos)
* cronoloxía baixa: [[-1728]] - [[-1662]] (– 64 anos)
 
A diferente datación absoluta para o reinado de Hammurabi suscitou e suscita unha gran polémica xa que o adoptar unha ou outra cronoloxía implica modificar gran parte do esquema cronolóxico para toda Mesopotamia.
Liña 48:
 
En orde cronolóxica inversa:
* [[Ammi-saduqa]], reinou 21 anos. Tendo en conta que o seu primeiro ano de reinado foi no [[-1646]], as súas datas son -1646 - -1626
* [[Ammiditana]], reinou 37 anos, entre o [[-1683]] e o -1647
* [[Abi-eshuh]], reinou 28 anos, entre o [[-1711]] e o -1684
* [[Samsuiluna]], reinou 38 anos, entre o [[-1749]] e o -1712
* [[Hammurabi]], reinou 43 anos, entre o [[-1792]] e o -1750
 
Agora, seguindo os sincronismos que se estableceron entre as diferentes dinastías e reinos, pódense ir enlazando unhas con outras:
Liña 151:
 
== Bibliografía ==
* [[Georges Roux|Roux, Georges]]: ''Mesopotamia''. Ediciones Akal. ISBN 84-7600-174-6
* [[Amélie Kuhrt|Kuhrt, Amélie]]: ''El Oriente Próximo en la Antigüedad, I ''. Editorial Crítica. ISBN 84-8432-050-2
* [[Vahe G. Gurzadyan|Gurzadyan, Vahe G.]]: «On the astronomical records and Babilonian chronology»; publicado en ''Akkadica'' v. 119-120, pp. 175-184, 2000.
* [[Mario Liverani|Liverani Mario]]. ''El antiguo Oriente''. Crítica. ISBN 84-7423-623-1.
* [[Joaquín Sanmartín|Sanmartín Joaquín]]: ''Historia antigua del Próximo Oriente''. Akal. ISBN 84-460-1032-1.
 
== Véxase tamén ==
=== Outros artigos ===
* [[Historia de Mesopotamia]].
* [[Cronoloxía de reis de Asiria]].
* [[Lista Real Sumeria]].
* [[Reis de Babilonia]].
 
=== Ligazóns externas ===
* [http://web.archive.org/20040223070714/www.geocities.com/farfarer2001/great_king_synchronisms.htm Sincronismos do antigo oriente]
* [http://xfacts.com/iraq2003/4.html Imaxe da taboíña de Venus de Ammisaduqa]
* [http://arxiv.org/pdf/physics/0311035 On the Astronomical Records and Babylonian Chronology] V. G. Gurzadyan
 
[[Categoría:Cronoloxías|Oriente Medio]]