Branquia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Rotlink (conversa | contribucións)
m fixing dead links
m Bot - borrado de comas antes de etcétera [http://academia.gal/dicionario#searchNoun.do?nounTitle=etc%C3%A9tera]; cambios estética
Liña 2:
As '''branquias''' ou '''galadas''' (termo popular) <ref>Outros nomes galegos populares das branquias son '''galas''', '''galaxas''' e '''guerlas'''.</ref> son os órganos respiratorios de numerosos [[animal|animnis]] acuáticos, mediante os cales extraen o [[oxíxeno molecular|oxíxeno]] (O<sub>2</sub>) disolvido na [[auga]] e transfiren a esta o [[dióxido de carbono]] (CO<sub>2</sub>).
 
Os animais acuáticos dotados de branquias captan o O<sub>2</sub> que se encontra disolvido na auga, o cal pasa aos fluídos internos ([[sangue]], [[linfa]], etc.) e é transportado aos [[tecido (bioloxía)|tecidos]], onde as [[célula]]s requíreno para a [[respiración celular]], proceso que se realiza en [[orgánulo]]s celulares denominados [[mitocondria]]s. Como resultado da respiración celular prodúcese CO<sub>2</sub>, o cal debe ser eliminado para evitar a [[intoxicación]] do medio interno.
 
Os animais máis pequenos e de menor taxa [[metabolismo|metabólica]] realizan o intercambio de gases pola superficie corporal. Pero os máis grandes necesitan unha superficie de intercambio máis extensa, para o que adquiriron no curso da [[evolución]] estruturas especializadas, as branquias. Para favorecer o intercambio, a circulación de fluídos está sempre especialmente organizada nestes órganos, incluso en aqueles animais que carecen dun sistema vascular desenvolvido, como os [[moluscos]].
Liña 12:
As branquias son xeralmente finas placas ou excrecencias de [[tecido (bioloxía)|tecido]] mucoso altamente irrigadas por [[vaso sanguíneo|vasos sanguíneos]], ou o seu equivalente para os animais sen este tipo de [[sistema circulatorio]], a través de cuxas paredes se realizan os intercambios gasosos. As galadas está sempre localizadas no corpo do animal de modo que teñan o máximo contacto coa auga e, ao mesmo tempo, quedar protexidas.<ref>[http://web.archive.org/web/20100821113739/http://www.biotemas.ufsc.br/volumes/pdf/volume221/pdf87a92.pdf Lima, Fernanda Blauth de, Maria del Carmen Braccini, Alcira Ofélia Díaz, Clóvis Pinheiro Junior e Antônio Carlos Galarça Guimarães (2009): "Morfologia das brânquias de Steindachnerina brevipinna (Eigenmann & Eigenmann, 1889) (Characiformes, Curimatidae)" in ''Biotemas'', '''22''' (1): 87-92.] Consultada o 8/10/2012.</ref>
 
Normalmente son órganos externos, a diferenza dos [[pulmón|pulmóns]]s ou as [[traquea]]s dos animais de vida aérea, porque os órganos en forma de cavidade complexa non son apropiados para o movemento intensivo dun líquido como a [[auga]], de [[densidade]] moito maior que a do [[aire]], e polo rozamento implicado. O intercambio eficaz de [[gas]]es exixe un contacto sen barreiras entre as [[célula]]s epidérmicas da branquia e a auga circundante, o mesmo, por outra parte, que nos pulmóns, de forma que incluso en animais dotados de tegumentos reforzados, como a pel escamosa dos [[peixes]], as branquias están sempre polo menos cubertas de tecidos brandos e fráxiles.
 
Anatomicamente as branquias preséntanse en dúas formas. A máis común é a de apéndices ramificados de gran superficie relativa. Así é como se presentan, por exemplo, en [[moluscos]], [[anélido]]s e [[larva]]s acuáticas de [[salamandra]]s e [[tritón (anfibio)|tritóns]], ou nas larvas acuáticas de [[insecto]]s. A outra forma é a que se observa no conxunto heteroxéneo de [[vertebrado]]s acuáticos que se denomina [[peixes]]. Nestes as branquias son estruturas especializadas organizadas entre as fendeduras farínxeas, ou [[arco branquial|fendeduras branquiais]], orificios que comunican lateralmente o tubo dixestivo co exterior. A auga que entra pola boca sae polas fendeduras, oxixenando o sangue que circula por vasos que percorren os tabiques situados entre elas (que son as branquias).
Liña 18:
Nas dúas modalidades anatómicas as branquias poden quedar máis ou menos protexidas dentro dunha cavidade aberta pola que se fai circular a auga. É o caso, por exemplo, dos [[moluscos]] ([[cefalópodos]], [[gasterópodos]], [[bivalvos]] etc.) onde a [[cavidade paleal]] que contén as branquias intercambia auga co ambiente só a través de condutos chamados sifóns. Tamén é o caso dos [[peixes óseos]], onde as branquias quedan protexidas externamente por unha extensión da parede corporal chamada [[Opérculo (peixes)|opérculo]]. Nos [[elasmobranquios]] (raias e [[tiburón]]s), pola contra, as fendeduras branquiais son visíbeis externamente.
 
== As branquias nos peixes ==
 
Nos peixes óseos a auga é bombeada activamente, con movementos rítmicos, desde a cavidade bucofarínxea cara á cavidade situada debaixo do opérculo, pasando para iso entre as branquias. Dos tiburóns tense dito, pero agora sabemos que non é exacto, que se limitan a nadar coa boca aberta, de maneira que a auga flúe constantemente a través das branquias.{{cómpre referencia}}
Liña 27:
Os insectos acuáticos —normalmente as súas larvas— as ''[[traquea (artrópodos)|traqueas branquiais]]'' son tubos por onde circula o aire e a través das súas paredes realízanse os intercambios gasosos. Por exemplo, na larva da ''libélula'' as paredes da extremidade do [[recto]] conteñen numerosas traqueas, que funcionan como ''branquia rectal'', onde a auga é bombeada para dentro e para fora do [[tubo dixestivo]], subministrando así oxixeno ao animal.
 
Nas [[Estrela de mar|estrelas]] e [[ourizo de mar|ourizos de mar]] ([[equinodermo]]s), as branquias son finas protuberancias na superficie do corpo que conteñen divertículos do seu sistema circulatorio. Nos [[crustáceos]], moluscos e algúns insectos, as branquias están formadas por unha serie de placas ou de filamentos, dentro dos que circula a linfa.
 
== Notas ==
Liña 35:
{{commonscat|Gills|branquias}}
 
=== Outros artigos ===
* [[Arco branquial]]