Coloso de Rodas: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot - Trocar {{AP}} por {{Artigo principal}}; cambios estética
m Bot - borrado de comas antes de etcétera [http://academia.gal/dicionario#searchNoun.do?nounTitle=etc%C3%A9tera]
Liña 22:
Os [[enxeñeiro]]s modernos teñen teorizado unha hipótese plausible de como se construíu a estatua, baseada na tecnoloxía daqueles días, que non se fundamentaba nos principios modernos de enxeñaría antisísmica, e nos relatos de Filón e [[Plinio o Vello|Plinio]].
 
O pedestal da base, de polo menos 18 m de diámetro, foi circular ou octogonal. Os pés foron tallados en pedra e cubertos con placas de bronce finas cravadas xuntas e oito barras de ferro forxadas en posición horizontal formaban os nocellos, erguéndose seguindo as liñas das pernas, sendo cada vez máis pequenas. Individualmente, cada placa de bronce fundido era de 60 polgadas cadradas (0,04 metros cadrados), unidas por remaches a través de buracos, formados durante a coada, para formar unha serie de aneis. As placas eran de menos de 25 mm de espesura no xeonllo e 19 milímetros entre os xeonllos e o abdome, mentres que as placas superiores eran de entre 6 e 12 milímetros, excepto cando se requiría unha forza adicional nas articulacións, como nos ombreiros, pescozo, etc. As pernas debían estar enchidas polo menos até os xeonllos con pedras para que fose estable.
 
Unha simulación por computador desta construción indicou que é posible que un sismo causase un fallo en cadea, facendo que a estatua rompese nas articulacións mentres que seguía en pé en lugar de romper despois de caer ao chan, tal como se adoita describir. Así, os brazos serían os primeiros en romper, seguidos polas pernas. Os xeonllos eran menos propensos a crebarse e a supervivencia dos nocellos dependería da calidade da man de obra.