Abrir o menú principal

Cambios

m
Bot - borrado de comas antes de etcétera [http://academia.gal/dicionario#searchNoun.do?nounTitle=etc%C3%A9tera]
{{1000}}
[[Ficheiro: Diversity of plants image version 3.png|miniatura|350px|Variedade de plantas]]
A '''botánica''', (do [[lingua grega|grego]] βοτάνη = herba) ou '''fitoloxía''' (do grego φυτόν = planta e λόγος = tratado), é unha rama da [[bioloxía]] e é a [[ciencia]] que se ocupa do estudo das [[planta]]s. O concepto de [[vexetal]], que estaba claro en tempos de [[Aristóteles]], quedou esvaecido polo avance do coñecemento, chegándose a definir como ''todo aquilo que estuda a botánica''. Na práctica, os botánicos estudan as [[planta]]s, as [[alga]]s e os [[Fungo (bioloxía)|fungos]]. No campo da botánica, hai que distinguir entre a botánica pura, cuxo obxecto é ampliar o coñecemento da [[natureza]]; e a botánica aplicada, cuxas investigacións están ao servizo da tecnoloxía agraria, forestal, farmacéutica, etc.
 
A botánica cobre un amplo abano de contidos, que inclúen aspectos específicos propios dos vexetais; das disciplinas biolóxicas que se ocupan da composición química ([[fitoquímica]]); a organización celular ([[citoloxía vexetal]]) e tisular ([[histoloxía vexetal]]); do [[metabolismo]] e o funcionamento orgánico ([[fisioloxía vexetal]]), do [[crecemento]] e o [[morfoxénese|desenvolvemento]]; da morfoloxía ([[fitografía]]); da [[reprodución]]; da herdanza ([[xenética]] vexetal); das enfermidades ([[fitopatoloxía]]); das adaptacións ao ambiente ([[ecoloxía]]), da distribución xeográfica ([[fitoxeografía]] ou [[xeobotánica]]); dos fósiles ([[paleobotánica]]) e da [[Evolución biolóxica|evolución]].
381.287

edicións