Cason: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Ligo ó lugar
m Bot - borrado de comas antes de etcétera [http://academia.gal/dicionario#searchNoun.do?nounTitle=etc%C3%A9tera]; cambios estética
Liña 1:
O '''''Cason''''' foi un [[cargueiro]] [[Panamá|panameño]] que o [[5 de decembro]] de [[1987]], mentres navegaba fronte as costas galegas, sufriu un accidente por mor dun [[temporal (clima)|temporal]] que fixo que a carga se correse e provocase un incendio. O barco terminou varando nas costas de [[Fisterra]], na [[Castromiñán|punta do Castelo]] da [[praia do Rostro]], e morreron 23 dos 31 tripulantes do navío, todos de nacionalidade [[China|chinesa]].
 
== Características ==
O barco fora botado en [[1969]]. Tiña unhas dimensións de 137 metros de [[eslora]] e 21 metros de [[manga (náutica)|manga]]. Navegaba desde [[Rotterdam]] ó porto chinés de [[Shangai]] transportando unha carga de 1.100 toneladas de produtos [[química|químicos]], distribuídos en 5.000 bidóns, sacos e contedores, clasificados como inflamables ([[xileno]], [[butanol]], butil de acrilato, ciclohexanona, [[sodio]]), tóxicos ([[anilina|aceite de anilina]], difenilmetano, ortocresol, dibutilfalato, [[formaldehido]]) e corrosivos (ácido fosfórico, anhídrido alifático), que se embarcaran nos portos de [[Hamburgo]] e [[Antuerpen]] e a propia Rotterdam.
 
== O accidente ==
A solicitude de socorro foi lanzado ás 7:45 horas da mañá e atendida pola Axudantía de Mariña de [[Corcubión]]. Ás 10:30 chegaron xunto ó barco os servizos de salvamento, cando xa estaba a unhas cinco millas da costa, e observaron unha columna de fume que xurdía dunha das súas adegas. Os mariñeiros saltaran á auga e comezaron a recollerse os primeiros oito cadáveres.
 
Liña 25:
Inmediatamente, o medo ante as explosións e a densa nube que se levantaba do barco apoderouse da maioría dos veciños e moitos deles abandonaron a zona cara o interior. As informacións confusas que daban as autoridades nacionais, autonómicas e locais e os medios contribuíron a crear unha situación que se deu en chamar de "histeria colectiva".
{{cita|"''A incerteza sementada polas autoridades, o encubrimento e o total descoñecemento da carga do buque provocaron unha histeria colectiva nos lugares próximos ó encallamento''"|''Gran Enciclopedia Galega'' s. v. ''marea''.}}
Por fin, na noite do día 10, o Goberno central, de [[Felipe González]], e mais o galego, presidido por [[Fernando González Laxe]], que acababa de tomar posesión había poucas semanas, decidiron evacuar a poboación de Fisterra, [[Cee]] e [[Corcubión]] (unhas 15.000 persoas) cara á [[A Coruña|Coruña]], [[Santiago de Compostela]], etc. <ref>Case 12.000 persoas abandonaron as súas casas. A modo de exemplo, o número de veciños acollidos en centros oficiais foi de 2.253 en Santiago, 2.000 en Noia e 1.688 na Coruña.</ref>. [[Domingo García-Sabell]], entón delegado do Goberno en Galicia, afirmou que non se sabía a toxicidade das emisións que saen do barco pero que a posibilidade de que sexa tóxico aconsellaba tomar esa medida, e anunciou o envío de 300 autobuses (cifra que prometeu aumentar a 700 se fixeran falta). En calquera caso, os veciños de Fisterra, Corcubión, Cee, Muxía, Camariñas, etc. comezaron a abandonar as súas casas polos seus propios medios cara distintas poboacións do interior, nunha fuxida masiva durante unha noite caótica que provocou numerosos problemas de circulación; mesmo houbo quen escapou nos barcos pesqueiros. Só tres horas despois de comunicar a necesidade de evacuar a zona, o Goberno anulouna explicando que novas análises demostraran que non existía ningún perigo para as persoas: os niveis de contaminación non eran tóxicos, asegurou. Como era esperable, a coexistencia destas mensaxes contraditorias por parte das autoridades non fixo senón incrementar a desconfianza.
 
