Diferenzas entre revisións de «Celoma»

m
Bot - borrado de comas antes de etcétera [http://academia.gal/dicionario#searchNoun.do?nounTitle=etc%C3%A9tera]; cambios estética
m (Bot - borrado de comas antes de etcétera [http://academia.gal/dicionario#searchNoun.do?nounTitle=etc%C3%A9tera]; cambios estética)
Esta cavidade desenvolveuse inicialmente nos animais triblásticos, e dicir, con [[ectoderma]], [[endoderma]] e [[mesoderma]], e dise que é ''xeral'' porque non comunica co medio exterior, o cal non é estritamente certo, sobre todo no caso da [[enterocelia]]. Tamén se di que é ''secundaria'' porque, como tal cavidade xeral, é a segunda en aparecer, tralo [[blastocele]], ao longo do [[desenvolvemento embrionario]].
 
== Características e funcionaliade ==
Entre as súas utilidades, nos diferentes grupos taxonómicos, están as seguintes:
* Ten capacidade para absorber golpes
* Nos [[mamífero]]s o celoma forma as cavidades peritoneal, pleural e pericárdica.
* O líquido celómico actúa como un sistema de transporte entre a parede do corpo e a do tubo dixestivo, facilitando a distribución dos [[nutriente]]s, [[metabolito]]s e gases respiratorios e poidendo almacenar temporalmente os produtos de desfeita para ser [[excreción|excretados]] posteriormente.
* Ao mellorar o transporte das substancias polo corpo se produce unha maior eficacia fisiolóxica do corpo co que pode aumentar tamaño do animal, coas implicacións evolutivas que isto supón: mellor [[homeostase]] e independencia do ambiente, diversificación das fontes dispoñibles de [[alimento]], etc.
* A cavidade chea de líquido dálle independencia aos [[órgano]]s, favorecendo procesos fisiolóxicos tan básicos como o latexo independente do corazón ou a produción, en organismos [[verme|vermiformes]], de ondas peristálticas inversas na parede do corpo e do tubo dixestivo, que conta nos celomados cunha [[Músculo|musculatura]] propia.
* Ao existir un espazo común que recollle e fai circular os produtos do metabolismo, as estruturas repetidas, que nos [[acelomado]]s eran abastecidas por difusión, poden agora concentrarse nun ou dous órganos máis eficaces e complexos.
 
== Formación ==
Nos [[embrión|embrións]]s dos animais '''[[deuteróstomo]]s''' ([[equinodermo]]s, [[cordado]]s) o mesoderma e o celoma orixínase por [[enterocelia]], fenómeno que consiste na proliferación de [[célula]]s do [[arquénteron]] (cavidade dixestiva embrionaria) cara o [[blastocele]] para formar o mesoderma e o seu posterior oco para formar el celoma. Por iso, estes animais denominanse '''[[enterocelomado]]s'''.
 
Nos [[embrión|embrións]]s dos animais '''[[protóstomo]]s''' ([[anélidos]], [[moluscos]], [[artrópodos]]) o mesoderma e o celoma orixínanse por [[esquizocelia]]; células situadas no punto de unión do [[endoderma]] e o [[ectoderma]] proliferan e emigran cara o blastocele e forman o mesoderma, a partir do cal fórmase o celoma. Estes animais reciben o nome de '''[[esquizocelomado]]s'''.
 
== Clasificación de los animais segundo a presenza/ausencia de celoma ==
Non todos os animais [[triblásticos]] (é dicir, con mesoderma) desenvolven un celoma. Existen 3 posibilidades:
 
* '''Acelomados''': un animal [[triblástico]] no cal non se forma o celoma, recibe o nome de animal [[acelomados|acelomado]]; aínda que ten mesoderma, este é macizo. Exemplos deste tipo de animais son os [[Nemertino]]s, [[Gnathostomulida|GnatostomúlidoGnatostomúlidos]]s ou [[Platihelminto]]s.
 
* '''Pseudocelomados''': existen animais triblásticos cunha cavidade corporal semellante ao celoma en cuanto a función, pero moi diferente [[embrioloxía|embrioloxicamente]] xa que non é de orixe mesodérmico; dita cavidade chámase [[pseudoceloma]] ou [[blastoceloma]] e os animais que a posúen denomínanse [[pseudocelomado]]s ou [[blastocelomado]]s; esta cavidade adoita ser un [[blastocele]] embrionario persistente e, a diferenza do auténtico celoma, non está limitado polo peritoneo (epitelio mesodérmico) e os órganos internos están libres dentro do pseudoceloma. Exemplos dos psudocelomados son os [[Rotiferos]], [[Gastrotricos]], [[Entoproctos]], [[Quinorrincos]], [[Priapúlidos]], [[Nematodos]], [[Nematomorfos]], [[Acantocéfalos]] e [[Loriciferos]].
 
* '''Celomados''': os [[Celomado]]s son os animais cun verdadeiro celoma. Tamén se lles chama [[eucelomado]]s ("auténticos celomados") para sinalar o feito de que teñen un celoma verdadeiro e non un pseudoceloma ("falso celoma"). O celoma aparece sempre no embrión e algúns grupos o conservan en estado adulto (tipicamente os [[Anélidos]], [[Sipuncúlidos]], etc.), pero noutros [[phylum|filos]] redúcese moito, e o adulto carece practicamente do mesmo ([[Vertebrados]], [[Artrópodos]], etc.).
 
Ata hai pouco tempo, os [[Zooloxía|zoólogos]] agrupaban os animais segundo as características do celoma. A presenza ou ausencia de celoma e a forma en que se orixinou críase que era importante na comprensión das relacións filoxenéticas dos filos animais. Non obstante, recentes probas en [[filoxenia molecular]] suxiren que estas características non son tan informativas como se pensou anteriormente xa que se cre que o celoma puido ter xurdido dúas veces, unha en protóstomos e outra vez entre os deuteróstomos<ref>Xiao S., Laflamme M.(2008) ''On the eve of animal radiation: phylogeny, ecology and evolution of the Ediacara biota'' na revista Trends in Ecology & Evolution 10.1016</ref>.
 
Nos adultos, o celoma persiste de forma moi variable. O celoma pódese conservar nas cavidades dos [[metámero|segmentos]] corporais, actuando entón de esqueleto hidrostático, na luz das [[gónada]]s e de [[gonoduto]]s (e entón recibe o nome de [[gonocele]]), na luz dos órganos excretores, como os [[nefridio]]s ([[nefrocele]]), nas cavidades [[pericardio|pericárdicas]], así como na luz de determinados [[aparato circulatorio|sistemas circulatorios]].
A existencia do celoma fixo posible un gran avance na [[evolución]] e a diversificación dos grandes grupos animais: [[anélidos]], [[artrópodos]], [[vertebrados]] e [[moluscos]], grazas a que a compartimentación corporal axudou a que os diferentes sistemas e órganos do corpo tiveran unha mellor división de tarefas, coa súa conseguinte especialización.
 
== Notas ==
<references/>
 
== Véxase tamén ==
=== Outros artigos ===
* [[Acelomados]]
* [[Pseudocelomados]]
 
=== Ligazóns externas ===
 
* [http://www.gwu.edu/~darwin/BiSc151/Coelom/Coelom.html Evolución dos animais celomados] {{en}}
* [http://www.answers.com/topic/body-cavity Awnsers.com, diferentes respostas fronte ao concepto de celoma] {{en}}
 
[[Categoría:Embrioloxía]]
393.002

edicións