Ciclo combinado: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
EmausBot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 1 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:Q900729
m Bot - borrado de comas antes de etcétera [http://academia.gal/dicionario#searchNoun.do?nounTitle=etc%C3%A9tera]; cambios estética
Liña 1:
[[Ficheiro:Turbina de vapor.jpg|200px||dereita|miniatura|Turbina de vapor dunha central de ciclo combinado.]]
O '''ciclo combinado''' aplicado á obtención de [[enerxía]] baséase na utilización de dous termodinámicos no mesmo sistema. Un destes ciclos utiliza para o seu funcionamento [[vapor]] de auga e polo outro ciclo termodinámico flúe un [[gas]] que é produto da [[combustión]] de [[petróleo]], [[carbón]], [[gas natural]], biomasa, etc.
 
== Funcionamento dunha central de ciclo combinado ==
O ciclo de gas xera [[enerxía eléctrica]] mediante unha [[turbina]] de gas e o ciclo de vapor consegue obter enerxía eléctrica mediante habitualmente varias turbinas de vapor. Estas centrais empregan os gases de escape a alta [[temperatura]] da turbina de gas para achegar [[calor]] á caldeira ou xerador de vapor de recuperación. Estas centrais eléctricas de última xeración son menos [[Contaminación|contaminantes]] e máis eficientes na obtención de enerxía, polo que son así mesmo máis rendíbeis. A diferenza de eficacia entre unha central térmica convencional e unha de ciclo combinado é moi significativa, xa que unha [[central térmica]] convencional ten un rendemento habitualmente inferior ao 33% entrementres que unha central térmica de ciclo combinado pode acadar o 55%. Os [[rendemento]]s da turbina de gas con este sistema están próximo ao 60%.
 
== Futuro desta enerxía ==
A meirande diferencia no niveis de eficacia desta enerxía en comparanza cos da centrais de enerxía dun só ciclo está xerando que nos últimos anos se comezase a crear un elevado número destas centrais ou que se remodelasen as centrais xa existentes para transformalas en centrais con ciclo combinado.
Ademais, estas centrais permiten a utilización de gas para a combustión, que non contén [[xofre]], xera menos [[dióxido de carbono]] e proporciona a mesma cantidade enerxética ca cos demais combustíbeis.