Nos días seguintes foise recuperando a tranquilidade e os veciños foron regresando paulatinamente ás súas casas, aínda que primeiro o fixeron os adultos, deixando os meniños nos distintos puntos de acollida <ref>''El País'', 13.12.1987 [http://elpais.com/diario/1987/12/13/espana/566348410_850215.html].</ref>.
Liña 31:
Anos despois correron os rumores de que aumentaran considerablemente os casos de [[cancro]] entre os habitantes da zona, especialmente o cancro de estómago, pero ningún estudo conseguiu evidenciar nin o incremento desta patoloxía nin que os casos que se deron tivesen relación co ''Cason''.
 
== Retirada dos bidóns recollidos ==
Durante os primeiros días sacáronse do barco 255 bidóns de distintos produtos <ref>Posteriormente, o mar botou máis bidóns ás costas.</ref> que se almacenaron no porto de [[Brens, Cee|Brens]], en Cee, pero o Goberno central decidiu levar a carga lonxe, ante a sensibilización da poboación. O destino inicialmente previsto foi unha base que o Exército tiña en [[Parga, Guitiriz|Parga]], no concello de [[Guitiriz]], unhas antigas instalacións militares nas que a carga tóxica estaría segura.
 
Liña 38:
Ó ser rexeitada a carga en Alúmina-Aluminio, os camións foron descargar ó porto de [[Morás, Xove|Morás]], en Xove, onde se repetiron as protestas e as concentracións de veciños. Finalmente a carga foi embarcada o día 12 no barco ''Galerna'' e trasladada a Antuerpen, onde foi descargada sen que se producise conflito ningún <ref>As sospeitas non desapareceron, e quince anos despois aínda escribía a prensa que "''Son muchas las voces que aún desconfían de la versión oficial e incluso hai quien asegura que los bidones nunca llegaron al puerto de Rotterdam''" (''La Voz de Galicia: ola negra'', px. 69.)</ref>. A citada reportaxe sobre o informe da Comisión parlamentaria concluía dicindo que "''la comisión, con todos sus parlamentarios, que son nuestros representantes democráticos, desconoce hoy día la carga exacta del Cason y duda que la Administración sepa más que ellos''" <ref>''El País'', 1.03.1989.</ref>.
 
=== Conflito laboral en Alúmina-Aluminio ===
Na noite do día 11, o Gobernador Civil de Lugo comunica ó director da empresa que ía recibir unha "''carga reservada''" que sería cargada nun barco á medianoite dese mesmo día. Os camións non chegaron ata as 8:45 horas do día 12 e do barco non se sabía aínda nada, e o director da planta, cando comprobou que o que transportaban os camións se trataba da carga do ''Casón'' prohíbe a súa entrada nas instalacións, e quedan aparcados a uns 600 metros da entrada, cerca do porto de Morás.
 
Na factoría reprodúcense os enfrontamentos e o Comité de Empresa acorda rexeitar a entrada dos camións, para o que coloca maquinaria pesada obstruíndo os accesos, á vez que ameaza con impedir que o Goberno Civil use o porto con este fin e co abandono das instalacións polos traballadores <ref>O Comité baseaba esta medida no artigo 19.5 do [[Estatuto dos Traballadores]]: "'' Los órganos internos de la empresa competentes en materia de seguridad y, en su defecto, los representantes legales de los trabajadores en el centro de trabajo, que aprecien una probabilidad seria y grave de accidente por la inobservancia de la legislación aplicable en la materia, requerirán al empresario por escrito para que adopte las medidas oportunas que hagan desaparecer el estado de riesgo; si la petición no fuese atendida en un plazo de cuatro días, se dirigirán a la autoridad competente; ésta, si apreciase las circunstancias alegadas, mediante resolución fundada, requerirá al empresario para que adopte las medidas de seguridad apropiadas o que suspenda sus actividades en la zona o local de trabajo o con el material en peligro. También podrá ordenar, con los informes técnicos precisos, la paralización inmediata del trabajo si se estima un riesgo grave de accidente. Si el riesgo de accidente fuera inminente, la paralización de las actividades podrá ser acordada por decisión de los órganos competentes de la empresa en materia de seguridad o por el setenta y cinco por 100 de los representantes de los trabajadores en empresas con procesos discontinuos y de la totalidad de los mismos en aquéllas cuyo proceso sea continuo; tal acuerdo será comunicado de inmediato a la empresa y a la autoridad laboral, la cual, en veinticuatro horas, anulará o ratificará la paralización acordada''" (Real Decreto Lexislativo 1/1995, de 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos Traballadores, BOE nº 75, de 29.03.1995 [http://www.boe.es/buscar/act.php?id=BOE-A-1995-7730].</ref> Os intentos da dirección, de membros de [[Protección Civil]] e do mesmo Gobernador Civil en persoa, desplazado ante o Comité, de obxectivizar o risco (os produtos transportados nos bidóns non representaban perigo ningún) foron infrutuosos, así como as propostas ó gobernador de efectuar a carga no porto de Morás ou noutros portos próximos (ó que opoñen terminantemente as autoridades locais correspondentes).
 
