Chicago: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot - formateo de números según Wikipedia:libro de estilo; cambios estética
m Bot - borrado de comas antes de etcétera [http://academia.gal/dicionario#searchNoun.do?nounTitle=etc%C3%A9tera]
Liña 77:
A feira inaugurouse o 27 de maio de [[1933]] coa cerimonia de prender as luces cos raios da estrela [[Arcturus]]. Os raios concentráronse en células fotoeléctricas nunha serie de observatorios astronómicos e logo transformáronse en enerxía eléctrica que se transmitiu a Chicago. A diferenza de calquera outra feira anterior, ‘A Century of Progress' celebrou a cor e a iluminación. A arquitectura da feira viuse influída pola Gran Depresión da época. Máis que centrarse na arquitectura, a feira centrouse no progreso científico e tecnolóxico e nos procesos de fabricación relacionados con iso. Foi un éxito sen precedentes e acolleu a máis de 48 millóns de visitantes nos dous anos que durou. Ofreceu un perspectiva animadora dun futuro materializado pola tecnoloxía mentres honraba os logros do pasado.
 
Hoxe día, Chicago é unha cidade dinámica e culturalmente diversa. É un centro internacional para os negocios e as viaxes de lecer, debido en parte á accesibilidade da cidade mediante o transporte, unha próspera comunidade de negocios e hoteis, restaurantes, lugares de compras, etc.
 
Tamén é sonada a época dos gansterns e nela viviu o famoso mafioso Al Capone que gobernaba no sector oriental de Chicago e os disturbios de finais do XX.