Cheminea: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
m Bot - borrado de comas antes de etcétera [http://academia.gal/dicionario#searchNoun.do?nounTitle=etc%C3%A9tera]; cambios estética
Liña 2:
[[Ficheiro:Central termica endesa 01.JPG|miniatura|dereita|200px|Cheminea industrial da central térmica das Pontes (A Coruña)]]
 
Unha '''cheminea''' ou '''fumeira''' é un sistema usado para ventilar gases quentes e fume de [[caldeira]]s, [[quentador]]es, [[estufa]]s, [[forno]]s, [[fogón|fogóns]]s ou [[lareira]]s á atmosfera. Atópanse en vivendas, [[locomotora]]s, factorías, barcos, etc. A altura do conduto xoga un papel especial para faciliar a saída dos fumes.
 
== Etimoloxía ==
O termo [[Lingua galega|galego]] máis común é cheminea, pero tamén atopamos: ''chaminea'' ou ''chaminé''.
É un [[galicismo]]: do [[Lingua francesa|francés]] ''cheminée'' (do [[latín]]: ''caminus'' = camiño).
 
== Características ==
Adoitan ser completamente verticais para asegurar que os gases quentes poidan fluír sen problemas, movéndoos por [[convección]]. Tamén existen as chemineas que non son completamente verticais, que se instalan en cociñas ou pequenas salas de caldeiras para evacuar os fumes a través de orificios efectuados nos [[paramento]]s. As cheminenas así construídas deben dispor de mallas de protección para evitar que o paxaros aniñen no seu interior, así mesmo débeselles dar unha inclinación diferente a 0º para facilitar a saída de fumes. O espazo dentro dunha cheminea denomínase "conduto de fume". As chemineas poden atoparse en edificios, locomotoras ou en navíos. Á corrente de aire que orixina o lume e que fai que o fume ascenda pola cheminea denomínase tiro.
 
== A cheminea na construción galega ==
O termo cheminea refírese só ao conduto polo que sae o [[fume]], a [[feluxe]] e os gases da [[lareira]].
Na construción tradicional galega a cheminea só aparece nas casas grandes, [[Castelo (fortificación)|castelocastelos]]s e [[pazo]]s. Normalmente contaban cunha [[lareira]] de gran tamaño, que esixía unha saída ampla de fumes. Para iso construíanse cambotas de madeira e/ou pedra con chemineas que ás veces chegan a ter dous metros de ancho. Algunhas, contan cun curioso sistema de evacuación das augas da chuvia. O conduto adoita ser de pedra ([[granito]] e/ou [[xisto]]), moitas das veces rematado con enfeites. Tamén existen chemineas de madeira.
 
As vivendas máis humildes, aínda que con [[lareira]], carecían de [[cambota]] e cheminea, saíndo o [[fume]] directamente pola [[cuberta]] de [[colmo]], [[Tella (construción)|tella]] ou [[lousa]]. A partir dos anos 40, a cheminea comeza a aparecer en todas as vivendas.
 
== Cheminea na natureza ==
O termo cheminea tamén pode aplicarse a aspectos da natureza, particularmente en [[formación rochosa|formacións rochosas]].
 
Nun [[volcán]] unha cheminea é o conduto que comunica o reservorio de magma ou cámara magmática en profundidade coa superficie.
 
== Desenvolvemento dunha cheminea ==
<math>Q = C\; A\; \sqrt {2\;g\;H\;\frac{T_i - T_e}{T_i}}</math>
 
* Q = caudal volumétrico de fume na cheminea, m³/s
* A = sección-cruzada da área da cheminea, m²
* C = coeficiente de descarga (~ 0.65 a 0.70)
* g = 9.81 m/s²
* H = altura da cheminea, m
* Ti = media da temperatura interna, K
* Te = temperatura externa ambiente, K
 
== Véxase tamén ==
 
=== Outros artigos ===
* [[Emisións]]
* [[Fume]]
* [[Lareira]]
 
=== Ligazóns externas ===
{{Commons|Chimney|Cheminea}}