Cetáceos: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
m Bot - borrado de comas antes de etcétera [http://academia.gal/dicionario#searchNoun.do?nounTitle=etc%C3%A9tera]
Liña 23:
}}
 
Os '''cetáceos''' (''Cetacea'') son unha [[orde (bioloxía)|orde]] de [[mamíferos]] adaptados á vida acuática que comprende 79 [[especie (bioloxía)|especies]] <ref>Incluíndo un zífido non identificado do que só se atoparon uns restos varados. </ref> distribuídas por todo o mundo: [[balea]]s, [[cachalote]]s, [[candorca]]s, [[golfiño]]s, [[arroaz|arroaces]], [[toniña]]s, etc. Case todas as especies son animais mariños, aínda que existen especies de golfiños que viven nas augas doces.
O nome destes animais procede do [[latín]] ''cetus'' (grande animal mariño), e este do [[lingua grega|grego antigo]] κήτος ''kétos'' (monstro mariño).
Liña 40:
O rabo transformouse nunha aleta caudal que, a diferenza dos [[peixe]]s, é horizontal. Esta aleta caudal é o mecanismo que utilizan para propulsarse e desprazarse. Presentan tamén unha aleta dorsal, sen base ósea, que pode ser moi destacada (como na candorca) ou inexistente (como na balea vasca ou na beluga).
 
O problema da respiración pulmonar nun medio acuático resolvérono mediante a transformación do cranio, alongado en horizontal, e a migración dos orificios nasais (narinas ou aventadores) á cara superior da cabeza. Os misticetos (baleas e rorcuais) posúen dous orificios nasais mentres que os odontocetos (golfiños, cachalote, etc.) só presentan un. Outras transformacións fisiolóxicas permítenlles espazar extraordinariamente os movementos respiratorios e permanecer períodos prolongados de tempo baixo a auga (o cachalote, por exemplo, pode permanecer baixo a auga ata dúas horas sen necesitar saír á superficie para respirar).
 
Carecen de aparato auditivo externo e só teñen uns pequenos orificios detrás dos ollos e, ademais, en moitas especies estes condutos están obstruídos. Aínda así posúen un sentido do oído moi desenvolvido e son quen de determina-la orixe dos sons baixo o mar grazas ó seu sistema de [[ecolocalización]]. Tamén poden comunicarse entre si mediante un amplo repertorio de sons, que varían, segundo a especie e a familia, entre breves chasquidos a cancións prolongadas.
 
== Evolución ==
A orixe dos cetáceos hai que buscala en mamíferos terrestres ''normais'' de hábitos anfibios, probablemente durante o [[Eoceno]], hai entre 55 e 34 millóns de anos. Concretamente, evolucionaron a partir de mamíferos da orde dos [[artiodáctilo]]s (mamíferos provistos de dedos articulados), hoxe representados polas [[vaca]]s, [[cabalo]]s, [[porco]]s, [[hipopótamo]]s, etc.
 
Os [[fósil]]es máis antigos de animais con características propias dos cetáceos pertencen ós [[arquocetos]] (''Archaeoceti''). Descubríronse exemplares de diferentes tipos, entre os 2 e os 21 m de lonxitude, con corpo fusiforme, aletas anteriores con forma de remo, presenza de aleta dorsal e un pedúnculo caudal longo. Habitaban zonas pantanosas costeiras e mares pouco profundos. Extinguíronse hai uns 30 millóns de anos.