Conservación e restauración: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lameiro (conversa | contribucións)
fotografías
m Bot - borrado de comas antes de etcétera [http://academia.gal/dicionario#searchNoun.do?nounTitle=etc%C3%A9tera]; cambios estética
Liña 4:
 
== Concepto e definición ==
Ao longo da historia esta actividade ten recibido diversos nomes, como restauración, restauro, conservación-restauración ou conservación, e os profesionais teñen levado o nome de curator, restaurador, conservador-restaurador ou conservador. O sinónimo máis exacto é conservación, e existe a tendencia a empregar este último cada vez máis por parte dos conservadores-restauradores en diversos foros e na docencia.
A pesar de ter máis tradición, nas últimas décadas o termo '''restauración''' tiña virado a designar a actividade do [[Cociñeiro|chef]] culinario, producindo unha confusión entre a conservación-restauración e a [[hostalaría]]. Por esta e outras razóns de consenso dentro da comunidade de conservadores-restauradores en todo o mundo, na actualidade emprégase o termo conservación-restauración ou simplemente conservación, considerando a restauración un tipo específico de traballo dentro da mesma.
Liña 13:
==== Tipos ====
Dentro da disciplina de conservación-restauración os profesionais recoñecen a existencia de tres campos de traballo, que reciben os seguintes nomes:
* [[Conservación preventiva]]: é un método indirecto que consiste en controlar as condicións ambientais nas que se insire o [[ben cultural]] de maneira que se evite, na medida do posible, o seu deterioro por un exceso o falta de [[humidade]], o cambios producidos por variacións de [[temperatura]]. A conservación preventiva inclúe tamén os planos de seguridade e a análise dos factores de risco que poden xurdir durante a exposición, o traslado o a manipulación de este tipo de objectos (lume, agua, roubo, etc.).
* [[Conservación activa ou curativa]]: trátase de accións directas sobre o patrimonio cultural co obxectivo de estabilizar o seu estado, isto é, frear os procesos de degradación e retardar os danos que poidan sufrir. Este tipo de conservación está reservado a bens cuxo estado amosa xa signos de fraxilidade ou se están a deteriorar rapidamente. De aí que se trate sempre de intervencións de urxencia.
* Restauración: son accións directas realizadas sobre o patrimonio xa danado co obxectivo de facilitar a súa interpretación, respectando a súa integridade material na medida do posible.
Liña 22:
== Metodoloxía ==
[[Ficheiro:Portico da Gloria 11-42b.JPG|miniatura|300px|Detalle da restauración do Pórtico da Gloria]]
A conservación e restauración de bens culturais é unha disciplina de carácter científico deudora de diversas fontes como a química, as técnicas de documentación, a historia da arte, procedementos e técnicas artísticas, etc. É unha ciencia multidisciplinar que ten como fin último o coñecemento das técnicas e procedementos con que foron realizadas as obras co obxectivo de preservalas para futuras xeracións. Por iso, o profesional debe estar dotado dunha metodoloxía científica que proporcione nova información rigurosa sobre o patrimonio.
 
Polo tanto, a conservación-restauración centra o seu esforzo, nun primeiro momento, na diagnose dos factores e procesos de alteración dos bens culturais. O método consta de:
Liña 28:
# Unha diagnose que serve para avaliar o [[estado de conservación (patrimonio)|estado de conservación]].
# Unha proposta de intervención.
É fundamental a colaboración interdisciplinar coas numerosas ciencias auxiliares. Os factores de alteración, cos axentes que os desencadean, poden ser biolóxicos, químicos, antrópicos, etc. A intervención sobre os bens culturais, tras unha primeira fase de análise, pode dividirse en dous tipos fundamentais: conservación preventiva e conservación activa.
 
== Especialidades, estudos oficiais e institucións ==
Nos centros que imparten estes estudos, así como en numerosas institucións de conservación e museus, é habitual a compartimentación en varios bloques ou especialidades. Esas especialidades dependen do material co que se traballa, do tipo de ben cultural co que se trata ou de ambas cousas: escultura, pintura, arqueoloxía, papel, tecidos, mobiliario, instrumentos musicais... A pesares de que existen importantes institucións internacionais adicadas á conservación e restauración de bens culturais (por exemplo o [https://www.iiconservation.org/ IIC]), pode dicirse que esta é unha disciplina relativamente nova, de maneira que non existe un consenso claro para este tipo de estudos no [[Espazo Europeo de Educación Superior]]. A situación é diversa dependendo do país escollido. O resultado é que en España existen titulacións de estudos superiores impartidos tanto nas universidades como nas escolas superiores, dependentes estas últimas das administracións autonómicas. Ambas titulacións son teoricamente equivalentes, pero iso non é obstáculo para que se teña producido unha importante polémica sobre a atribución do título de [[Grao académico|grao]] <ref> Esta polémica afecta, en realidade, a todas as titulacións de ensinanzas artísticas superiores do estado español. </ref>. Na Galiza o único título oficial é o impartido pola [[Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia]].
 
Liña 36:
A conservación-restauración como todas as disciplinas científicas ten o seu propio [[código deontolóxico]]<ref>[http://ge-iic.com/files/Cartasydocumentos/2002_directrices_%20profesionales_de_ecco_la_profesion_y_su_codigo_etico.pdf A profesión e o seu código ético]
</ref>.
* Respecto aos bens: o que significa que debe terse en consideración o seu contido material, tanto a parte física da obra, como o seu contido inmaterial, isto é, a súa mensaxe histórica, ideolóxica, artística, evocional, etc. Porén, antes de calquera intervención é necesario realizar un exhaustivo estudo do ben en función deses dous parámetros. E, ademais, debe atenderse a posibles reparacións ou modificacións que teña sufrido en épocas anteriores, que poden ou non ser de grande significado histórico.
* Mínima intervención: as accións efectuadas sobre a obra deben limitarse ao mínimo necesario que sexa efectivo para garantir a preservación dos bens e os valores antes citados, en tanto que, cada nova intervención afasta máis a obra da súa orixinalidade. Polo tanto, debe premiar unha conservación preventiva por riba dunha conservación activa ou restauración.
* Reversibilidade: as intervención ou tratamentos realizados sobre las obras, así como os materiais o produtos introducidos nelas deben ser reversibles, é dicir, que podan ser eliminados no futuro sen danar as obras, en caso de necesidade porque as intervencións sobre as obras as modifican e responden aos criterios existentes no momento da súa realización e pode ser necesario realizar novas intervencións o que as antigas non sexan compatibles coas novas. 
Liña 48:
{{Listaref}}
 
=== Véxase tamén ===
* [http://gradoconservacionbbcc.es Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia]
* [http://ge-iic.com/ Grupo español do IIC]
* [http://asociacion-acre.com/ ACRE (Asociación de Conservadores-Restauradores de España)]
* [http://www.arcobens.com/web_arcobens.html ARCOBENS (Asociación de Restauradores e Conservadores de Bens Culturais de Galicia)]
* [http://www.eeaassuniversidad.guidoblogs.org/ Plataforma pola integración das ensinanzas artísticas superiores no sistema universitario]
 
[[Categoría:Conservación e restauración]]