Celulosa: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
m Bot - borrado de comas antes de etcétera [http://academia.gal/dicionario#searchNoun.do?nounTitle=etc%C3%A9tera]; cambios estética
Liña 50:
 
 
== Estrutura da celulosa ==
A celulosa forma cadeas lineais, formadas por monómeros de β-glicosa mediante enlaces [[enlace O-glicosídico|β-1,4-O-glicosídico]], que se unen unhas ás outras mediante [[Ponte de hidróxeno|pontes de hidróxeno]]. A unión de moitas cadeas forma feixes cilíndricos chamados microfibriñas de celulosa. As microfibriñas son moi resistentes, polo que teñen unha función estrutural, e estas atópanse na [[parede celular]] dos vexetais.
 
== Funcións da celulosa ==
A celulosa é un compoñente estrutural nas plantas, xa que é unha molécula moi resistente. Tamén hai [[Animal|animais]], como algúns microrganismos ([[Fungo (bioloxía)|fungofungos]]s ou [[bacteria]]s) ou [[ruminante]]s que teñen no seu organismo a [[enzima]] [[celulasa]] que é capaz de romper os enlaces da β-glicosa, e a celulosa sérvelles coma fonte de enerxía. Pero a celulosa non pode ser empregada polos [[Ser humano|seres humanos]], xa que non temos as enzimas axeitadas para poder romper os enlaces que presenta. Aínda así é imprescindible tomar algunha cantidade de celulosa xa que axuda no proceso do tránsito intestinal e como fonte de enerxía para as bacterias intestinais.
 
== Aplicacións da celulosa ==
A celulosa obtense da [[madeira]], [[algodón]], [[liño]], [[palla]], etc. Úsase para a fabricación de [[papel]] e variantes do papel, así como tamén para a fabricación dalgunhas substancias químicas como por exemplo [[explosivo]]s).
 
== Celulosa en animais ==
Aínda que a celulosa é típica dos vexetais, hai excepcións entre os animais que poden producir celulosa, como é o caso dos [[tunicados]] mariños (por exemplo [[ascidiáceos|ascidias]]), que teñen unha túnica formada por celulosa, que nestes animais foi denominada historicamente '''tunicina'''.<ref>Endean, R (1961). [http://jcs.biologists.org/content/s3-102/57/107.full.pdf "The Test of the Ascidian, Phallusia mammillata"]. Quarterly Journal of Microscopical Science 102 (1): 107–117.</ref>
 
== Notas ==
{{Listaref}}
 
== Véxase tamén ==
=== Outros artigos ===
* [[Papel]]
* [[Cáñamo]]