Finalmente, na mañá do día 13 parece chegarse ó acordo de facer a carga en Morás, sen entrar na factoría nin usar o porto da empresa, sen necesitar que ningún dos operarios da empresa tivesen que intervir na operación da carga no barco. Non obstante, na mañá do día 14, cando os camións se poñen en marcha, os traballadores abandonan a fábrica sen cubrir os servizos mínimos. Os mandos da planta intentan manter as cubas en funcionamento.
Liña 53:
En [[2008]], o [[Parlamento de Galicia]] aprobou por unanimidade unha iniciativa proposta polo BNG un recoñecemento explícito do labor sindical dos 23 despedidos <ref>"Recoñecemento para os traballadores de Alúmina-Aluminio despedidos polo conflito do 'Casón'", en ''Galiciae.com'', 12.03.2008 [http://www.galiciae.com/nova/8108.html].</ref>.
 
== Final do ''Cason'' ==
O barco foi parcialmente despezado no lugar onde varou, aínda que boa parte da súa estrutura permanece aínda baixo as augas da praia do Rostro. Unha [[áncora]] do ''Cason'' foi colocada no peirao de Fisterra.
 
== Notas ==
{{listaref|1}}
 
== Véxase tamén ==
=== Outros artigos ===
* [[Aegean Sea]]
* [[Polycommander]]
* [[Prestige]]
 
=== Bibliografía ===
* [http://hemeroteca.lavanguardia.com/preview/1987/12/06/pagina-41/33004935/pdf.html "El incendio de un mercante en aguas de Finisterre provoca 23 muertos", en ''La Vanguardia'', 6.12.1987] {{es}}
* [http://elpais.com/diario/1987/12/13/espana/566348410_850215.html "Desaparece el diario de navegación del buque 'Cason'", en ''El País'', 13.12.1987]
Liña 75:
* ''Gran Enciclopedia Galega'', s. v. ''marea''.
 
=== Ligazóns externas ===
* [http://www.lavozdegalicia.es/album/galicia/2012/12/05/25-aniversario-accidente-cason/01101354705931409965719.htm Álbum fotográfico sobre o ''25º Aniversario del accidente del Casón''] (''La Voz de Galicia'', 6.12.2012).
* [http://www.cedre.fr/es/accidentes/cason/cason.php Informe do CEDRE (Centre de Documentation, de Recherche et d'Expérimentations sur les Pollutions Accidentelles des Eaux)] {{fr}}
* [http://www.crtvg.es/crtvg/arquivo/a-catastrofe-do-cason-en-directo ''A catástrofe do Casón en directo''], [[TVG]].
* Cason 1987, unha reportaxe emitida por TVG no programa ''A caixa negra'' [http://www.youtube.com/watch?v=62j8mtj3DCQ Parte 1], [http://www.youtube.com/watch?v=6m-wS_p5wwI&feature=relmfu 2], [http://www.youtube.com/watch?v=lj7GK14aMmc&feature=relmfu 3], [http://www.youtube.com/watch?v=fqTWaiaf_wQ&feature=relmfu 4] e [http://www.youtube.com/watch?v=UGGDSRGVTFU&feature=relmfu 5]